Ayuntamiento

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

 

FORMACIÓN E BECAS:

 

 Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Carballiño

 

A Escola de tempo libre Recursos convoca un curso de monitor de actividades de ocio e tempo libre en Carballiño
Datas:  do 27 de xaneiro ata o 5 de maio.
Horario:  de 10 a 14h de 16:00 a 20:00.
Prezo:  260€

Máis información:
Escola de tempo libre Recursos, teléfono 981 558 374
Mancomunidade dos concellos do Carballiño, teléfono 988 274 010

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Narón

 

A Escola de Tempo Libre Abraio convoca un curso de monitor de actividades de tempo libre en Narón
Datas:  do 2 de febreiro ata ao 25 de marzo.
Horario:  venres de 16:00 a 21:00 e sábados e domingos de 9 a 14h de 16:00 a 21:00.
Lugar:  Centro Sociocomunitario Manuela Pérez Sequeiros. Rúa María Casares s/n, 15570 Narón
Prezo:  250€. Inclúe taxas de título

Máis información:
Escola de Tempo Libre ABRAIO
Teléfono móbil: 680 33 76 58
Teléfono fixo: 981 92 93 54
Enderezo electrónico:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Riveira

A Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas convoca un curso de monitor de actividades de tempo libre en Riveira
Datas:  do 17 de febreiro ata ao 10 de xuño.
Horario:  venres de 16:00 a 21:00 e sábados e domingos de 9 a 14h de 16:00 a 21:00.
Lugar:  Lugar Touro, nº 1 Baixo. 15960 Riveira
Prezo:  195€.

Máis información:
Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas
981 97 27 44 – 630 065 890
www.escoladasillas.com 
www.xestiondeocio.com 
https://www.facebook.com/xestiondeocio/ 
https://twitter.com/xestiondeocio 
https://www.instagram.com/golfino_xestion_de_ocio/

 

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre Na Coruña

A Escola de Tempo Libre Abraio convoca un curso de monitor de actividades de tempo libre na Coruña
Datas:  do 2 de febreiro ata ao 25 de marzo.
Horario:  venres de 16:00 a 21:00 e sábados e domingos de 9 a 14h de 16:00 a 21:00.
Lugar:  Sarquavitae Matogrande. Rúa Federico García 2, 15009 A Coruña
Prezo:  250€. Inclúe taxas de título

Máis información:
Escola de Tempo Libre ABRAIO
Teléfono móbil: 680 33 76 58
Teléfono fixo: 981 92 93 54
Enderezo electrónico:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Curso De Voluntariado De Intered

InteRed Galicia convoca unha nova edición do Curso de Voluntariado. 
O obxectivo deste curso é formar un voluntariado capaz de transformar a realidade da súa contorna máis próxima, traballando ao redor dos tres grandes eixos de InteRed: a educación transformadora, a equidade de xénero e a sustentabilidade do noso planeta.

Datas:  Do 3 de febreiro ao 21 de abril. Traballarase nunha serie de talleres e clases teóricas deseñadas para proporcionar o coñecemento e as ferramentas necesarias para levar a cabo un voluntariado eficaz e con impacto, traballando sempre dentro dun ambiente participativo.

Para rexistrarse no curso, enche o seguinte formulario: 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScrCHl1STc9IHg_86s-XH2YGR2lzfIFX0AJJUuGmLdxVfRtGg/viewform

Máis información en Facebook: https://www.facebook.com/events/910146755819364

 

 

Big Data Management, Technologies And Analytics

 

Lidera Knowledge en colaboración co ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia) organiza o curso  Big Data Management, technologies and analytics.

O programa ASIMERED é unha iniciativa de RED.ES (Red.es é unha entidade pública empresarial do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (MINETAD)), en colaboración con ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia), asociación que conta con máis de 700 empresas asociadas, representativas do sector industrial.
O obxectivo é dotar aos mozos desempregados dunha formación punteira, moi demandada na actualidade, para a súa inserción no mercado laboral.

