Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2021/25
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Miércoles, 21 de Junio de 2017 10:19

 

ADQUISICIÓN DE BAIXO PARA SERVIZOS MUNICIPAIS

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2022, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 22.316,39€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADQUISICIÓN DE BAIXO PARA SERVIZOS MUNICIPAIS”.

Adquiriuse un baixo de 70 m² no edificio sito a rúa Cuxhaven con esquina rúa San Mauro 14, para a localización dos servizos municipais xunto cos vehículos no mesmo edificio, na planta inferior, planta soto, mellora a súa funcionalidade e reduce os tempos de resposta aos cidadáns.

 
  

COMPRA DE TERREOS EN VILANOVA DE AROUSA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2024, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 62.126,93€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “COMPRA DE TERREOS EN VILANOVA DE AROUSA”.

Os terreos que se adquiriron foi unha parcela, localizadas no lugar de “O Terrón”, cunha superficie total de 2.352,00 m² para o plan proxectado na península de o Terrón e outra en András cunha superficie aproximada de 627,14 m² superficie, situadas no linde leste do camiño municipal que se pretende ampliar na parroquia de András.

 

 
  
 
  

CARGADORES PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

 

A Xunta de Galicia con cargo ao ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa dúas subvención por importe de 5.331,02€ cada unha para a instalación de dous cargadores eléctricos. Colocáronse dous cargadores eléctricos trifásicos de 22 Kw para vehículos, con cadros de protección, cargadores adicionais e liñas de alimentación.


 
  

ADQUISICIÓN DE GARAXES PARA VEHÍCULOS MUNICIPAIS

 
A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2024, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 36.300,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADQUISICIÓN DE GARAXES PARA VEHÍCULOS MUNICIPAIS”.

Localizado no edificio sito a rúa Cuxhaven con esquina rúa San Mauro 14, coa seguinte descrición: Local situado en planta soto primeiro, destinado a prazas de garaxes e rochos, de 218 m².

 
  

SINALIZACIÓN PEDAGÓXICA NO CASCO URBÁN

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2023), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe 12.273,77€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SINALIZACIÓN PEDAGÓXICA NO CASCO URBÁN”.

A sinalización de tráfico no é máis que un “idioma”, un código normativizado, coa finalidade de exixir uns comportamentos adecuados no uso das vías públicas. Sin embargo, é necesario reforzar o proceso comunicativo complementando a sinalización tradicional e positivizándoa con mensaxes complementarios que, dun lado reforcen a obriga normativa e doutro informen das razóns da exixencia de tal comportamento vial e/ou a resposta sancionadora como elemento de reforzo negativo.

 

 
  

MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS NA PARROQUIA DE TREMOEDO

 

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural con cargo ao PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024 (MR701E), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 44.920,00€ a este Concello para o investimento denominado “MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS NA PARROQUIA DE TREMOEDO”.


 
  

COMPRA DE TERREOS EN O TERRÓN

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal (PLAN MÁIS PROVINCIA) 2024, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 30.083,95€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADQUISICIÓN DA ANTIGA SALAZÓN EN CURRÁS”.

Os terreos que se adquiriron é unha edificación dedicada a industria, (antiga salazón), nunha parcela de 60 m² de unha soa Planta, nun terreo circundante de 88 m² para a recuperación da salazón e dar a coñecer as orixes a nosa industria.

 

 
  

SERVIZO DE DIFUSIÓN DE DIFERENTES ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN E MARKETING

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2023 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.089,50€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado “SERVIZO DE DIFUSIÓN DE DIFERENTES ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN E MARKETING”.

O Concello necesitou dun servizo para a difusión de diferentes accións de comunicación e marketing do Concello de Vilanova de Arousa, tales como campañas, insercións publicitarias, anuncios oficiais, accións de promoción e divulgación vinculadas a actos, eventos, stands e feiras entre outras acciones de análogas características, que se consideren convintes ou necesarias, en medios, soportes e formatos de comunicación para informar, difundir, anunciar e promocionar cuestións de interese municipal.

 

 
  

SUBMINISTRACIÓN DE BARREDORA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2023), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe 6.122,60€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRACIÓN DE BARREDORA”.

Subministrouse unha barredora a batería que traballa en solos duros ou alfombra con cepillo principal e lateral regulables. Alta durabilidade e baixo mantemento. Estrutura de aceiro, chasis duradeiro, mango cromado. Panel de control fácil de usar e intuitivo, asegurando fácil funcionamento e alto rendemento. Funcionamento libre de polvo con filtros autolimpante e unha filtración de 99,5% a 5 micrones. Gran depósito que garanta a máxima produtividade e con sistema que permita recoller residuos máis grandes. Nivel sonoro (no oído do operario): 70dBA.

 
  

CONTRATACIÓN DE 10 PERSOAS PARA AS ÁREAS DE OBRAS E SERVIZOS, CULTURA E SERVIZOS XERAIS

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2023), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 172.167,20€ dentro da liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos munipais, para o investimento denominado “EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2023”.

As categorías e número de persoas contratadas foron as seguintes:
1 chofer-tractorista, 1 albanel e 1 limpador/a en xornada de 35 h./sem. durante 12 meses; 4 mantedores/as de edificios, 1 fontaneiro/a e 2 guías de turismo en xornada de 35 h./sem. durante 6 meses.


 
  

REFORMA E ACONDICIONAMENTO DE AULA PARA GARDERÍA

 

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, en relación coa ORDE do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 123.707,00€ para a realización do proxecto denominado “REFORMA E ACONDICIONAMENTO DE AULA PARA GARDERÍA”.

 

Xunta     UE Next Gen   mintranstecyretodemo   planrectransyres   concello

 
  

CONVENIO DE COLABORACIÓN RELATIVO ACTIVIDADES DE INTERÉS XERAL ENTRE SOGAMA S.A E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

 

En data 5 de maio de 2023 asinouse convenio de colaboración entre este Concello de Vilanova de Arousa e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), para a realización do investimento denominado “RECOLLIDA DE PLUVIAIS EN A CERCA – CALEIRO”.

