Ayuntamiento

Sede Electrónica
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Pagamento de Recibos Online
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS: 


Subvencións Do Programa "Corpo Europeo De Solidariedade" Para O Ano 2019

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións no marco do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" para o ano 2019.

O obxecto do Programa "Corpo Europeo de Solidariedade" é incentivar a participación dos mozos/as e as organizacións en actividades de solidariedade accesibles e de gran calidade como medio de contribuír a reforzar a cohesión, a solidariedade, a democracia e a cidadanía en Europa, respondendo ao mesmo tempo os desafíos da sociedade e fortalecendo as comunidades, cun empeño especial en promover a inclusión social, principalmente a través do voluntariado.

Na guía do programa especifícanse outros obxectivos e prioridades xerais e por Acción a ter en conta.

Poderanse solicitar proxectos nas seguintes Accións:
a) voluntariado
b) prácticas e empregos
c) proxectos de solidariedade

Prazo de presentación de solicitudes.
Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12:00 h (mediodía), hora de Bruxelas.
- 7 de febreiro de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2019.
- 30 de abril de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2019, e para acordos de colaboración en materia de voluntariado (acordos específicos para 2019 no contexto do contrato marco de colaboración 2018-2020).
- 1 de outubro de 2019, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2020

Máis información no BOE do 26 de decembro de 2018

www.erasmusplus.injuve.es

 

Curso De Director/A De Tempo Libre En Muiños

A Escola de Tempo libre “Baixa Limia” organiza un curso de Director/a de tempo Libre en Muiños
Lugar:  Complexo Turístico Deportivo “O Corgo” Mugueimes-Concello de Muiños. Complexo Turístico deportivo “O Corgo”
Datas:  do 2 de febrero ao 30 de Marzo de 2019
Horario:  Sábados e Domingos de 9-14 e de 15:30-20:30 h
Prazo de prematrícula ata o 20 de xaneiro (non é necesario formalizar o pago). Formalización de matrícula ata o 27 de Xaneiro (último día para realizar o pago)
Prezo:
150 € Empadroados no Concello de Muiños
250 € Non empadroados no Concello de muiños

Máis información:
Concello de Muiños: 988 456 403
Escola de Tempo libre “Baixa Limia”
Xiana: 639 196 232
Israel: 639 030 034
Horarios de 9-14 h
www.concellodemuinos.com


Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Vigo

 A Escola de tempo libre Aika organiza en Vigo un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre

Datas:
9, 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30, 31 de xaneiro.
1, 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28 de febreiro. 
1, 7, 8 de marzo.

Horario:  de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Lugar:   
Escola de tempo libre Aika
R/ Conde de Torrecedeira  nº 90 baixo    
36208 Vigo
Email:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Teléfono: 886 11 24 84

..

Curso De Monitores/As De Actividades De Tempo Libre En Vigo

A Escola de Tempo libre e Animación Sociocultural Don Bosco convoca en Vigo un curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre
Datas: do 10 de xullo ao 5 de xullo de 2019
Horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 de luns a venres
Lugar: Colexio María Auxiliadora, Salesianos de Vigo
Teléfono 986 225 662

 

Formación Para Menores De 30 Anos

Xan 02, 2019

Máis información:

Departamento de Formación e Orientación Laboral
Teléfono: 981 574 922 (Santiago de Compostela)
Correo electrónico:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Bolsas De "La Caixa"

A Obra Social "La Caixa" convoca bolsas de posgrao en Europa, en América do Norte e a zona de Asia-Pacífico, e bolsas de doutoramento e posdoctorado en España e Portugal.

Bolsas de Doutoramento INPhINIT Incoming. 35 bolsas de doutoramento para mocidade investigadora de todas as nacionalidades, para a realización de estudos de doutoramento nos centros españois acreditados cos distintivos Severo Ochoa ou María de Maeztu, Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III ou unidades portuguesas cualificadas como “excelentes” ou “excepcionais” pola  Fundação para a  Ciência e a  Tecnologia. Esta modalidade céntrase exclusivamente nas disciplinas STEM: ciencias da vida e a saúde, ciencias experimentais, física, química e matemáticas.  Solicitudes: ata o 6 de febreiro de 2019.

Bolsas de Doutoramento INPhINIT Retaining. 30 bolsas de doutoramento para  jovénes investigadores de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutoramento en calquera disciplina e en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.  Solicitudes: ata o 27 de febreiro de 2019.

Bolsas Posgrao en Europa. 75 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), salvo España.  Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2019.

Bolsas Posgrao en América do Norte e Asia-Pacífico. 45 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 20 de marzo de 2019.

