Ayuntamiento

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS:

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Xermade

 

O Concello de Xermade organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre impartido pola escola de tempo libre Bulideira.

Días e Horario: 
Abril, días: 21 (primeiro día), 22, 28 e 29.
Maio, días: 1, 5, 6, 12, 13, 17, 19, 20, 26 e 27.
Xuño, días: 2, 3, 9, 10, 16 e 17 (último día). 
Horario: Sábados e domingos de 9 a 14 e de 16:00 a 21:00 horas.
Prezo: 0 €. Gratuito. Preferencia empadroados en Xermade.

Máis información e inscricións 982 501 001
Escola de tempo libre Bulideira, teléfono 669 432 111
www.bulideira.org


Curso De Maxia Aplicada Ao Tempo Libre Na Coruña

 

Máis información na Escola de Tempo Libre Abeloni
Teléfono: 685 28 29 08
Mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Web: www.abeloni.com

 

II Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo Na Universidade: Coidando A Aprendizaxe E O

Capital Social

Dos Estudantes

 

A Escola Galega de Administración Pública en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade), convoca o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes para o día 25 de maio de 2018.

Obxectivos.
Promover o coñecemento da metodoloxía da aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior.
Estudar o impacto da aprendizaxe-servizo nas dinámicas de avaliación da calidade nas universidades europeas.
Examinar o grao de desenvolvemento do proceso de institucionalización da aprendizaxe-servizo nas universidades de España en xeral e de Galicia en particular.
Dar conta de resultados da aprendizaxe e capital social dos estudantes universitarios alcanzados na investigación.

Contidos.
A aprendizaxe-servizo e o futuro da calidade educativa nas nosas universidades: que leccións podemos aprender?
O impacto da aprendizaxe-servizo nas universidades españolas.
As universidades españolas diante da aprendizaxe-servizo: avanzar sobre o terreo.
A dinámica de institucionalización da aprendizaxe-servizo na universidade: os proxectos na USC como pontes entre a academia e a comunidade.Aprendizaxe-servizo e innovación na universidade: evidencias desde un proxecto de I+D+i.

Persoas destinatarias. Persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento.
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: venres, 25 de maio de 2018.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 8 horas lectivas.

Inscrición.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo «área de matrícula» da web da EGAP, https://egap.xunta.gal/matricula/

prazo para a inscrición permanecerá aberto ata as 23.55 horas do día 16 de maio de 2018.

Máis información no DOG do2 de abril de 2018
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos seguintes teléfonos: 981 546 241 e 981 546 239.

 

Inmersión Lingüística En Colonias De Vacacións Para O Verán De 2018

 

O Ministerio de Educación convoca 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2018 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Requisitos:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2017/2018.
b. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2016/2017. 
c. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso 2016/2017.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.
e. Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo poderán optar desde o "aprobado" (5).

Estas axudas distribúense en dous grupos:

Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 1 ao 15 de xullo de 2018

Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 15 ao 29 de xullo de 2018

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 7 de abril de 2018 e en 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html

LER MÁIS...

6ª Convocatoria De Bolsas De Eurolingua Para Irlanda

 

Eurolingua é unha empresa privada dedicada a organizar cursos de idiomas en Irlanda.

Eurolingua abre o prazo de solicitude da 6ª convocatoria de 20 bolsas para Irlanda.

Que inclúen as bolsas?

·         Cursos de 2 semanas en Irlanda.

·         20 Clases semanais.

·         Aloxamento en residencia ou familia.

·         Actividades, excursio?ns e visitas complementarias

Non inclue o prezo do billete de avión.

Requisitos:

  • Idade. Nacer con anterioridade ao 31 de decembro de 2003.
  • Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
  • Estudos. Estar matriculado/a no presente curso escolar 2017-18 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria regulamentada (masters e doutorados incluidos) en calquera punto de España.
  • Media do expdediente académico de polo menos 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.

O prazo de solicitude remata o día 27 de abril de 2018.

