Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) |
Página 8 de 8
PREMIOS E CONCURSOS: Concurso de
Redacción Xornalística de National Geographic A revista National Geographic España e RBA Libros anuncian a segunda
edición do Concurso de Redacción Xornalística en que mozas/os de entre 14 e 25
anos deberán escribir un editorial xornalístico expoñendo os retos aos que se
enfronta o planeta e expondo solucións. A temática deste terceiro concurso é "Somos o futuro", toda unha
declaración de empoderamento, de tomar as rendas sobre problemas como o cambio
climático, o uso desmesurado dos recursos, a falta de reciclaxe, a perda de
biodiversidade... e, por suposto, as solucións que moverán o desenvolvemento
nos próximos anos. Os mozos sodes o futuro, como o imaxinades? Como vedes que a
vosa xeración cambiará o planeta? Que inquietudes tedes sobre o mundo que vos
rodea?... Establécense tres categorías de participación: O editorial presentado por cada estudante participante deberá ser un texto
no que se analicen e expresen de maneira razoada algún ou algúns retos aos que
se enfrontan os mozos na súa relación co planeta, e propóñanse solucións.
Deberá ter obrigatoriamente un titular e un texto en lingua castelá, dunha
extensión de entre 400 e 500 palabras. Deberá ser un texto argumentativo
baseado en feitos e datos. As ideas e propostas expostas no editorial deberán
basearse en datos fiables. A participación será unicamente vía en liña, a través dun formulario no que
os participantes deberán introducir os seus datos persoais, ata o día 29 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular
española). Premios Premio Novos
Máshumano O Premio Novos máshumano de emprendemento social é unha iniciativa da
Fundación Máshumano cuxo obxectivo principal é fomentar e apoiar o talento
socialmente responsable nos mozos e mozas. Máshumano lanza este premio en colaboración co Injuve a través dunha
convocatoria pública aberta a mozos e mozas con idades entre 14 e 25 anos que,
co seu talento, capacidade de innovación e creatividade, desenvolvan solucións
aos retos expostos en cada convocatoria, a través de proxectos e ideas viables
e sostibles que respondan as demandas reais de empresas e entidades máis
humanas. Admitiranse todo tipo de iniciativas que acheguen melloras nas
organizacións e a sociedade: produtos sostibles que cubran necesidades sociais
ou ambientais, iniciativas de emprendemento social, ferramentas para a mellora
da calidade de vida de persoas con capacidades diferentes, etc. Esta convocatoria ten por obxecto a selección de proxectos empresariais e
ideas para a súa mentorización, formación e presentación no evento final, que
se celebrará entre os meses de novembro e decembro de 2022 en Madrid. Os proxectos seleccionaranse en función de diversos criterios, tales como:
o carácter innovador da proposta, viabilidade económica, escalabilidade e
políticas de responsabilidade social corporativa aplicadas a toda a cadea de
produción da empresa ou entidade. Establécense as seguintes categorías de participación: Presentación de iniciativas ata o 30 de xuño de 2022. Para os proxectos gañadores en cada categoría principal do premio:
|