Índice de contidos:
1. Big Data. Conceptos Técnicos e Operacións
2. Data  Management
3. Data  Analytics
4. Hands- on  Experiene: Data  Management  and  Analytics
5. Dirección de proxectos Big Data

Impartirase en modalidade presencial, cunha duración de 345 horas, impartidas durante 6-8 horas diarias desde o 31/01/2018 ata o 24/04/2018, nas instalacións de Vigo situadas en Rúa  Doutor Corbal número 51. 
O
 horario será de 8.30 h a 14.30 h de luns a venres, ademais de dúas horas pola tarde a maiores, de 16.00 h a 18.00 h, os martes e os xoves.
Trátase dunha formación de alta calidade, impartida por directivos do mundo empresarial en colaboración con docentes recoñecidos en escolas de negocio e formación empresarial a directivos.
A formación impartida é 
gratuíta para o alumno.
Todos os alumnos admitidos entrarán nunha bolsa de emprego para ser contratado en empresas tecnolóxicas, nun posto de traballo acorde á formación recibida.

Para a selección dos candidatos, os requisitos establecidos unicamente son os establecidos para participar no programa de Garantía Xuvenil  así como interese pola área tecnolóxica, dado que  tanto a formación como a inserción laboral realizarase neste ámbito:
Menores de 30  anos
Desempregados
Pertencentes ao sistema de Garantía Xuvenil.

Máis información :  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

http://www.asimered.es/

 

Curso Gratuíto De Formación De Mediadores/ As En Lecer Nocturno Xuvenil

curso gratuíto de formación de mediadores/ as en lecer nocturno xuvenil

A Asociación Xuvenil Aberto Ata o Amencer abre as inscricións para a realización de o  XIIcurso de formación de mediadores/ as en lecer nocturno xuvenil, co obxectivo de formar a grupos de profesionais que estean en contacto directo con mozos e grupos de mozos, desde a metodoloxía da participación e a intervención comunitaria, para que sexan eles/ as mesmos/ as os que poñan en marcha acciones preventivas en drogodependencias no marco do lecer xuvenil nas súas localidades.

Están programadas dúas fases para este curso:

1ª Fase, que se impartirá en Xixón: 22, 23, 24 e 25 de Febreiro de 2018.

2ª Fase, que se impartirá en Sant Boi de Llobregat: 22, 23 e 24 de Xuño de 2018.

Trátase dun curso de ámbito estatal e gratuíto, cos gastos de matrícula, aloxamento e manutención cubertos pola propia asociación, aínda que os/ as participantes asumirán os gastos de desprazamento.

Convoca: Asociación Xuvenil Aberto ata o amencer.

Inscricións. Teléfono: 985 31 34 01. E-mail:  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

Máis información:

http://www.injuve.es/convocatorias/cursos/xii-curso-de-formacion-de-mediadores/as-en-ocio-nocturno-juvenil

 

 

 

Curso Para Obter O Certificado De Aptitude De Profesor De Formación Viaria

 

A Dirección Xeral de Tráfico convoca un curso para obter o certificado de aptitude de Profesor de Formación Viaria.

Requisitos:

a) Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.

b) Ser titular do permiso de condución da clase B, polo menos, en vigor, que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, cunha antigüidade mínima de dous anos.

c) Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen ao grupo 2 de condutores, segundo o disposto no artigo 45 do Regulamento Xeral de Condutores.

 Prazo de solicitudes; O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación da presente Resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE Núm. 4 Xoves 4 de xaneiro de 2018).

Máis información:

http://www.boe.es/boe/dias/2018/01/04/pdfs/BOE-A-2018-159.pdf

 

Axudas Ao Alumnado De Segundo E Posteriores Cursos Matriculado Nas Universidades De Galicia

A Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo).

Requisitos:
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.

Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2015/16 ou no 2016/17 e non a ter obtido no curso 2017/18.

Ter superado no curso 2016/17 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
- En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (Enxeñaría ou Arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.
- En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.

Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.

Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares: 
Familias de 1 membro: 14.112,00 €.
Familias de 2 membros: 24.089 €.
Familias de 3 membros: 32.697 €.
Familias de 4 membros: 38.831 €.
Familias de 5 membros: 43.402 €.
Familias de 6 membros: 46.853 €.
Familias de 7 membros: 50.267 €.
Familias de 8 membros: 53.665 €.
A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia.
    