Máis información:

www.becaseurolingua.com

 

Bolsas FormARTE En Actividades Culturais

 

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O obxecto destas bolsas é contribuír á formación de especialistas en materias artísticas, xestión cultural, arquivos, conservación e restauración, museoloxía e
biblioteconomía, mediante a realización dun programa de actividades teórico-práctico en dependencias e organismos públicos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Requisitos:
Cumprir os requisitos académicos de cadas bolsa e finalizar os estudos no curso académico 2009-2010 ou data posterior.

Son 76 bolsas divididas en seis modalidades:

Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 11 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 15 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 17 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 18 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.

Tipos de bolsas:

A. Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 11 bolsas.

a) Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid):
- Bolsa de restauración arquitectónica, 1 bolsa.
- Bolsa de etnoloxía - etnografía, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de patrimonio documental, bibliográfico e obra gráfica, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de escultura en madeira  policromada, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de pedra e mosaico, 1 bolsa.
- Bolsa de investigación científica en conservación do patrimonio, 1 bolsa.
b) Centro de conservación e restauración de bens culturais do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais –  ICAA – (Pozuelo de Alarcón, Madrid):
- Bolsa de investigación de fondos  fílmicos, 2 bolsas.
c) Museo Nacional do Prado (Madrid):
- Bolsa de conservación e restauración de escultura en materiais  pétreos, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de pintura (tratamento de marcos), 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de soporte  celulósico, 1 bolsa

B. Bolsas de Museoloxía: 16 bolsas

a) Biblioteca Nacional de España (Madrid), 1 bolsas.
b) Museo América (Madrid), 1 bolsa.
c) Museo do Greco (Toledo), 1 bolsa.
d) Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid), 1 bolsa.
e) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa
f) Museo Nacional do Romanticismo (Madrid), 1 bolsa.
g) Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática.  ARQUA (Cartaxena), 1 bolsa.
h) Museo Nacional de Arte Romana ( Mérida), 1 bolsa.
i) Museo Nacional de Artes Decorativas (Madrid), 1 bolsa.
j) Museo Nacional de Escultura (Valladolid), 1 bolsa.
k) Museo Nacional do Prado (Madrid) – Área de Rexistro de Exposicións, 1 bolsa.
l) Museo Nacional do Prado (Madrid) – Área de Comunicación, 1 bolsa.
m) Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira (Santillana del Mar - Cantabria), 1 bolsa.
n) Museo  Sefardí (Toledo), 1 bolsa.
o) Museo do Traxe – Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico (Madrid), 1 bolsa.

C. Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas

Convócanse un total de 11 bolsas: 8 bolsas na especialidade de Fondo Moderno e 3 bolsas na de Fondo Antigo.
a) Fondo moderno:
Biblioteca de Cultura (Madrid), 1 bolsa
Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais –  ICCA –  Filmoteca Española (Madrid), 1 bolsa
Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música –  INAEM – Centro de Documentación Teatral (Madrid), 1 bolsa
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas
Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas (Madrid), 2 bolsas
b) Fondo antigo:
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas.

D. Bolsas de Arquivística: 17 bolsas

a) Arquivo Histórico Nacional (Madrid), 2 bolsas.
b) Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares, Madrid), 1 bolsa.
c) Arquivo da Real  Chancillería de Valladolid (Valladolid), 1 bolsa.
d) Arquivo Xeral de Indias (Sevilla), 1 bolsa.
e) Arquivo Xeral de  Simancas (Valladolid), 1 bolsa.
f) Arquivo da Biblioteca Nacional de España (Madrid), 3 bolsas.
g) Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca), 1 bolsa.
h) Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais –  ICCA –.  Filmoteca Española (Madrid), 2 bolsas.
i) Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música –  INAEM – Centro de Documentación de Música e Danza (Madrid), 1 bolsa.
j) Arquivo do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
k) Arquivo do Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
l) Sección Nobreza do Arquivo Histórico Nacional (Toledo), 1 bolsa.
m) Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.