Realizouse unha adecuada rede de drenaxe de augas pluviais, executando unha condución soterrada duns 236 metros de lonxitude, conformada por unha tubaria de formigón en masa de 50 cm de diámetro, restituíndo o pavimento afectado.

icono

 
  

VALORACIÓN ASISTENCIA TÉCNICA EXPROPIACIÓNS: MELLORA DO SISTEMA DE SANEAMENTO NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2021), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 75.513,86€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “VALORACIÓN ASISTENCIA TÉCNICA EXPROPIACIÓNS: MELLORA DO SISTEMA DE SANEAMENTO NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA”.

A actuación que se pretende realizar, consistente na consecución dos terreos para a construción dunha senda peonil, ademais de servir para a recuperación ambiental e paisaxística da zona de actuación, servirá para aumentar a seguridade nos camiños existentes, posto que na actualidade non se garante a integridade das persoas que transitan polo lugar. Os traballos tidos en conta van encamiñados á rehabilitación das zonas degradadas e a dar continuidade na servidume de tránsito na fronte marítimo costeira, o que dará como resultado unha melloría no firme e, por conseguinte, eliminaranse os riscos mencionados.


 
  

SUBVENCIÓNS BIORRESIDUOS 2023/2024

 
CARTEL AXUDASCARTEL AXUDAS 
  

AXUDAS PARA A CONSTRUCIÓN DE PUNTOS LIMPOS 2023/2024

 
CARTEL SUBVENCIÓN 
  

BRIGADA DE INCENDIOS 2023

 

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL DE VILANOVA DE AROUSA PARTICIPARON NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2023 COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020.

                            

 
  

PLAN CONCELLOS - GASTO CORRENTE 2023.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2023 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 72.491,45€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimentos denominados “FESTA DO MOMO 2023”, “SERVIZOS DE DIFUSIÓN DE DIFERENTES ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN E MARKETING” e “SONATAS DE VERÁN 2023”.


 
  

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PARA O  FINANCIAMENTO DOS GASTOS DERIVADOS DA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DE PROXECTOS SUBVENCIONABLES AO ABEIRO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA NO ÁMBITO DO TURISMO SOSTIBLE (COMPOÑENTE 26, INVESTIMENTO 2).

 

A Deputación Provincial mediante acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, concedéulle ao Concello de Vilanova de Arousa, unha subvención por importe de 7.865,00 euros,  “MEJORA DEL COMPLEJO DEPORTIVO DE O TERRÓN PARA LA CREACIÓN DE UNA ESCUELA NÁUTICA Y EL FOMENTO DEL TURISMO DEPORTIVO SOSTENIBLE”, onde os criterios de valoración prantexados garantizan ao 100% o cumprimento do seguimento climático, de conformidade coa Axenda 2030 para o Desenrolo Sostible, o Pacto Verde Europeo e o sistema de marcadores de Río-CADOCDE”.

 
  

SUBMINISTRO DE PUNTOS DE ACCESO WIFI 2023

 
A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2021), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 10.732,10€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE PUNTOS DE ACCESO WIFI 2023”.

Subministráronse 10 Puntos de Acceso (AP’s) wifi de Dobre Banda para seguir estendendo o servizo wifi municipal por todo o termo municipal do Concello de Vilanova de Arousa.

 
  

DISPOSITIVOS TECNOLÓXICOS PARA TELETRABALLO E SOPORTE DE ALMACENAMENTO FÍSICOS

 
A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2022), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 8.731,62€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “DISPOSITIVOS TECNOLÓXICOS PARA TELETRABALLO E SOPORTE DE ALMACENAMENTO FÍSICOS”.

Subministráronse un dispositivo portátil para teletraballo, unidades de almacenamento e hardware auxiliar.

 
  

PROXECTO DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO 2022.

 

A Deputación Provincial concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 5.598,16€, para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas a Concellos da Provincia de Pontevedra, para o investimento denominado “PROXECTO DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO 20212”.

 
  

COMPRA DE TERREOS EN O TERRÓN

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2023), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 48.371,07€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “COMPRA DE TERREOS EN O TERRÓN”.

Os terreos que se adquiriron son dúas parcelas, localizadas no lugar de “O Terrón”, cunha superficie total de 2.100,00 metros cadrados. Así, coa adquisición do inmoble, realizaríase a curto prazo un novo espazo que dará continuidade aos actuais parques e zonas de esparcimento, así como unha creación e mellora de sendas peonís.

 


 
  

EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2023), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 9.755,17€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL”.

O investimento consistiu na compra de contenedores eco de pañais, cambiadores altos, mobles cambiadores, sillas de escritorio, mesa de nenos e nenas de 8 asentos, camas apilables, tumbonas hamacas, cadeiras escolares, mesas, mobles con cubetas, mobles con estantes, armarios con portas e estantes, estantes percheiros, pizarra dixital.

 
  

EQUIPAMENTO DA POLICÍA LOCAL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2023), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 7.672,29€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “EQUIPAMENTO DA POLICÍA LOCAL”.

O investimento consistiu na compra dun ordenador portátil  para axilizar a xestión de infraccións, denuncias e demais rutinas, e contribuír así a eliminar o uso do papel, material de autoprotección consistentes na compra de 10 linternas led e 1 maletín de 6 balizas led e dotación de 4 cámaras corporais para a gravación das actuacións do axente.


 

 
  

CONVENIO DE COLABORACIÓN RELATIVO ACTIVIDADES DE INTERÉS GENERAL ENTRE SOGAMA S.A Y EL AYUNTAMIENTO DE VILANOVA DE AROUSA

 
En data 12 de agosto de 2022 asinouse convenio de colaboración entre este Concello de Vilanova de Arousa e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), para a realización dos investimentos:
 - MELLORA DO FIRME NOS ACCESOS ÓS LUGARES DE ROMARIS E FONTENLA (BAION).
- EXTENSIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NO LUGAR DE FONTENLA (BAION).

- LIMPEZA DE VIAIS E MELLORA DO DRENAXE DOS VIAIS MUNICIPAIS.

icono

 
   

RENOVACIÓN EXPOSITIVA DA CASA-MUSEO DOS IRMÁNS CAMBA

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e O Concello De Vilanova de Arousa asinaron Convenio de Colaboración para Realización do Proxecto de Renovación Expositiva da Casa-Museo dos Irmáns Camba.