A dotación asignada a cada persoa beneficiaria será a do importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula, que é dun máximo de 835,8 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 591 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de febreiro de 2018

Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2018

 

Bolsas De Posgrao No Estranxeiro

A Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa convoca bolsas de posgrao no estranxeiro e comunica a apertura do prazo de inscrición da XXIX convocatoria do
Programa de bolsas de posgrado no estranxeiro. Esta convocatoria está dirixida a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións
de referencia en todo o mundo.


Prazo de inscrición: do 4 de decembro de 2017 ao 5 de febreiro de 2018.


Bases e inscrición: www.fbarrie.org

 DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180105/AnuncioG0253-141217-0001_gl.pdf

 

 

Bolsas De Posgrao E De Doutoramento En España E No Estranxeiro

INPhINIT é un novo programa de bolsas de doutoramento destinado a incorporar nos mellores centros de investigación españois a mozos investigadores internacionais nos campos da tecnoloxía, a enxeñería, a física, as matemáticas, as ciencias da saúde e da vida. Promovido pola Obra Social ”La  Caixa”,  INPhINIT ten por obxectivo apoiar aos mellores talentos científicos e fomentar a investigación de alta calidade e innovadora en España mediante a contratación de estudantes internacionais sobresalientes, a quen se lles ofrece unha contorna atractiva e competitiva no que realizar unha investigación de excelencia.
En cada convocatoria,  INPhINIT selecciona a 57 mozos investigadores de todas as nacionalidades, aos que se lles ofrece un contrato laboral de 3 anos para a realización do doutoramento nos centros acreditados cos distintivos Severo  Ochoa ou María de  Maeztu e nos Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III. Ademais, os investigadores establecen un plan de desenvolvemento de carreira profesional, que inclúe oportunidades de mobilidade  transnacionales,  intersectoriales e interdisciplinarias, e contan cun programa de formación complementaria.
Prazo: 1 de febreiro de 2018
 
Estudos de Posgrao en Europa   
A Obra Social "La  Caixa" convoca 65 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES), salvo España, para o que xa se ofrece unha convocatoria específica. 
Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.
Prazo: 1 de febreiro de 2018

Estudos de doutoramento en España
A Obra Social "La  Caixa" convoca 20 bolsas para cursar un doutoramento en universidades ou centros de investigación españois. Prazo: 27 de febreiro de 2018 
 
Estudos de Posgrao en América do Norte
A Obra Social "La  Caixa" convoca 55 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).
Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.
Prazo: 21 de marzo de 2018

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/programa-de-becas-de-posgrado/en-un-vistazo

 

Bolsas Aeroespaciais

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca 11 bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico de recentemente titulados nas materias e proxectos propios do Instituto

Requisitos:
Titulados universitarios de nacionalidade española ou dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiros residentes en España no momento de solicitar a bolsa que se atopen en posesión do título de Graduado, Licenciado, Enxeñeiro, Enxeñeiro Técnico + Master Oficial ou equivalentes, sempre que terminen os seus estudos e obteñan o título con posterioridade ao 15 de xaneiro de 2014 e antes do 14 de xaneiro de 2018.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2018 en http://sede.defensa.gob.es/acceda/prehome.html 
Máis información no BOE do 9 de xaneiro de 2018 e en http://www.inta.es/opencms/export/sites/default/INTA/es/bolsa-de-empleo/oportunidad_1515491050322/


 

Bolsas De Internacionalización Empresarial De ICEX

O Ministerio de Economía convoca 285 axudas para a formación de mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial:

As axudas instrumentalizaranse en dúas fases: 
Fase I: consistirá en formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro.
Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España e en Organismos Internacionais dos que España é membro. Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
b) Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1990.
c) Estar en posesión, dunha titulación universitaria superior de carácter oficial: Licenciatura/Enxeñería Superior/Arquitectura/Grao.
d) Dominar a lingua española.
e) Acreditar, documentalmente, posuír coñecemento avanzado de inglés (o nivel mínimo esixido, é o B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)). Aceptaranse os títulos emitidos a partir do 1 de xaneiro de 2013.
f) Non ser beneficiario destas bolsas en edicións anteriores.