E. Bolsas de Xestión Cultural: 18 bolsas

a) Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
b) Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música –  INAEM – (Madrid), 2 bolsas.
c) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
d) Biblioteca Nacional de España (Madrid), 1 bolsa.
e) Fundación Instituto de Cultura Xitana (Madrid), 1 bolsa.
f) Subdirección Xeral de Promoción do Libro, Lectura e Letras Españolas (Madrid), 1 bolsa.
g) Subdirección Xeral de Cooperación coas Comunidades Autónomas (Madrid), 2 bolsas.
h) Subdirección Xeral de Cooperación e Promoción Internacional da Cultura (Madrid), 1 bolsa.
i) Subdirección Xeral de Industrias Culturais e Mecenado (Madrid), 2 bolsas.
j) Unidade de Apoio da Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural (Madrid), 1 bolsa.
k) Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico (Madrid), 1 bolsa.
l) Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
m) Subdirección Xeral de Museos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
n) Subdirección Xeral de Promoción das Belas Artes (Madrid), 1 bolsa.
o) Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid), 1 bolsa.

F. Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas

a) Artes Plásticas, 2 bolsas.
b) Fotografía, 2 bolsas.

A estanza formativa desenvolverase no Colexio de España da Cité Internationale Universitaire de París.

Requisitos específicos.
a) Acreditar iniciación, experiencia, realizacións, ou títulos e certificados académicos relacionados coa creación plástica e a fotografía.
b) Á solicitude deberán achegarse fotografías da obra recente, preferentemente en soporte electrónico.
c) Posuír coñecementos da lingua francesa

dotación económica das bolsas é:
a) Modalidades A, B, C, D e E: 866 euros brutos mensuais.
b) Modalidade F: 1.800 euros brutos mensuais.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 7 de abril de 2018 e en 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/cultura/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html

 

200 Bolsas No CSIC

 

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 200 bolsas para estancias de trescentas horas a gozar dentro do curso académico 2018-2019, a realizar en meses consecutivos nun período máximo de catro meses en Institutos e Centros do CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución, dentro do Programa «Junta Ampliación de Estudios»
Beneficiarios.
Españois, nacionais dun Estado membro da UE e estranxeiros, que teñan completados polo menos o 50 % dos créditos ( ECTS) correspondentes ao grao, que finalizasen os estudos de licenciatura ou de grao con anterioridade ao curso académico 2016-2017, que acrediten unha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00, que non estean en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor, que non fosen beneficiarios dunha bolsa de introdución á Investigación dentro do programa  JAE en convocatorias anteriores
dotación das bolsas será de 2.500 € en tres pagos.
Prazo de presentación de solicitudes: do 3 de maio ao 1 de xuño de 2018.
Máis información no BOE do 2 de abril de 2018 e en https://sede.csic.gob.es/intro201


Curso Avanzado De Especialización Orquestral

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral, ofertase 18 prazas:

Violín 6 
Viola 2 
Violonchelo 2
Contrabaixo 1 
Oboe 1 
Frauta 1
Clarinete 1 
Fagot 1 
Trompa 1
Trompeta 1 
Percusión 1

Beneficiarios: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/88
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2018.
Duración do curso: O programa terá unha duración total dun ano académico, dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de xuño de 2019.
Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 14 de maio de 2018 a través da páxina web www.eaem.es

Máis información en www.eaem.es

 

Bolsas De Máster Para A Mocidade No Exterior

A Secretaría Xeral da Emigración convoca 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.

Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.

2. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta, pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos ofertados na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20, realizarase e acreditarase no ano 2019.

As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018


Programas De Bolsas MAEC-AECID De Arte, Educación E Cultura

Bolsas convocadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores para 2018-2019:


Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía

O programa diríxese a novos talentos da carreira de piano, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, óboe, trompa, clarinete, fagot, frauta ou canto, para que poidan seguir unha formación de excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía.