Aproveitando as posibilidades deste edificio histórico e senlleiro de Vilanova, propúxose a utilización da planta baixa como recepción e como sala introdutoria ao mundo literario dos irmáns Camba. Así, o primeiro andar funcionaría como ampliación do tema permitindo que quen non puido subir a coñecelo, fique polo menos cunha percepción xeral do tema.

iconos

 
   

BRIGADA DE INCENDIOS 2022

 

A Consellería do Medio Rural e a Entidade Local de Vilanova de Arousa participaron na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2022 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Logotipos

 
   

SERVIZO DE PUBLICIDADE, DESEÑO CREATIVO E GRÁFICO

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2022 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.150,00€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado “SERVIZOS AUDIOVISUAIS E DE COMUNICACIÓN”.

 O Concello necesitou dun servizo de publicidade, deseño creativo e gráfico, para a execución de todas aquelas pezas de carácter gráfico e/ou audiovisual necesarias para as accións de comunicación. Tamén se implementou no apoio á xestión e planificación de programas e iniciativas do área de Cultura, aportando o coñecemento técnico para o correcto funcionamento e montaxe de cada evento.


 
   

CONTRATACIÓN DE 17 PERSOAS PARA AS ÁREAS DE OBRAS E SERVIZOS, CULTURA E SERVIZOS XERAIS

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2022), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 164.752,96€ dentro da liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos munipais, para o investimento denominado “EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2022”.

As categorías e número de persoas contratadas foron as seguintes:
-    7 PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS
-    1 CHOFER – TRACTORISTA
-    2 ALBANEIS.
-    4 CONSERXES.
-    2 GUÍAS DE TURISMO.
-    1 LIMPADOR/A.

 
   

SUBVENCIÓN PROXECTO

 

A Deputación Provincial concedeu a este Concello unha subvención por importe de 6.500,12€ para a actuación denominada “ACONDICIONAMENTO DE BAIXO PARA ARQUIVO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA”, dentro da Modalidade A – proxectos Reacpon.

 
   

SUBMINISTRO DE 6 PUNTOS DE ACCESO PARA A REDE WIFI MUNICIPAL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 6.148,40€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE 6 PUNTOS DE ACCESO PARA A REDE WIFI MUNICIPAL”.

Subministráronse 6 Puntos de Acceso (AP’s) wifi de Dobre Banda para seguir estendendo o servizo wifi municipal por todo o termo municipal do Concello de Vilanova de Arousa.

 
   

PROXECTO DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO 2021.

 

A Deputación Provincial concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 5.564,63€, para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas a Concellos da Provincia de Pontevedra, para o investimento denominado “PROXECTO DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO 2021”.

 
   

ADECUACIÓN TECNOLÓXICA DA ARQUITECTURA HARDWARE DO SISTEMA INFORMÁTICO 2021

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2021), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.050,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADECUACIÓN TECNOLÓXICA DA ARQUITECTURA HARDWARE DO SISTEMA INFORMÁTICO, ANUALIDADE 2021”.

Dotouse ao sistema municipal de diverso equipamento hardware (servidores de aplicaciones, dispositivo de subministro de enerxía e postos de traballo de rede), con destino á plataforma tecnolóxica actualmente implantada no Concello de Vilanova de Arousa, debido á necesidade da adecuación tecnolóxica da arquitectura hardware de sistemas e xustificando a súa actuación na necesidade de migración de sistemas obsoletos (antigüidade superior a 10 anos).


 
   

DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO DE COCIÑA NO LOCAL SOCIAL DA PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE DEIRO

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 9.906,66€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO DE COCIÑA NO LOCAL SOCIAL DA PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE DEIRO”.

Instalouse na Casa de Cultura de San Miguel de Deiro unha cociña para a impartición de actividades formativas de grupos reducidos, máximo 8 persoas, sen prexuízo dos ratios de aforo de aplicación en vigor, que se adoiten por mor da crise sanitaria do COVID-19.

 
   

FESTA DO MOMO VIRTUAL 2021

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2021 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 10.176,10€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado “FESTA DO MOMO VIRTUAL 2021”.

Realizando un documental que constou de 3 vídeos que se emitiu nos medios de Comunicación de tirada comarcal e galega, así como nas redes sociais, reproducións  streaming, etc.

 
   

AMPLIACIÓN DA REDE WIFI MUNICIPAL NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 47.074,23€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “AMPLIACION DA REDE WIFI MUNICIPAL NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA”.

Con esta inversión reforzouse a rede wifi municipal, mediante o tendido de novos tramos de fibra óptica, para o cal, foi necesario interconexionar as instalacións proxectadas coa rede de fibra óptica municipal.


 
   

IMPLEMENTACIÓN DE ANCHO DE BANDA NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 40.333,47€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “IMPLEMENTACIÓN DE ANCHO DE BANDA NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA”.

Con este proxecto sustituíronse equipos existentes por outros de última xeneración e de maior capacidade de gestión e tráfico, nas parroquias de Caleiro, San Miguel de Deiro, Vilanova, Tremoedo e Baión.


 
   

PACES 2021

 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por Resolución do 16 de 2021 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, dentro da convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.

Concedeu a este Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 9.000,00€ para o proxecto denominado “CONFECCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE “PACES” DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA”.

 
   

CONTRATACIÓN DE 11 PERSOAS PARA AS ÁREAS DE OBRAS E SERVIZOS, CULTURA E SERVIZOS XERAIS.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2021), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 164.950,13€ dentro da liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos munipais, para o investimento denominado “EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS”.

As categorías e número de persoas contratadas foron as seguintes:

  • 6 TRABALLADORES DE MANTEMENTO DE EDIFICIOS E EQUIPAMENTOS URBÁNS.
  • 1 ALBANEL.
  • 1 CARPINTEIRO.
  • 1 AUXILIARES DE TURISMO.
  • 1 TÉCNICO EN AUDIVISUAIS.
  • 1 LIMPADORA.
 