Contía:
Na Fase I a axuda consistirá, fundamentalmente, nunha dotación bruta anual comprendida entre un mínimo de 21.000 euros e un máximo de 48.000 euros en función do país e cidade de destino. Na Fase II a axuda detallarase no Programa de Prácticas en Empresas e Institucións que se aprobará en 2020.
 
prazo de presentación de solicitudes será do 1 de marzo ao 7 de maio de 2018.
Máis información en http://www.icex.es/icex/es/navegacion-principal/todos-nuestros-servicios/formacion/becas/conoce-las-becas-icex/index.html  e no BOE do 3 de xaneiro de 2018, na sección de anuncios


 

Bolsas De Formación En Asuntos Europeos

A Fundación Galicia Europa convoca seis bolsas de formación para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas:

4 bolsas estarán destinadas a persoas tituladas universitarias para a formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas políticas, así como coa captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos, nas que se valorarán preferentemente as seguintes titulacións: grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais e Ciencias Económicas. Destas catro bolsas, dúas estarán destinadas na oficina da FGE de Bruxelas e outras dúas na de Santiago de Compostela.

1 bolsa estará destinada a persoas tituladas universitarias para a formación en comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da presenza de Galicia nos organismos europeos, con destino na oficina de Bruxelas. As persoas candidatas a esta bolsa deberán estar en posesión do grao ou licenciatura en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.

1 bolsa estará destinada a persoas técnicas superiores de formación profesional para a realización de prácticas con destino na oficina de Bruxelas que deberán estar en posesión da titulación de técnica/o superior en Secretariado ou en Asistencia á Dirección.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2018 cunha duración máxima de 11 meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.

Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
1. Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ou ser fillo/filla de galegos ou acreditar residencia en Galicia desde antes do 1 de xaneiro de 2015.
3. Titulación: estar en posesión dalgún dos títulos requeridos.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770N
prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de xaneiro de 2018.
Máis información no DOG do 28 de decembro de 2017 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2.asp?idSeccion=8

 

 

Bolsas Internacionais De Posgrao En Alemaña

A Fundación Heinrich Böll convoca bolsas internacionais de posgrao en Alemaña

O prazo de solicitude é do 1 de marzo ao 1 de setembro de cada ano.

Con estas bolsas, buscan estudantes con antecedentes académicos excelentes, que se comprometan social e politicamente, e que ademais teñan un interese activo acerca dos valores básicos da fundación: A ecoloxía e a sustentabilidade, a democracia e os dereitos humanos, a autodeterminación e a xustiza.

https://www.boell.de/en/scholarships-application

 

 

Axudas Complementarias A Erasmus+

 

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As 
axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.
A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea: 
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/programme-guide

A presentación das solicitudes realizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2018.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2018 e en 
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 


 

Axudas De Mobilidade Para O Alumnado De Erasmus Estudos

 

Axudas de mobilidade para o alumnado de Erasmus Estudos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2017/18.

Destinatarios: Estudantes que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2017/18 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 1Martes, 2 de xaneiro de 2018 ).

Máis información: DOG Núm. 1Martes, 2 de xaneiro de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180102/AnuncioG0164-301117-0003_gl.html

 

 

Máster En Universidades De EE.UU.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 12 axudas para a realización de estudos de Máster en Universidades de Estados Unidos de América para o curso 2018-2019.

As persoas solicitantes han de estar en posesión ou en condicións de obter un título de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente, debendo concluír os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2014. Os estudantes que estean a finalizar os estudos no curso 2017-2018 non poderán participar na convocatoria. O expediente académico debe ter unha nota media, na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos e ha de acreditarse cursar como mínimo 240 créditos.

Outros requisitos:
Nacionalidade española ou de calquera país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo con residencia en España,
Non gozar bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.
Non obter ningunha titulación superior emitida por universidades de EE.UU., nin estar a realizar estudos de posgrao ou proxectos de investigación  predoctoral en EE.UU.
Non finalizar ningún doutoramento.
Non gozar unha bolsa  Fulbright de ampliación de estudos de posgrao.
Excelente coñecemento do idioma inglés.
Acreditar solicitar a admisión para os estudos de master nunha universidade de EE. UU.