Requisitos:
1. Nacionalidade. Ser nacional dalgún dos seguintes países ou poboacións: Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, El Salvador, Etiopía, Filipinas, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Haití, Honduras, Mali, Mauritania, Marrocos, Mozambique, Nicaragua, Níxer, Paraguai, Perú, República Dominicana, Senegal; así mesmo, Poboación Saharauí e Territorios Palestinos, Albania, Arxentina, Armenia, Azerbaián, Bielorusia, Chile, China, India, Turquía, Ucrania, Uruguai, Ubequistán e Venezuela
2. Non ter idade superior a 30 anos  o día 1 de setembro de 2018.
3. Ter a preadmisión na Escola Superior de Música Raíña Sofía, quedando a concesión da bolsa condicionada á formalización da matrícula.

Duración:
Dez meses, entre o 1 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019 (prorrogable ata 1 ano máis).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 14 ao 29 de maio de 2018.

Máis información no BOE do 12 de marzo de 2018 e en www.aecid.gob.es  e www.raer.it

https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=264

 

Residencias Artísticas Na DOCE 2018

 

A DOCE é un espazo para a arte situada en Boiro (A Coruña) beneficiario das Axudas Injuve á Creación 2017 na modalidade de emprendemento. Ten unha programación estable de actividades, como talleres para nenos e adultos, ademais de ser un espazo de  coworking, tenda e galería. 
Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, A DOCE abre convocatoria para o programa  Residencias na DOCE 2018  tanto na modalidade de investigación como de produción de obra.

A convocatoria diríxese a artistas e creadores contemporáneos, nacionais ou internacionais. 
Co fin de fomentar o intercambio cultural e social dos residentes, seleccionarase como mínimo un proxecto dun artista de Galicia e un proxecto internacional.

As persoas interesadas podrán enviar a súas propostas ata o 1 de xuño  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  nun único arquivo en pdf. 
A selección de proxectos farase tendo en conta a calidade artística, orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo da Doce.

As estancias durarán de 4 a 8 semanas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2018.

Os proxectos seleccionados dispoñerán dun espazo de traballo na zona de coworking da DOCE.

A DOCE poñerá a disposición dos artistas os recursos técnicos e humanos necesarios para o correcto desenvolvemento de cada proxecto.

A DOCE poñerá a disposición dos seleccionados unha vivenda situada no centro de Boiro equipada con todo o necesario para poder residir nela.

Ao finalizar a residencia, valorarase a realización dunha exposición colectiva na galería ou noutras contornas urbanas ou rurais en función de cada proxecto. Os residentes comprometeranse a realizar como mínimo, unha actividade ao redor do seu tema de investigación ou a súa obra durante a súa residencia.

http://www.ladoce.net/?/=/seccion/residencias


Curso Avanzado De Especialización Orquestral

 

A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral, ofertase 18 prazas:

Violín 6 
Viola 2 
Violonchelo 2
Contrabaixo 1 
Oboe 1 
Frauta 1
Clarinete 1 
Fagot 1 
Trompa 1
Trompeta 1 
Percusión 1

Beneficiarios: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/88
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2018.
Duración do curso: O programa terá unha duración total dun ano académico, dende o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de xuño de 2019.
Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 14 de maio de 2018 a través da páxina web www.eaem.es

Máis información en www.eaem.es

 

Bolsas De Máster Para A Mocidade No Exterior

A Secretaría Xeral da Emigración convoca 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.

Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.

2. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta, pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos 
ofertados na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20, realizarase e acreditarase no ano 2019.

As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en 
http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018

 

Residencias Artísticas Na DOCE 2018

A DOCE é un espazo para a arte situada en Boiro (A Coruña) beneficiario das Axudas Injuve á Creación 2017 na modalidade de emprendemento. Ten unha programación estable de actividades, como talleres para nenos e adultos, ademais de ser un espazo de  coworking, tenda e galería. 
Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, A DOCE abre convocatoria para o programa  Residencias na DOCE 2018  tanto na modalidade de investigación como de produción de obra.