   

BRIGADA DE INCENDIOS 2021

 

A Consellería do Medio Rural e a Entidade Local de Vilanova de Arousa Participaron na Prevención e Defensa contra Incendios Forestais Durantre o Ano 2021 Cofinanciado Parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) noMarco do PDR de Galicia 2014-2020.

 
   

SERVIZO DE PUBLICIDADE, DESEÑO CREATIVO E GRÁFICO

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2021 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 12.053,00€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado "SERVIZO DE PUBLICIDADE, DESEÑO CREATIVO E GRÁFICO".

O Concello necesitou dun servizo de publicidade, deseño creativo e gráfico, para a execución de todas aquelas pezas de carácter gráfico e/ou audiovisual necesarias para as accións de comunicación. Tamén se implementou no apoio á xestión e planificación de programas e iniciativas do área de Cultura, aportando o coñecemento técnico para o correcto funcionamento e montaxe de cada evento.


 
   

ACTUACIÓNS MUSICAIS DE VERÁN

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2021 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 6.097,00€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado "ACTUACIÓNS MUSICAIS DE VERÁN 2021".

Durante a época estival celebráronse actuacións musicais que animaron o pobo dentro das condicións establecidas polas normativas Covid, coas actuacións dos grupos Monoulius e Galifunk.

 

 
   

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2021 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.000,00€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado "SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL 2021".

Polo que se realizaron traballos de desbroce, segado e limpeza de vexetación herbácea e arbustiva de marxes dos vieiros municipais por unha lonxitude de 65 km/l. nas zonas que elixiron os responsables municipais.

 
   

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

 
Plan
 
   

ADQUISICIÓN DE PARCELA EN ANDRÁS

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 10.446,55€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADQUISICIÓN DE PARCELA EN ANDRÁS”.

Adquiriuse unha parcela de 430,00m/l no lugar de András para a ampliación do camiño que da acceso aos núcleos de poboacións cercanas.

 
   

AXUDAS COVID A AUTÓNOMOS E PEMES


A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2021 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 30.032,46€ dentro da liña 2 para o investimento denominado “AXUDAS COVID A AUTÓNOMOS E PEMES”.

O Concello de Vilanova de Arousa concedeu a sectores da hostalería e outras pequenas empresas, axudas de conformidade co establecido nas bases aprobadas por Xunta de Goberno Local de data 16 de abril de 2021 e publicadas no BOP de data 26 de abril de 2021 (e publicada a modificación da base segunda o día 6 de maio de 2021).

 
   

SUBMINISTRO DE DUMPER

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2021), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 14.698,48€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE DUMPER”.

Subministráronse un dumper marca Ausa modelo D200RM con teito protector rops/fops, cinturón de seguridade homologado, faro rotativo, e equipo de luces homologado.


 
   

ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA EN ÁREA NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO

 

A Deputación Provincial concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 8.628,83€, para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas a Concellos da Provincia de Pontevedra, para o investimento denominado “ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA EN ÁREA NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO”.

 
   

ADAPTACIÓN DA PLATAFORMA TECNOLÓXICA MUNICIPAL PARA A SÚA INTEGRACIÓN NO SISTEMA SIR-ORVE

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 12.100,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADAPTACIÓN DA PLATAFORMA TECNOLÓXICA MUNICIPAL PARA A SÚA INTEGRACIÓN NO SISTEMA SIR-ORVE”.

Para dar resposta ás necesidades de mellora, eficiencia da Administración Pública e servizo ao cidadán, desenrolouse o Sistema de Interconexión de Registros (S.I.R.), coma a infraestructura básica que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as Administracións Públicas. A través de S.I.R., este intercambio de información realizase de forma segura e con conformidade legal, independientemente da aplicación de rexistro utilizada, sempre que esté certificada na Norma SICRES 3.0.

 
   

ADECUACIÓN TECNOLÓXICA DA ARQUITECTURA HARDWARE DO SISTEMA INFORMÁTICO

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.050,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “ADECUACIÓN TECNOLÓXICA DA ARQUITECTURA HARDWARE DO SISTEMA INFORMÁTICO”.

Dotouse ao sistema municipal dun equipamento actualizado e optimizado, en base á arquitectura de sistemas existente, que permita mellorar os tempos de execución e procesamento da información, a minimización de erros por incidencias da natureza hardware, incremento da seguridade de procesos e comunicacións (global e específica) e unha mellora considerable do nivel de servizo.


 
   

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA NOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2020

 

A Deputación Provincial con cargo as axudas básicas de emerxencia as persoas empadroadas e con residencia efectiva en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 10.200,00€


 
   

SUBMINISTRO E COLOCACIÓN DE RÓTULOS EN DISTINTOS EDIFICIOS DO CONCELLO 2020


A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 15.778,40€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO E COLOCACIÓN DE RÓTULOS EN DISTINTOS EDIFICIOS DO CONCELLO”.

 Instalaronse rótulos na Estación Marítima de Vilanova, a Casa do Maiores, no Auditorio e no Multiusos.


 
   

FONDO EXTRAORDINARIO DE EMERXENCIA 2020

 

A Deputación Provincial con cargo as axudas extraordinarias para a prestación de servizos básicos de emerxencia destinadas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra motivadas pola declaración do estado de alarma a consecuencia da crise sanitaria do COVID-19, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 20.320,00€ para facer fronte as demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación de risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo ou en situación de especial vulnerabilidade.


 
   

PLAN MARCO 2020


En data 3 de xullo de 2020 a Axencia de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 31.990,45€ para o investimento denominado “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DA FONTENLA EN BAIÓN”, esta axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. A súa concesión incide directamente na Área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola).

Pavimentouse un camiño no Lugar de A Fontenla, na parroquia de Baión, en aglomerado quente, cunha lonxitude de 820,00 m/l. aproximadamente.

 FEDER

 
 
   

SUBMINISTRO DE MOBILIARIO URBANO 2020

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 17.879,44€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE MOBILIARIO URBANO 2020”.

 

Subministráronse 10 bancos, 20 papeleiras, 10 cubos de lixo amarelos de 240l, 10 cubos de lixo verdes de 240l, 20 contenedores de 800l para rsu, 20 contenedores de 800l para envases.


