Ayuntamiento

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

PREMIOS E CONCURSOS: 

 Consumópolis13: Na Publicidade: Todo Vale?

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición organiza o concurso escolar 2017-2018  Consumópolis13: Na publicidade: todo vale? dirixido a escolares matriculados no quinto e sexto cursos de Educación Primaria e en Educación Secundaria Obrigatoria.

A participación no Concurso materializarase a través das actividades que deberán desenvolver os concursantes no portal de Internet Consumópolis, www.consumopolis.es, seguindo as instrucións xerais de participación que alí se detallan.
O equipos deberán ser inscritos polo docente coordinador directamente no portal de Internet de Consumópolis,

Participantes: escolares que estean matriculados en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional en calquera dos seguintes  niveis:
a) Nivel 1: Quinto e sexto cursos de Educación Primaria.
b) Nivel 2: Primeiro e segundo cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Nivel 3: Terceiro e cuarto cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.

O período de inscrición dos equipos estará aberta ata o 15 de febrero de 2018.

Na primeira parte do concurso, os cinco integrantes do equipo deberán completar o percorrido pola cidade de Consumópolis resolvendo diversas probas, de carácter pedagóxico e lúdico, que se presentarán aos participantes ao longo deste.
Os concursantes poderán completar o percorrido pola cidade de Consumópolis ata o 23 de marzo de 2018.

Considérase que un equipo finalizou esta primeira parte e, polo tanto, pode continuar coa súa participación no Concurso e realizar a segunda parte, cando os cinco membros do equipo completen o percorrido. Completar o percorrido significa contestar as vinte preguntas pedagóxicas individuais, realizar as tres probas de «Ordena as letras», as tres probas de «Catro imaxes para unha palabra» e as catro probas que se resolverán no espazo «O mellor dos catro». Todas estas probas son obrigatorias.

A segunda parte, coa que se pretende fomentar o traballo en equipo, consiste no deseño, elaboración e presentación dun cartel ou valo publicitaria sobre Consumo Responsable en relación coa publicidade. O orixinal enviarase por correo postal ao correspondente organismo competente en consumo de cada comunidade autónoma

Premios:
Os organismos competentes en Consumo das Comunidades Autónomas organizadoras do Concurso establecerán os premios que se concederán aos respectivos gañadores autonómicos.
Os premios nacionais do Concurso consistirán nun ordenador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o profesor que coordinase os equipos gañadores.
Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores.
Os colexios aos que pertenzan os equipos gañadores, recibirán un premio en metálico de 2000 € e un diploma acreditativo para o centro.

Máis información en www.consumopolis.es

Eustory 2018

Eustory é unha rede de entidades civís europeas que organiza concursos de historia para mozos e mozas.

Que é patrimonio, que o conforma e que non, que merece ser conservado ou porqué certos bens son destruídos son algúns dos temas que che propoñen investigar nesta undécima edición de  EUSTORY, que versa sobre patrimonio histórico.

participación está aberta aos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA menores de 21 anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, e mesmo poden ser ata dunha clase completa. Iso si, só se permite
un traballo por persoa ou grupo.
formato de presentación é libre. Pode tratarse dun traballo escrito pero tamén de presentacións con diapositivas, fotografías, mapas, documentos audiovisuais, composicións musicais, obras artísticas, pezas teatrais,  receitas culinarias, etc.

En resumo, tes que presentar:
Traballo.
Informe de procedemento, onde expliquedes a organización do traballo (dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información utilizadas (bibliografías, arquivos, páxinas web, etc.) e as conclusións onde indiquedes o que aprendestes
e para que vos serviu.
Informe do titor sobre as condicións previas do grupo ou o marco particular no que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado así como dos participantes.

Premios:
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o día 18 de agosto de 2018.

http://eustory.es/

XVIII Premio De Poesía Fiz Vergara Vilariño

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos convocan o XVIII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega. 
A extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grampados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico. Enviaranse por correo certificado a: 
XVII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO
Concello de Sarria, rúa Maior 14
27600 Sarria
O prazo para a súa presentación estará aberto ata o 21 de marzo de 2018.
Establécese un único premio de 6000 euros

Máis información no BOP de Lugo do 15 de decembro de 2017 e en
http://sarria.es/index.php?option=com_content&view=category&id=34&Itemid=96&lang=gl

Premio Literario Nortear

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal, no marco do Programa Europeo POCTEP, desenvolven  o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a IV edición dun premio literario para novos/as escritores e escritoras de Galicia e do Norte de Portugal.

O premio ten como obxectivos: 
a) Promover a aparición de novos escritores; 
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción; 
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal;
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais;
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras

Participantes
Poden participar as persoas nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

Obra
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.

Premio
O premio terá unha dotación económica de 2.000€ (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte)
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.

Lugar e prazo de entrega
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata o 30 de abril de 2018(inclusive)

No sobre farán constar: 
Premio Literario - Nortear
Novos Escritores 
Norte de Portugal – Galicia

Presentación das obras
1. As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf, Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento de datos (pendrive ou similar).
2. As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a autor/a.
3. As obras presentadas teñen que  vir acompañadas dun sobre pechado, identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
a) Identificación do concorrente: nome completo; identificación fiscal; enderezo completo (envío de declaración de enderezo de residencia do participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico,e un teléfono de contacto.
b) Declaración asinada polo/a participante mencionando/a de que a obra presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de todos os dereitos de explotación da obra a concurso, sen excepción, así como de que estes dereitos non se atopan cedidos, baixo ningunha condición, e onde se asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A non inclusión de dita declaración será motivo para que se exclúa automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
c) Autorización asinada para a publicación da obra.
4. Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.

Características dos orixinais
O tipo de letra e as entreliñas utilizadas deben facilitar a lectura aos membros do xurado, polo que o formato das obras a concurso debe seguir as seguintes indicacións:
a) Ser presentadas en texto impreso, en formato A4, paxinado e procesado a espazo 1.5, letra tipo times new roman, tamaño 12.
b) O orixinal debe ter como límite mínimo 5.000 palabras e como máximo 8.000. 
c) Incluír, na portada, o título da obra e o pseudónimo do seu autor.

http://www.cultura.gal

27º Certame De Narracións Breves Manuel Murguía

O Concello de Arteixo publica as bases do 27º Certame de narracións breves “Manuel Murguía”,

BASES :
Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos, en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4
Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a doble espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.
As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía”
antes do 15 de febreiro de 2018 ao seguinte enderezo. Concello de Arteixo Praza Alcalde R Dopico, nº 1 15142 Arteixo A Coruña
Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000 €, un segundo de 500 € e un terceiro de 300 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Os galardóns poden declararse desertos
O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2018.
Os tres finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.
Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo dun mes a partir do ditame.
No caso de que o Concello edite os textos en papel, os dereitos derivados de tal publicación poderán ser aboados mediante a entrega dun número de exemplares calculado a tal efecto. Os autores farán constar en edicións en papel ou electrónicas posteriores da súa obra que foi premiada neste certame.

BOP da Coruña do 20 de novembro de 2017
http://www.arteixo.org/

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 29 invitados conectado
Banner