 

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/programa-de-becas-de-posgrado/en-un-vistazo

 

 

Bolsas Para Estudar Húngaro

Xan 04, 2019

A través do Instituto Balassi é posible estudar Húngaro nas 23 delegacións que este instituto ten abertas en 21 países diferentes.

http://www.balassiintezet.hu/en/balassi-institute-hq/

 

Programa "Vulcanus En Xapón"

 

O programa "Vulcanus en Xapón" foi creado en 1997 polo Centro para a cooperación industrial UE-Xapón e ofrece prácticas profesionais a estudantes da UE que consisten nun seminario dunha semana en Xapón, un curso intensivo de xaponés de catro meses e unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante oito meses.

Podes solicitalo?
Para poder solicitalo debes ser cidadán dun país da UE e estudante universitario a partir do terceiro ano de enxeñería ou ciencias nunha universidade da UE: informática, enxeñería, enxeñería mecánica, química, electrónica, biotecnoloxía, enxeñería eléctrica, física, telecomunicacións, información, enxeñería nuclear, enxeñería civil, materiais metálicos, cerámica, sistemas de produción, etc.

O programa empeza en setembro e termina en agosto do ano seguinte. Ten por obxectivo mellorar e fomentar a cooperación industrial e a comprensión mutua entre Xapón e a UE. Ten en conta que se tes a obrigación de facer un ano de prácticas, o programa  Vulcanus pode estar recoñecido como parte do teu currículo universitario ou como un ano  sabático.

Como o solicitas?
Só tes que enviar a solicitude e esperar a que che seleccionen. Avaliaráseche en función das túas cualificacións académicas, as recomendacións dos teus profesores, os teus coñecementos de inglés, a túa motivación, a túa actitude con respecto ás relacións entre a UE e Xapón e a túa habilidade para adaptarche a unha cultura diferente.

Financiamento
O programa está financiado polo centro UE-Xapón para a Cooperación Industrial e as empresas xaponesas de acollida. Os estudantes reciben 2 millóns de  yenes para cubrir a viaxe de ida e volta e os gastos de estancia. O curso de idiomas e o seminario son gratuítos e os estudantes tamén reciben aloxamento durante todo o período.

Prazo límite para solicitar o programa para o curso 2019/2020: 20 xaneiro 2019

https://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan

 

Bolsas De Formación Da Fundación Galicia Europa

A Fundación Galicia Europa convoca 6 bolsas de formación para realizar prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, tanto na súa sede de Santiago como na sede de Bruxelas.

Bolsas:
a) Tres bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios dende unha perspectiva galega.
Unha delas desenvolveranse na oficina da Fundación Galicia Europa (en adiante FGE) en Santiago de Compostela e dúas na oficina de Bruxelas.

b) Dúas bolsas destinadas a persoas cun título universitario para á súa formación en comunicación das políticas comunitarias e da participación galega en asuntos europeos.
Unha delas desenvolveranse na oficina da FGE en Santiago de Compostela e a outra na oficina de Bruxelas.

c) Unha bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo con destino na oficina de Bruxelas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2019

Máis información no DOG do 31 de decembro de 2018 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

 

Bolsas Para O Instituto Universitario Europeo De Florencia

O Ministerio de Educación convoca axudas para contratos predoctorales do Programa "Salvador de Madariaga" no Instituto Universitario Europeo para o ano 2019

Beneficiarios:  os titulados universitarios que estean posesión do título de licenciado, grao ou de master ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia, nos devanditos campos. E que en todo caso, deberán terminar e acreditar estar en posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 10 de xullo de 2019.
Deberán finalizar os estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010 e ser menores de 30 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Posuír o Certificado do Nivel  C1 de inglés.

Contía:  12 axudas para contratación cunha dotación económica mensual de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.
Cada beneficiario gozará dunha axuda de viaxe para o primeiro ano de estancia no Instituto e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 euros cada unha.

prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 31 de xaneiro de 2019 ás 14:00 h.

Máis información nos anuncios do BOE do 2 de xaneiro de 2019 e en 
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-universitario/becas-ayudas/formacion/ayudas-salvador-madariaga.html

 

Axudas Complementarias A Erasmus+

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea: 
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/programme-guide

A presentación das solicitudes realizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de febreiro de 2019.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2019 e en  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Axudas para crear empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca axudas destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais.