   

CONTRATACIÓN DE 10 PERSOAS PARA AS ÁREAS DE OBRAS E SERVIZOS, CULTURA E SERVIZOS XERAIS


A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 165.020,42€ dentro da liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos munipais, para o investimento denominado “EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS”.

As categorías e número de persoas contratadas foron as seguintes:

  • 2 TRABALLADORES DE MANTEMENTO DE EDIFICIOS E EQUIPAMENTOS URBÁNS.
  • 2 TRABALLADORES DE MANTEMENTO DE XARDÍNS.
  • 1 ALBANEL.
  • 1 CARPINTEIRO.
  • 2 AUXILIARES DE TURISMO.
  • 1 TÉCNICO EN AUDIVISUAIS.
  • 1 LIMPADORA.

 
   

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO DE BAR E COCIÑA NO PAZO DE VISTA REAL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 43.121,45€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO DE BAR E COCIÑA NO PAZO DE VISTA REAL”.

Subministrouse o equipamento para desenvolver as especialidades de cociña e servizo de restaurante e cafetería do programa de emprego “MAR DE SANTIAGO”, entre outros subministrouse cociña de 6 fogos, freidoras, campá extractora, mesas de traballo, forno, conxelador, fregadeiro, lavalouzas, etc.

 
   

SUBMINISTRO DE SOFTWARE DE SEGURIDADE

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 16.664,10€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE SOFTWARE DE SEGURIDADE”.

Subministráronse un software para mellorar as actuais necesidades en materia de seguridade, consistente en:

  • Detección personas o vehículos mediante Analítica de Vídeo.
  • Búsqueda de personas y vehículos.
  • Detección de Alarmas en tiempo real.
  • Detección ante Movimientos Inusuales.
  • Seguimiento de contactos.
  • Lectura de Matrículas de Vehículos (LPR)
  • Detección de uso de mascarillas como prevención del Covid-19.
  • Distanciamiento Social entre individuos.
  • Detección Térmica de grado de seguridad.

 
   

SUBMINISTRO DE CÁMARAS DE VIDEOVIXILANCIA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 43.784,79€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “VIDEO VIXILANCIA DO TRÁFICO NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA”.

Este proxecto realizouse co obxectivo de dotar de novas instalacións de seguridade e control do concello de Vilanova, coa implantación de sinal de vídeo vixilancia ás forzas de seguridade locais, orientadas ao control do tráfico.

Instaláronse nove (9) cámaras ip, software para xestión e gravación do sistema de cctv, fibra óptica, armarios, etc; con tódolos complementos para o seu correcto funcionamento.


 
   

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2020 (PLAN CONCELLOS), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.000,00€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado “SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL”.

Polo que se realizaron traballos de desbroce, segado e limpeza de vexetación herbácea e arbustiva de marxes dos vieiros municipais por unha lonxitude de 65 km/l. nas zonas que elixiron os responsables municipais.


 
   

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO EN O TERRÓN

 

A Deputación Provincial concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 14.388,11€ para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO EN O TERRÓN”. O mesmo está formado por potros de asalto, parede vertical con corda, banco de abdominais, valados de salto, puntos de equilibrio, xogos biosaludables, rocódromo, estrutura de ximnasia, etc.

 
   

ADQUISICIÓN DE 3 DESFIBRILADORES.

 

A Deputación Provincial entregou ao Concello de Vilanova de Arousa 3 desfribiladores para a instalación de diferentes edificios municipais, o importe ascendeu a 6.801,57€ onde a Deputación achega o 40,40% e a Deputación de Pontevedra 59,60%, ao abeiro da “CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON POBOACIÓN INFERIOR A 20.000 HABITANTES PARA ADQUISICIÓN DE DESFIBRILADORES DURANTE O EXERCICIO 2019”.

 

 
   

SONDAXES ARQUEOLÓXICAS NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO.


A Deputación Provincial concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 8.396,24€, para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas a Concellos da Provincia de Pontevedra, para o investimento denominado "PROXECTO DE SONDAXES ARQUEOLÓXICAS NO SECTOR SUR DO CASTRO E MOSTEIRO DE CÁLAGO".


 
   

SUBMINISTRO E COLOCACIÓN DE PLATAFORMA DE MADEIRA E TOBOGÁN SINTÉTICO NO XARDÍN UMBRÍO


A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 6.652,10€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO E COLOCACIÓN DE PLATAFORMA DE MADEIRA E TOBOGÁN SINTÉTICO NO XARDÍN UMBRÍO”.

Co obxecto é dotar a este espazo de novos xogos infantís, e para adultos, fomentar as relacións veciñais, e fortalecer hábitos de vida saudables entre a poboación, instalouse unha plataforma coas seguintes características:

- 1 plataforma de dimensións 670x300x150 composta de estrutura de vigas de pino laminado ref. GL 24H de dimensións 15x8cm. Instalada sobre 4 columnas de tronco natural asentadas en bases de formigón e entarimado composto de táboas de madeira de pino vermello deck tratado de dimensións 17,5x3,8mm.

- Varanda de seguridade en todo o perímetro da plataforma de 90cm de altura e escaleira de acceso con pasamáns, todo composto de madeira de pino vermello deck tratado.

- Tratamento protector para tódalas madeiras utilizadas con lasur á auga cor teka Ref. Cedria Decor Lasur.

- Tornillería necesaria de aceiro para a construción e instalación de estruturas de madeira en exteriores Ref. Rothoblaas SCI de 5x80.

- 1 tobogán de pvc para exterior de dimensións 200x150x0,50cm instalado en plataforma.

  

 
   

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO PARA O XIMNASIO DO MULTIUSOS DE VILANOVA DE AROUSA.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 10.765,80€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO PARA O XIMNASIO DO MULTIUSOS DE VILANOVA DE AROUSA ANUALIDADE 2019”.

Subministráronse 1 bicicleta elíptica profesional e 2 cintas de correr, no ximnasio do multiusos, con estas novas adquisición séguese aumentando as máquinas do ximnasio.

 

 
   

SUBMINISTRO DE FIBRA ÓPTICA.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2019), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 10.282,23€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE FIBRA ÓPTICA ANUALIDADE 2019”.

