Página 5 de 8 FORMACIÓN E BECAS: Plan de
formación de Xuventude e Voluntariado A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de formación de Xuventude e
Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade.
Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados
á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que
permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do
tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde
o eido da educación non formal.
A ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de
interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e
o liderado, recursos para o emprendemento no rural, educación emocional, a
dixitalización, recursos para un ocio inclusivo, formación en actividades
náuticas, eSports, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura,
etc.
No ámbito da acción voluntaria, tamén se ofrece formación específica nas
seguintes áreas: ambiental, interxeracional, educación, igualdade, acción
social, linguaxe LSE, emerxencias e nocións sobre a correcta solicitude e
presentación das subvencións de voluntariado.
O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 11 de abril de 2022, a partir das 10.00
horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos
cursos. Bolsas da
Fundación Once para cursos de idiomas A Fundación Once convoca o programa de axudas para a realización de cursos
de idiomas no estranxeiro ponse en marcha para reforzar as competencias
lingüísticas dos mozos con discapacidade e mellorar así as súas oportunidades
de atopar empregos cualificados, onde a esixencia dun idioma estranxeiro é cada
día máis frecuente. Os cursos formativos deberán desenvolverse entre o 1 de marzo e o 31 de
decembro de 2022. As estancias terán unha duración mínima de 4 semanas e máxima
de 12 semanas, de acordo cos demais requisitos esixidos nesta convocatoria. Requisitos:
- Ter unha discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%, recoñecida
oficialmente polo Organismo competente da súa Comunidade Autónoma.
- Cumprir os 18 anos e non cumprir os 30 no momento da solicitude.
- Ser beneficiario/a de o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no momento da
solicitude ou como máximo nos quince días anteriores á solicitude.
- Estar en posesión dun nivel mínimo B1 do idioma para o que se solicita a
axuda ou outro mecanismo de acreditación do nivel de idioma de acordo co
establecido no apartado IV da presente convocatoria.
- Matricularse nalgún curso de idiomas no estranxeiro dun mínimo de 4 semanas e
un máximo de 12 semanas de duración, durante as cales se deberá recibir
formación no idioma seleccionado de polo menos 20 clases semanais dun mínimo de
40 minutos cada unha.
- Dispoñer dun seguro médico que comprenda a totalidade do período de estancia
no estranxeiro para a realización do curso. Este seguro pode ser a tarxeta
sanitaria europea en vigor ou calquera outro que se contrate de maneira
específica. Dotación
Programas de 4 semanas: 2.000 euros
Programas de 6 semanas: 3.000 euros
Programas de 8 semanas: 4.000 euros
Programas de 10 semanas: 5.000 euros
Programas de 12 semanas: 6.000 euros Prazo aberto ata o 30 de
setembro de 2022.
https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx
|