Contía:
Dotación mensual de 2.220 €.
Unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas por importe máximo de 20.000 €.
Dotación de 1.500 € para gastos de viaxe de ida e volta, financiada con cargo á Comisión  Fulbright.
Seguro de accidentes corporais e de asistencia sanitaria

prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2018 ata as 14 horas do 5 de febreiro de 2018

Máis información no BOE do 23 de decembro de 2017

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-universitario/becas-ayudas/formacion/becas-master-humanidades-eeuu.html


 

Bolsas De Posgrao No Estranxeiro 2018

A Fundación Barrié convoca a 29º edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.

Requisitos: 
Ter a nacionalidade española.
Ter vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase unicamente nos seguintes supostos: 
a) Candidatos/as nados/as en Galicia 
b) Persoas candidatas cun proxenitor nado en Galicia 
c) Persoas candidatas empadroadas en calquera dos concellos de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
Estar en posesión dun título superior expedido por unha universidade española ou estranxeira (homologado polo Ministerio de Educación). Tamén poderán solicitar a bolsa os/as candidatos que estean cursando o seu último ano durante o curso académico 2017-2018.

Dotación:
A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 € anuais, que se aplicarán total ou parcialmente, por esta orde, aos seguintes conceptos:
1. Matrícula do programa no centro de destino
2. Dotación inicial única de 1000 € para gastos de viaxe e instalación
3. Asignación mensual de 1.600 € en concepto de aloxamento, manutención

prazo para solicitar as becas estará aberto ata o 5 de febreiro de 2018

http://www.fundacionbarrie.org/bolsas-posgrao-estranxeiro2?newlang=galician

 

 

Curso De Director/A De Tempo Libre En Betanzos

A Escola de tempo libre Querqus organiza un curso de Director/a de tempo libre en Betanzos
O curso celebrarase no Espazo Xove de Betanzos.
Rúa Valdoncel  7
Datas:dende o 19 de febreiro ata o 29 de abril de 2017. Algún dia de vacacións escolares en semana santa
Horario:sábados e algún domingo, de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas
Prezo:260 euros (con desconto 250 euros). Pódese fraccionar o pago e hai descontos por carné xove, membros de AA.XX, membros da fundación Fragas do Mandeo e desempregados
Máis información en
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla teléfono 981 774 089 (polas tardes)

 

 Bolsas para o Instituto Universitario Europeo

 

·         O Ministerio de Educación convoca axudas para contratos predoctorales do Programa "Salvador de Madariaga" no Instituto Universitario Europeo para o ano 2018

·         Beneficiarios: os titulados universitarios que estean posesión do título de licenciado, grao ou de master ou os seus equivalentes, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutoramento no Instituto Universitario Europeo de Florencia, nos devanditos campos. E que en todo caso, deberán terminar e acreditar estar en posesión do título que lle dea acceso ao doutoramento con anterioridade ao día 10 de xullo de 2018.
Deberán finalizar os estudos aos que se refire o parágrafo anterior, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e ser menores de 30 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Posuír o Certificado do Nivel  C1 de inglés.

·         Contía: 12 axudas para contratación cunha dotación económica mensual de 1.400 euros durante os dous primeiros anos e de 1.500 euros durante o terceiro e cuarto ano, máis dúas pagas extraordinarias cada un dos catro anos.
Cada beneficiario gozará dunha axuda de viaxe para o primeiro ano de estancia no Instituto e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 euros cada unha.

·         O prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 31 de xaneiro de 2018 ás 14:00 h.

·         Máis información nos anuncios do BOE do 2 de decembro de 2017 e en 
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/profesorado/profesorado-universitario/becas-ayudas/formacion/ayudas-salvador-madariaga.html

  

Curso De Monitores/As De Actividades De Tempo Libre En Lugo

 

A Escola de Tempo Libre Vitae organiza un curso de Monitores/as de tempo libre en Lugo

Datas:
Mañas de luns a  Venres: do 5 de Febreiro ó 3 de Abril.
Tardes de Luns a Venres: do 5 de Febreiro ó 3 de Abril.
Intensivo fins de semana: do 3 de Febreiro ó 15 de Abril.
Agás a ponte de Semana Santa.
 