Subministráronse 4.520,06 m. de fibra óptica para exterior, con elementos de tracción de fibra de vidrio reforzadas e código de colores especiais (TIA 598), coa clasificación CPR (euroclase) de reacción ao fogo (fca). Instalándose posteriormente polos alumnos do obradoiro de emprego en diferentes lugares de Vilanova de Arousa.

 

 
   

NOVA INFRAESTRUCTURA PARA O CPD.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 70.000,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “NOVA INFRAESTRUTURA PARA O CPD”.

Co este contrato de subministro este Concello de Vilanova de Arousa adquiriu, 2 unidades de Servidores, 1 cabina de Almacenamento, 1 Cabina NAS, 5 licenzas de sistema operativo; con elo garantízase no casco urbano e nas parroquias unha mellora calidade e acceso a internet.

 

 
   

O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA CONTRATA A 10 TRABALLADORES CON CARGO A UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2018-2019, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 169.305,00€ dentro la liña 3 de emprego, para a contratación de 10 persoas. Este Concello de Vilanova de Arousa asinou contrato coas persoas para as áreas de Obras e Servizos, Cultura e Servizos Xerais. Os contratos que asinaron polo Concello variaron en duración e horas.

As categorías e número de persoas foron as seguintes: 2 TRABALLADORES DE MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, 4 TRABALLADORES DE MANTEMENTO DE EDIFICIOS E EQUIPAMENTO URBÁNS, 1 ALBANEL, 2 CONSERXES E 1 PROGRAMADOR WEB.


 
   

EQUIPAMENTO E MELLORA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.

 

O Concello de Vilanova de Arousa, con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, mellorou a acondicionou a escola infantil municipal, realizando obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención primaria por importe de 19.765,32€ cambiando o pavimento vinílico das aulas. Así mesmo adquiriuse e mellorouse o equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo: por importe de 7.462,01 €.

 

 
   

SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2019 (PLAN CONCELLOS) Liñas 2 e 3, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 18.000,00€ dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado “SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA REDE VIARIA MUNICIPAL”.

Polo que se realizaron traballos de desbroce, segado e limpeza de vexetación herbácea e arbustiva de marxes dos vieiros municipais por unha lonxitude de 65 km/l. nas zonas que elixiron os responsables municipais.


 
   

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO ELECTRÓNICO PARA A REDE WIFI.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017) na reinversión de baixas, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 15.468,62€, para a adquisición de equipamento electrónico da rede wifi municipal.

O Concello de Vilanova de Arousa adquiriu o equipamento electrónico necesario para manter e renovar a Rede Municipal con acceso a internet, para dar maior cabida ós tráficos que demandan os usuarios da rede; con equipamento de maior capacidade de xestión e tráfico e con elo proporcionar unha tecnoloxía de última xeración que poda ser eficiente nos próximos anos.

O equipamento electrónico está formado por:

- 9 Puntos de acceso ORINOCO AP-9100R.

- 14 Módulos de fibra 10KM.     

- 8 Switch 8 puertos gestionables.

 

 
   

SUBMINISTRO DE PISTA MULTIDEPORTE.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 32.307,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE PISTA MULTIDEPORTE”.

A través do Plan Concellos 2018, preténdese instalar unha pista multideporte no parque, a necesidade de executar esta instalación débese a existencia de zonas libres e de esparcimento ubicadas en diversos puntos da poboación que carecen de equipamentos urbáns-deportivos necesarios para o desfrute da poboación desta localidade.

Coa instalación do equipamento urban-deportivo descrito amplíase  abanico de instalacións para o uso e desfrute da poboación, sobre todo neste caso da xente xoven.

A instalación deste equipamento cumprirá con toda a regulamentación vixente en materia de seguridade, ao mesmo tempo de estalos citados produtos homologados para a utilización por parte do sector xuvenil da poboación á que van destinados.

 
   

SUBMINISTRO DE FIBRA  ÓPTICA.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 16.326,12€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE FIBRA ÓPTICA”.

Subministráronse 8,5km. de fibra óptica para exterior, con elementos de tracción de fibra de vidrio reforzadas e código de colores especiais (TIA 598), coa clasificación CPR (euroclase) de reacción ao fogo (fca). Instalándose posteriormente polos alumnos do obradoiro de emprego en diferentes lugares de Vilanova de Arousa.


 
   

PROGRAMA INTEGRAL PARA VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE XENERO E MULLERES VULNERABLES.

 

O Concello de VILANOVA DE AROUSA, formalizou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e xustiza, solicitude para a execución do proxecto "Programa integral para víctimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables". A Secretaría Xeral de Igualdade e o FSE permiten que sexa posible este proxecto de empoderamento e loita contra a violencia de xénero. O programa abre a posibilidade de ter no Concello de VIlanova de Arousa  un espazo de formación e atención a mulleres vulnerables e a mulleres víctimas de violencia de xénero . 


 

 
   

O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA CONTRATA A 16 PERSOAS CON CARGO A UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2018-2019, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 168.379,94€ dentro la liña 3 de emprego, para a contratación de 16 persoas. Este Concello de Vilanova de Arousa asinou contrato coas persoas para as áreas de Obras e Servizos, Cultura e Servizos Xerais. Os contratos que asinaron polo Concello variaron en duración e horas.

As categorías e número de persoas foron as seguintes: 6 PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, 1 XARDIÑEIRO, 2 ALBANEIS, 1 CHOFER, 1 TRACTORISTAS, 1 PALISTA, 1 PROGRAMADOR WEB, 1 AVOGADO, 1 ANIMADOR e 1 AUXILIAR DE TURISMO.


 
   

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 17.545,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL.”.

Instalouse un castelo de madeira de dimensións totais 5400x3300x2200mm. realizados en madeira de pino con tratamento para exterior, con dúas torres con ventás e porta. As medidas das torres son 2000x2000x3300mm. e 1400x1400x3300mm., conectadas mediante pasarela intermedia con pasamáns aos lados, con soleira de formigón de 6100x2100mm., tobogán, columbios e montaxe.