A convocatoria diríxese a artistas e creadores contemporáneos, nacionais ou internacionais. 
Co fin de fomentar o intercambio cultural e social dos residentes, seleccionarase como mínimo un proxecto dun artista de Galicia e un proxecto internacional.

As persoas interesadas podrán enviar a súas propostas ata o 1 de xuño  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  nun único arquivo en pdf. 
A selección de proxectos farase tendo en conta a calidade artística, orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo da Doce.

As estancias durarán de 4 a 8 semanas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2018.

Os proxectos seleccionados dispoñerán dun espazo de traballo na zona de coworking da DOCE.

A DOCE poñerá a disposición dos artistas os recursos técnicos e humanos necesarios para o correcto desenvolvemento de cada proxecto.

A DOCE poñerá a disposición dos seleccionados unha vivenda situada no centro de Boiro equipada con todo o necesario para poder residir nela.

Ao finalizar a residencia, valorarase a realización dunha exposición colectiva na galería ou noutras contornas urbanas ou rurais en función de cada proxecto. Os residentes comprometeranse a realizar como mínimo, unha actividade ao redor do seu tema de investigación ou a súa obra durante a súa residencia.

http://www.ladoce.net/?/=/seccion/residencias

 

Bolsas De Máster Para A Mocidade No Exterior

 

A Secretaría Xeral da Emigración convoca 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.

Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.

2. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta, pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos 
ofertados na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20, realizarase e acreditarase no ano 2019.

As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en 
http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018

 

Axudas No Capítulo De Xuventude Do Programa De Acción Comunitario Erasmus+

 

O Instituto da Xuventude, convoca as axudas para a realización de actividades no capítulo de Xuventude do Programa de acción comunitario Erasmus+

Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión.

Os seguintes obxectivos xerais:
- Promover a cidadanía activa entre mozas, en especial a europea.
- Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
- Favorecer o entendemento mutuo entre mozos
- Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozas e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.

Na guía do Programa especifícanse outros obxectivos e prioridades xerais e por Acción a ter en conta.

Ademais, o programa de traballo para 2018 da Axencia Nacional establece as seguintes prioridades nacionais, que serán tidas en conta na selección e valoración dos proxectos:
- Recoñecemento das competencias adquiridas polos mozos no ámbito da educación non formal;
- Promoción da integración sociolaboral dos mozos desempregados de longa duración;
- Fomento do emprendemento e  empleabilidad dos mozos mediante a  trasmisión de coñecementos e habilidades, así como a potenciación do talento;
-Loita contra a exclusión social, discriminación e transmisión de valores solidarios entre os mozos, incluíndo a prevención da radicalización violenta.

Dentro do capítulo de Xuventude, o Programa perseguirá os seus obxectivos a través das seguintes accións:
Acción clave 1. Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
 Mobilidade da mocidade (Intercambios xuvenís, dirixidos a mozos/as con idades entre os 13 e os 30 anos).
 Mobilidade da mocidade (Servizo Voluntario Europeo, dirixido a mozos/as con idades entre os 17 e os 30 anos)
 Mobilidade das persoas que traballan no ámbito de mocidade (sen límite de idade)
Acción clave 2. Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade
Acción clave 3. O apoio á reforma das políticas

Requisitos:
Entidades e organizacións de carácter non gobernamental así como as persoas físicas representantes dun grupo de mozos non asociados.

Prazo de presentación de solicitudes.

a) Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12.00  h (mediodía), hora de Bruxelas.

Para a Acción crave 1 (Intercambios xuvenís, Formación de traballadores no ámbito da mocidade e creación de redes e proxectos de voluntariado) e Acción Crave 3:
- 15 de febreiro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2018
- 26 de abril de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de decembro de 2018.
- 4 de outubro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2019.

Para a Acción crave 2. Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade:
Para as Asociacións Estratéxicas de apoio ao intercambio de boas prácticas:
- 15 de febreiro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2018
- 26 de abril de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de xaneiro de 2019
- 4 de outubro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de febreiro e o 31 de maio de 2019

Para a Asociacións Estratéxicas de apoio á innovación:
- 26 de abril de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de xaneiro de 2019

Máis información no BOE do 12 de febreiro de 2018 e en http://www.erasmusplus.injuve.es/

 

“Depointegra Xove”

 

A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no proxecto “Depointegra Xove” co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O proxecto está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e un emprego de calidade.

Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo as persoas mozas desempregadas que non participan nos sistemas de formación ou educación.
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade.
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia.
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes).

Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Que se ofrece
- Axuda económica mensual de 200 euros ao mes ás persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- 27 itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais
- Formación transversal e complementaria en idiomas, TIC e ofimática, inserción laboral, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais e grupais

Cando
Os itinerarios vanse levar a cabo durante o ano 2018.

Onde
- Pontevedra
- Vigo
- Deza
- O Morrazo
- O Baixo Miño
- O Salnés
- Caldas

Itinerarios formativos

Máis información
Correo-e: 
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Teléfono: 986 804 100, extensións 40708 e 40851

 

Exames Dos Carnés Profesionais E Das Habilitacións Profesionais

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2018 nas seguintes especialidades:

Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais: 
- Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos. 
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED527A
Máis información no DOG do 15 de febreiro de 2018


Bolsas Internacionais De Posgrao En Alemaña

A Fundación Heinrich Böll convoca bolsas internacionais de posgrao en Alemaña

O prazo de solicitude é do 1 de marzo ao 1 de setembro de cada ano.

Con estas bolsas, buscan estudantes con antecedentes académicos excelentes, que se comprometan social e politicamente, e que ademais teñan un interese activo acerca dos valores básicos da fundación: A ecoloxía e a sustentabilidade, a democracia e os dereitos humanos, a autodeterminación e a xustiza.

https://www.boell.de/en/scholarships-application

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Pontevedra

 

A Escola de Tempo Libre Barlovento organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Pontevedra
Lugar:  Residencia de Estudantes Afundación. Av. de Vigo 21. Pontevedra
Datas:  do 28 de maio ao 22 de xuño
Horario:  de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
Prezo:  Promoción especial “Trae un amigo” e pagade 215€. Desconto estudantes, desempregados e carné xove: 230€. Prezo sen desconto 250€
Inclúe formación en deportes náuticos e de aventura: Kaiak, paddlesurf, escalada, tiro con arco...
 
Escola de tempo libre Barlovento
Profesor Filgueira Valverde 2, Baixo
36004 Pontevedra
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  
Teléfono: 670 892 307
www.marexada.es


Axudas Para A Creación De Novas Empresas E Para Consolidación Do Emprego

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable. 
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

As solicitudes deben presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR807I

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2018.
Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2018 e en 

http://emprego.ceei.xunta.gal/


Axudas Ao Emprego Autónomo E Á Contratación Indefinida

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I. Promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D): axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F)

Os dous procedementos deben tramitarse en https://sede.xunta.gal cos códigos TR341D e TR349F.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2018.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2018
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions


Bolsas De Internacionalización Empresarial De ICEX

O Ministerio de Economía convoca 285 axudas para a formación de mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial:

As axudas instrumentalizaranse en dúas fases: 
Fase I: consistirá en formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro.
Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España e en Organismos Internacionais dos que España é membro. Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
b) Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1990.
c) Estar en posesión, dunha titulación universitaria superior de carácter oficial: Licenciatura/Enxeñería Superior/Arquitectura/Grao.
d) Dominar a lingua española.
e) Acreditar, documentalmente, posuír coñecemento avanzado de inglés (o nivel mínimo esixido, é o B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)). Aceptaranse os títulos emitidos a partir do 1 de xaneiro de 2013.
f) Non ser beneficiario destas bolsas en edicións anteriores.