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio retallista de produtos.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG501A
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2019 e en http://www.tramita.igape.es

 

Depointegra Xoven

 A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "DepoIntegra Xoven" co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo a mocidade en situación de desemprego que non participa nos sistemas de formación ou educación
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 29 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que ofrecen
- Axuda económica diaria para as persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- Itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en inglés, informática, busca de emprego, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais

Cando
Os itinerarios levaranse a cabo durante os primeiros meses do ano 2019.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- O Salnés

https://www.depo.gal/depointegra-xoven

 

Bolsas De "La Caixa"

A Obra Social "La Caixa" convoca bolsas de posgrao en Europa, en América do Norte e a zona de Asia-Pacífico, e bolsas de doutoramento e posdoctorado en España e Portugal.

Bolsas de Doutoramento INPhINIT Incoming. 35 bolsas de doutoramento para mocidade investigadora de todas as nacionalidades, para a realización de estudos de doutoramento nos centros españois acreditados cos distintivos Severo Ochoa ou María de Maeztu, Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III ou unidades portuguesas cualificadas como “excelentes” ou “excepcionais” pola  Fundação para a  Ciência e a  Tecnologia. Esta modalidade céntrase exclusivamente nas disciplinas STEM: ciencias da vida e a saúde, ciencias experimentais, física, química e matemáticas.  Solicitudes: ata o 6 de febreiro de 2019.

Bolsas de Doutoramento INPhINIT Retaining. 30 bolsas de doutoramento para  jovénes investigadores de todas as nacionalidades para levar a cabo estudos de doutoramento en calquera disciplina e en calquera universidade ou centro de investigación de España ou Portugal.  Solicitudes: ata o 27 de febreiro de 2019.

Bolsas Posgrao en Europa. 75 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), salvo España.  Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2019.

Bolsas Posgrao en América do Norte e Asia-Pacífico. 45 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China). Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.  Solicitudes: ata o 20 de marzo de 2019.

 

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/programa-de-becas-de-posgrado/en-un-vistazo

 

Bolsas No Laboratorio Europeo De Investigación Nuclear, CERN

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 20 bolsas de especialización do programa FTEC- Spanish  Traineeship  Programme para mozos/as profesionais científicos e tecnólogos. As bolsas desenvolveranse no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos:
Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que comprendan unha formación académica nas áreas temáticas da convocatoria que cumpran que, no momento da publicación desta convocatoria, non transcorrese máis de catro anos desde a obtención do título universitario requirido.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2019.
Máis información no BOE do 15 de novembro de 2018 e en http://www.ciemat.es/portal.do?IDM=61&NM=2&identificador=1663

 

Bolsas Erasmus XL

Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos os estudantes das universidades españolas e que entregará 5.152 bolsas a beneficiarios das axudas Erasmus+.

O obxectivo do Programa é axudar aos estudantes universitarios que obtivesen unha Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2019/2020, fomentando deste xeito a mobilidade e formación no ámbito da Unión Europea.

As bolsas divídense en tres modalidades:
- 152 bolsas de Excelencia de 3.200 euros cada unha, para os 152 mellores expedientes académicos, os cales obtivesen unha bolsa  MECD ou posúan un Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- 2.000 bolsas de 500 euros cada unha para apoiar a túa estancia Erasmus.
- 3.000 axudas de 150 euros cada unha para apoiar a túa mobilidade.

Os beneficiarios das dúas primeiras modalidades de bolsa recibirán un Plan de Orientación Laboral para desenvolver capacidades imprescindibles no mundo laboral.

duración da bolsas é entre seis meses e un ano.

Prazo:  ata o 28 de febreiro de 2019

https://www.becas-santander.com/program/5b50549700a734001ff2901b

 

Convocatoria do XXV Premio Nacional de xornalismo gastronómico "Álvaro Cunqueiro"

 

Convocatoria do WWVº Premio Nacional de xornalismo gastronómico "Álvaro Cunqueiro"

O Concello de Lalín publica a Convocatoria do WWVº Premio Nacional de xornalismo gastronómico "Álvaro Cunqueiro"

 

Máis información: BOPPO Núm. 235, Venres, 7 de decembro de 2018

  

Curso De Monitores/As De Actividades De Ocio E Tempo Libre No Parque De Marcelle Natureza

A Escola de tempo libre Bulideira organiza un curso de Monitores/as de actividades de ocio e tempo libre no parque de Marcelle Natureza en Outeiro de Rei

Datas: 
19, 20, 26 e 27 de Xaneiro de 2019.
2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Febreiro de 2019.
e  2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Marzo de 2019.
Horarios:  Sábados e domingos de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas 
Prezo: 180 €.
Lugar: Instalacións e dependencias de Marcelle Natureza.
Escola de Tempo Libre Bulideira
R/ Serra de Outes 67, 1º C
27004 Lugo
www.bulideira.org 
Teléfono 669 432 111
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Monitor/A De Tempo Libre En Santiago De Compostela