 
   

EQUIPAMENTO E MELLORA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

 

O Concello de Vilanova de Arousa, con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, mellorou e acondicionou a escola infantil municipal, mediante a realización de obras de escasa entidade que tiveron como finalidade a creación dunha nova cobertura da edificación, para mellorar a  eficiencia enerxética da edificación; así como a dotación de dúas pantallas dixitais. O importe total do investimentos ascendeu a 22.876,60€.

 

 
   

EQUIPAMENTO PARA O XIMNASIO DO MULTIUSOS DE VILANOVA DE AROUSA


A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 12.660,00 €, dentro da liña 1 para o investimento denominado "EQUIPAMENTO PARA O XIMNASIO DO MULTIUSOS".

Con motivo da ampliación do edificio dotouse o pavillón multiusos municipal de Vilanova de Arousa dun equipamento deportivo de calidade, precisando de maquinaria e de aparatos de musculación e fitness de cara a mellorar o servizo aos usuarios do mesmo. O concello completou as actuais instalacións con 2 bicicletas verticais, 10 bicicletas estáticas, 2 bancos de musculación e 2 cintas de correr.

 
 
   

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2016), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 11.313,91€, dentro da recuperación de baixas de proxectos adxudicados para o investimento denominado "SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL NO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA".

O obxecto foi dotar 3 espazos de novos xogos infantís, hoxe en día existen novos productos no mercado, que garanten a seguridade dos máis cativos, ó mesmo tempo que desenrolan as súas capacidades físicas e emocionais.

O equipamento que se subministrou dotou ós centros e ó parque da Pantrigueira, das infraestruturas que permiten fomentar actividades deportivas e de mantemento para o alumnado e o público infantil, e con isto, coidar a súa saúde e benestar, e dinamizar a vida social na etapa escolar.

A inversión que se realizou foi destinada ó subministro de diversos xogos infantís, que abranguen os distintos ratios de idade escolar dos respectivos centros de primaria, dende infantil (3 anos) ata 6º de primaria (12 anos).

 
 
   
 

ACTUACIÓN MUSICAL DE VERÁN NA FESTA DO MEXILÓN E BERBERECHO

 

A Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2018-19, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 20.570,00 € dentro da liña 2 (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) para o investimento denominado "ACTUACIÓN MUSICAL DE VERÁN NA FESTA DO MEXILLÓN E BERBERECHO".

Polo que o Concello de Vilanova de Arousa organizou unha actuación musical o venres 10 de agosto de 2018, coa contratación da Orquesta Panorama.

 

 
   
 

SUBMINISTRO DE CADEIRAS PARA EVENTOS

 
 

Con cargo ó Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2018-2019, a Deputación Provincial de Pontevedra concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 14.294,94€  para a adquisición de 440 cadeiras de madeira para substituir as actuais de plástico, para os eventos culturais do Concello de Vilanova de Arousa e complementar as xa adquiridas.

As cadeiras son sólidas e reforzadas de madeira de faia de primeira calidade, plegable que permite o seu almacenamento a gran altura cun máximo aproveitamento de espazo. Cunhas medidas de 41x39x78 e peso de 3,6kg. fabricada de forma sostible, empregando materiais ecolóxicos de alta calidade, co certificado de calidade Aenor nº 14-35-00096 que garantice a procedencia e xestión sostible dos bosques.

 

 
   
 

COMPRA DE TERREO EN O TERRÓN

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PLAN CONCELLOS) 2018-2019, concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 30.000,00€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “COMPRA DE TERREO EN O TERRÓN”.

O Concello de Vilanova de Arousa adquiriu un terreo de 3.828,00 m² por valor de 30.000,00€, dentro dun plan proxectado para a península de O Terrón, e que se configura como unha das propostas de reactivación socioeconómica mais salientables establecidas na planificación estratéxica do Concello de Vilanova de Arousa, consistente na promoción dun área dotacional e de servizos de carácter público municipal ao carón do novo campo de fútbol do Concello na zona de O Terrón.

 

 
   
 

SUBMINISTRO DE LUMINARIAS PARA SENDA PEONIL DE O TERRÓN.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 19.186,01€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE LUMINARIAS PARA SENDA PEONIL DE O TERRÓN”.

O equipamento que se subministrou de puntos de alumeado público, completou a senda peonil na zona de "O Terrón", que recorre toda a enseada de "O Ariño", xa que debido a gran afluencia de xente durante o dúa e tamén pola noite, ésta carecía de iluminaciín que dea seguridad os peóns.

 

 
   
 

SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL-DEPORTIVO

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 4.283,78€ dentro la liña 1 para o investimento denominado “SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL-DEPORTIVO”.

O equipamento que se subministrou completou as dotacións existentes que, no seu conxunto, procuran fomentar actividades deportivas e de mantemento para tódolos públicos, e con elo, coidar a saúde e o benestar dos cativos e dos seus coidadores, fortalecer ese vínculo, as reunións familiares e dinamizar a vida social da vila. Adquirindo 7 xogos biosaludables que se instalaron diferentes parques do Concello.

 

 
   

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 9.922,00€ dentro da liña 1 para o investimento denominado "SUBMINISTRO DE EQUIPAMENTO INFANTIL".

Creouse unha zona de espallamento para os máis pequenos no Xardín Umbrío coa intención de que se converta nun espazo tranquilo no que poder xogar con toda a seguridade para os pais. Adquirindo unha casiña infantil de madeira para exterior de 250x250 cm e altura de 375 cm, con cinco ventás practicables con apertura e peche regulable, cheminea decorativa, dúas literas interiores en alto tipo bufarda con escaleira e varanda de seguridade, porche de 85 cm, porta tipo cortello, incluíndo un encerado e un tobogán exterior.

Unha randeeira dobre mixto, con unha unidade para bebés e outra para nenos. Estrutura de madeira laminada de pino escandinavo tratada en autoclave, clase de risco IV. Dimensións de 415x152 cm e 230 cm de altura. Cordas de rede, multifilamentos trenzada e recuberta de polipropileno. Ancorado ao terreo segundo instruccións do fabricante. Totalmente subministrado e instalado.