Contía:
Na Fase I a axuda consistirá, fundamentalmente, nunha dotación bruta anual comprendida entre un mínimo de 21.000 euros e un máximo de 48.000 euros en función do país e cidade de destino. Na Fase II a axuda detallarase no Programa de Prácticas en Empresas e Institucións que se aprobará en 2020.
 
prazo de presentación de solicitudes será do 1 de marzo ao 7 de maio de 2018.
Máis información en http://www.icex.es/icex/es/navegacion-principal/todos-nuestros-servicios/formacion/becas/conoce-las-becas-icex/index.html  e no BOE do 3 de xaneiro de 2018, na sección de anuncios


Bolsas Internacionais De Posgrao En Alemaña

A Fundación Heinrich Böll convoca bolsas internacionais de posgrao en Alemaña

O prazo de solicitude é do 1 de marzo ao 1 de setembro de cada ano.

Con estas bolsas, buscan estudantes con antecedentes académicos excelentes, que se comprometan social e politicamente, e que ademais teñan un interese activo acerca dos valores básicos da fundación: A ecoloxía e a sustentabilidade, a democracia e os dereitos humanos, a autodeterminación e a xustiza.

https://www.boell.de/en/scholarships-application



Obradoiros De Outubro E Novembro De Nova Escola Galega


Técnica vocal (Nastasia Zürcher)
Xestión cultural (Diego Vázquez Meizoso)
Canto e percusión tradicional (Davide Salvado)
Iniciación ao audiovisual (Seispés Producións Creativas)
Formación homologada sobre “Autoestima feminina e novas masculinidades: Desaprendendo o sexismo desde as aulas” (Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez).

Nova Escola Galega
Rúa das Hedras nº 4, 2º 0
15895 Milladoiro (Ames)
Teléfono: 981 562 577
www.nova-escola-galega.org 
www.neg.gal

   

Becas Faro

FARO é un programa promovido e financiado polo Ministerio de Educación cuxo propósito é fomentar a mobilidade de estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de calidade en empresas situadas en Europa, Estados Unidos e Canadá e en empresas españolas ou multinacionais de Asia e Oceanía.

Para poder solicitar estas axudas requírese: 
Ser estudante, español ou estranxeiro menor de 30 anos, con residencia legal en España e estar a cursar estudos nunha universidade española.
Estar matriculado en ensinos universitarios conducentes á obtención dun título de Grao, Licenciatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura ou Arquitectura Técnica, e superar un mínimo do 70 por cento dos créditos necesarios para a obtención do devandito título. Así mesmo, poderán participar no programa os estudantes que leven a cabo un proxecto de fin de carreira establecido nos plans de estudos universitarios oficialmente recoñecidos.
Cumprir cos requisitos de entrada e estancia esixidos nos países de destino, previamente á súa incorporación.
Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou de calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación co mesmo obxecto ou finalidade.

Importante: Non é posible gozar simultaneamente dunha axuda FARO e unha ERASMUS.

Non poderán participar neste programa:
Titulados. Neste caso, lembramos a existencia dun programa dirixido a este público: ARGO.  www.becasargo.es  
Estudantes de Doutoramento, Máster ou doutro tipo de estudos de posgrao.
Estudantes doutro tipo de Ensinos Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións cursadas outros países.

Solicitude:
O proceso de solicitude pasa por tres etapas. Inicialmente é necesario completar o apartado de datos de aptitude para verificar se se cumpre ou non cos requisitos de participación. Os que superen esta etapa, poderán cumprimentar o formulario de datos persoais para rexistrarse na web do programa. Finalmente, deberán acceder á súa zona de usuario para completar o modelo normalizado de CV que se facilita. Executados estes tres pasos, os candidatos poderán participar nos posibles procesos de selección que se xestionen.

dotación económica varía en función do país de destino no que teña lugar a práctica e consta de: 
Pago das mensualidades en concepto de aloxamento e manutención, cuxo ingreso se realizará a mes vencido e comezará dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ao de inicio da estancia.
Unha viaxe de ida e volta.

O programa FARO desenvolverase entre 2015 e 2018

Máis información: http://www.becasfaro.es/home.php


Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos

 

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.  


 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 6 invitados conectado
Banner