 

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de monitor/a de tempo libre para os meses de febreiro, marzo, abril e maio e que se desenvolverá en modalidade de fins de semana

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Febreiro: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Marzo: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Abril: 6, 7, 13, 14, 27, 28
Maio: 4, 5

Horarios:  De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Total prazas:  25 alumnos
Prezo:  250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O curso pode incluír:  12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

http://cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/cursos

 

Depointegra Xoven

 

A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "DepoIntegra Xoven" co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo a mocidade en situación de desemprego que non participa nos sistemas de formación ou educación
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 29 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que ofrecen
- Axuda económica diaria para as persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- Itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en inglés, informática, busca de emprego, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais

Cando
Os itinerarios levaranse a cabo durante os primeiros meses do ano 2019.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- O Salnés

https://www.depo.gal/depointegra-xoven

 

Bolsas No Laboratorio Europeo De Investigación Nuclear, CERN

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 20 bolsas de especialización do programa FTEC- Spanish  Traineeship  Programme para mozos/as profesionais científicos e tecnólogos. As bolsas desenvolveranse no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos:
Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que comprendan unha formación académica nas áreas temáticas da convocatoria que cumpran que, no momento da publicación desta convocatoria, non transcorrese máis de catro anos desde a obtención do título universitario requirido.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2019.
Máis información no BOE do 15 de novembro de 2018 e en http://www.ciemat.es/portal.do?IDM=61&NM=2&identificador=1663

  

Curso De Monitores/As De Actividades De Ocio E Tempo Libre No Parque De Marcelle Natureza

 

A Escola de tempo libre Bulideira organiza un curso de Monitores/as de actividades de ocio e tempo libre no parque de Marcelle Natureza en Outeiro de Rei

Datas: 
19, 20, 26 e 27 de Xaneiro de 2019.
2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Febreiro de 2019.
e  2, 3, 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de Marzo de 2019.
Horarios:  Sábados e domingos de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas 
Prezo: 180 €.
Lugar: Instalacións e dependencias de Marcelle Natureza.
Escola de Tempo Libre Bulideira
R/ Serra de Outes 67, 1º C
27004 Lugo
www.bulideira.org 
Teléfono 669 432 111
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Monitor/A De Tempo Libre En Santiago De Compostela

 

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un curso de monitor/a de tempo libre para os meses de febreiro, marzo, abril e maio e que se desenvolverá en modalidade de fins de semana

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Febreiro: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Marzo: 9, 10, 16, 17, 23, 24
Abril: 6, 7, 13, 14, 27, 28
Maio: 4, 5

Horarios: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

http://cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/cursos

 

600 cursos online gratis de 190 universidades do mundo

No portal da Ciencia Galega, GCIENCIA, recompilan 600 cursos online gratis que lanzan 190 universidades do mundo.  

 Universidades de todo o mundo ofrecen seus cursos en liña de xeito gratuíto (ou polo menos parcialmente de balde). Estes cursos denomínanse MOOCS ou Cursos en liña masivos e abertos.

Neste enlace podes ver a recompilación de 600 cursos interesantes: https://www.gciencia.com/universidade/600-cursos-online/

 

Bolsas Erasmus XL

Banco Santander, Crue universidades españolas e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades lanzan o programa de Bolsas Santander Erasmus dirixido a todos os estudantes das universidades españolas e que entregará 5.152 bolsas a beneficiarios das axudas Erasmus+.

O obxectivo do Programa é axudar aos estudantes universitarios que obtivesen unha Erasmus+ de estudos ou prácticas para o curso académico 2019/2020, fomentando deste xeito a mobilidade e formación no ámbito da Unión Europea.

As bolsas divídense en tres modalidades:
- 152 bolsas de Excelencia de 3.200 euros cada unha, para os 152 mellores expedientes académicos, os cales obtivesen unha bolsa  MECD ou posúan un Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- 2.000 bolsas de 500 euros cada unha para apoiar a túa estancia Erasmus.
- 3.000 axudas de 150 euros cada unha para apoiar a túa mobilidade.

Os beneficiarios das dúas primeiras modalidades de bolsa recibirán un Plan de Orientación Laboral para desenvolver capacidades imprescindibles no mundo laboral.

duración da bolsas é entre seis meses e un ano.

Prazo: ata o 28 de febreiro de 2019

https://www.becas-santander.com/program/5b50549700a734001ff2901b


Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos

 

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.  


 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 98 invitados conectado
Banner