Un balancín de troncos, realizado con paneis de madeira de robinia e pezas de plástico de polietileno, propileno e poliamida, e con tornillería de aceiro. Cordas de alma de aceiro, de multifilamento trenzada e recuberta de polipropileno. Dimensión 100x100x30 cm e 75 cm de altura.

 
   
 

SUBMINISTRO DE HIDROLIMPADORA


A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 9.075,00€ dentro da liña 1 para o investimento denominado "SUBMINISTRO DE HIDROLIMPADORA".

O Concello de Vilanova de Arousa ten carencia e insuficiencia de actuacións destinadas á conservación e mantemento das vías e prazas públicas. O proxecto de investimento consistiu na compra dunha hidrolimpadora con destino a limpeza das prazas e vías públicas no Concello de Vilanova de Arousa que prestará servizo no departamento de vías e obras.

Polo que se adquiriu unha hidrolimpadora sobre bastidor con depósito de 400 litros, modelo Limge AFG 240/15 ou similar, con enrolador de mangueira de alta presión con 40 metros e alimentación de 35 metros, con pistola con racor xiratorio e lanza, boquilla rotativa, rompedora e limpadora. Plato rotativo en inox e remolque de aceiro galvanizado.

 
 

O CONCELLO DE VILANOVA CONTRATA A 18 PERSOAS CON CARGO A UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 155.647,25€ dentro da liña 3 de emprego, para a contratación de 18 persoas.

Este Concello de Vilanova de Arousa contrata 18 persoas para as áreas de Obras e Servizos, Cultura e Servizos Xerais. Os contratos que asinaron polo concello variaron en duración e horas.

As categorías e número de persoas foron as seguintes: 9 PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, 2 ALBANEIS, 1 CHOFER, 2 TRACTORISTAS, 1 PALISTA, 1 CONSERXE, 1 AUXILIAR DE TURISMO E 1 PROGRAMADOR WEB.


 
 

EQUIPAMENTO DE PANTALLA LED PARA O MULTIUSOS DE VILANOVA DE AROUSA.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 16.233,16€ dentro da liña 1 de investimentos, para a adquisición dunha pantalla led para o multiusos de Vilanova de Arousa.

O Pavillón de Deportes de Vilanova de Arousa atópase no casco urbano e nel desenvólvense regularmente actividades deportivas de todo tipo, baloncesto, fútbol sala, tenis, voleibol, veladas de boxeo ou exhibicións de Dirty Jump con mountain bikes, utilizase de sede oficial do campionato infantil de Baloncesto a nivel nacional, ximnasio, etc. Sendo ademais a pista deportiva que utilizan os máis de 400 nenos que estudan nos dous colexios que están nos aledaños do recinto escolar no que forma parte tamén o pavillón de deportes.

Polo que se adquiriu unha pantalla para conseguir un modelo de comunicación dixital e interactiva, na que utilizará a pantalla led para todo tipo de proxeccións do Multiusos Municipal de Vilanova de Arousa. Cunha características de LED P10 de medidas 6,72x3,84mts. montada en estrutura metálica anclada a parede con módulos de soporte magnético con acceso frontal para mantemento. Cunha resolución de 762x384 pixeles e nivel de brillo 1.800 nits, frecuencia de refresco 1.920hz con regulación de niveles por software dende toda a pantalla ata pixel a pixel.

 

 
 

O CONCELLO ADQUIRE UN SISTEMA DE AUDIO PARA CELEBRACIÓN DE ACTIVIDADES.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 3.673,02€ dentro la liña 1 de investimentos, para a adquisición dun sistema de audio para a celebración de actividades.

O Concello de Vilanova de Arousa ten consolidado un programa municipal cultural estable, de acordo co cal ven desenvolvendo un conxunto de actividades culturais que procuran a creatividade e fomento da participación cidadá. A planificación conta cunha serie de actividades e eventos culturais no ámbito do desenvolvemento persoal, cultural, educativo e social dirixido tanto aos veciños do concello como de arredores, e tendo en conta o carácter turístico da vila.

Polo que se adquiriu un equipamento acústico composto por altavoces, mesa de mesturas, micrófonos, sistema inalámbrico e cableado para as conexións necesarias.

 

 

ADECUACIÓN, ADQUISIÓN DE EQUIPAMENTO E DISPOSITIVOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA ESCOLA INFANTIL.

O Concello de Vilanova de Arousa mellorou o acondicionamento da escola infantil municipal, mediante a realización de obras de escasa entidade que tiveron como finalidade a mellora das infraestructuras, mediante adquisición e mellora do equipamento do centro.

Na adecuación da escola infantil municipal as luminarias das que dispoñía na actualidade o centro carecían das condicións óptimas para garantir unha adecuada iluminación dos espazos, substituíndose por outras de maior luminosidade e menor consumo enerxético, que foron uns paneis led de consumo de 36W.

Dentro da adquisición de equipamento dotouse ao centro de tobogáns, motos e pizarras dixitais interactivas. 

 

O CONCELLO ADQUIRE UN ESCENARIO MODULAR PARA EVENTOS CULTURAIS

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras y Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 21.764,49€ dentro la liña 1 de investimentos, para a adquisición dun escenario modular de 90 m².

Para os actos, eventos e actuacións que se celebran en prazas e parques o casco de Vilanova e en casas de cultura das diferentes parroquias deste Concello, así como no recente transformado pavillón de deportes en multiusos municipal, este Concello optou pola compra dun escenario modular para albergar toda esta serie de actos.

 

 

 

O CONCELLO RECIBE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CON CARGO O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2017) UNHA SUBVENCIÓN DE 64.756,16 EUROS

 
   

A Deputación Provincial, con cargo ao Plan Provincial de Obras y Servizos (Plan Concellos 2017), acordou conceder ao concello de Vilanova de Arousa unha subvención de 64.756,16 euros dentro de liña 2, da que tamén se beneficarán o resto de concellos da provincia e que vai destinada ao pagamento de gasto corrente.

Segundo o disposto na base 20ª, son obxecto de subvención o pagamento débedas previamente contraídas. É por iso que esta actuación se denomina "Pagamento de Acredores de Gasto Corrente", ref. 2017008706, e suporá un reforzo as arcas municipais. 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 2 invitados conectado
Banner