Horario:
Mañas de Luns a Venres: de 9:00 a 14:00.
Tardes de Luns a Venres: de 16:00 a 21:00 
Sábados e domingos: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Prezo: 220 € / 200 €, no caso de vir acompañado/a.

Máis información na Escola de Tempo Libre Vitae 982 220 372 e 604 004 292
https://grupovitae.com/escuela-tiempo-libre/

Bolsas Vulcanus En Xapón

O Goberno de Xapón convoca as bolsas Vulcanus

Requisitos: Estudantes de último ano de grao ou posgrao de enxeñería ou ciencias. Inclúe 4 meses de formación lingüística e 8 meses de prácticas nunha empresa.

Prazo:  20 de xaneiro de 2018

A dotación económica que ofrece estas bolsas ascende a 1.900.000  yen que cubrirán os gastos de viaxe de ida e volta e os gastos básicos de manutención en Xapón. A iso súmaselle os seminarios, cursos de idiomas e o aloxamento. 

http://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan


 Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Pontevedra

A Escola de tempo libre Argalladas organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre en Pontevedra
Datas:  do 16 de decembro ao 27 de xaneiro de 2018.
Horario:  intensivo Nadal de 9h a 15h e de 16h a 20h.
Lugar:  Casino Mercantil na praza Curros Enríquez
Prezo:  210 €. Inclue título de Monitor/a de educación medioambiental
Máis información: 
Escola de tempo libre Argalladas. Teléfono: 693 437 544

https://www.facebook.com/ETL-Argalladas-1638589209737733/

 

Bolsas De Posgrao E De Doutoramento En España E No Estranxeiro

 

INPhINIT é un novo programa de bolsas de doutoramento destinado a incorporar nos mellores centros de investigación españois a mozos investigadores internacionais nos campos da tecnoloxía, a enxeñería, a física, as matemáticas, as ciencias da saúde e da vida. Promovido pola Obra Social ”La  Caixa”,  INPhINIT ten por obxectivo apoiar aos mellores talentos científicos e fomentar a investigación de alta calidade e innovadora en España mediante a contratación de estudantes internacionais sobresalientes, a quen se lles ofrece unha contorna atractiva e competitiva no que realizar unha investigación de excelencia.
En cada convocatoria,  INPhINIT selecciona a 57 mozos investigadores de todas as nacionalidades, aos que se lles ofrece un contrato laboral de 3 anos para a realización do doutoramento nos centros acreditados cos distintivos Severo  Ochoa ou María de  Maeztu e nos Institutos de Investigación Sanitaria Carlos III. Ademais, os investigadores establecen un plan de desenvolvemento de carreira profesional, que inclúe oportunidades de mobilidade  transnacionales,  intersectoriales e interdisciplinarias, e contan cun programa de formación complementaria.
Prazo: 1 de febreiro de 2018
 
Estudos de Posgrao en Europa   
A Obra Social "La  Caixa" convoca 65 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de ensino superior de países do Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES), salvo España, para o que xa se ofrece unha convocatoria específica. 
Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.
Prazo: 1 de febreiro de 2018

Estudos de doutoramento en España
A Obra Social "La  Caixa" convoca 20 bolsas para cursar un doutoramento en universidades ou centros de investigación españois.
Prazo: 27 de febreiro de 2018 
 
Estudos de Posgrao en América do Norte
A Obra Social "La  Caixa" convoca 55 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de América do Norte (Estados Unidos ou Canadá) e en universidades da zona Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).
Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten, en función do interese do tema e a valía do candidato, os proxectos  predoctorales de investigación científica e técnica.
Prazo: 21 de marzo de 2018

https://obrasociallacaixa.org/es/investigacion-y-becas/programa-de-becas-de-posgrado/en-un-vistazo


 

 Curso De Monitor De Actividades De Tempo Libre En Pontevedra


A Escola de tempo libre Aika convoca un curso de monitor de actividades de tempo libre en Pontevedra.

Lugar:  Escuela de Tiempo Libre AIKA. R/ Gorgullón 42, baixo. 36003 Pontevedra
Datas:  Do 11 de decembro ao 21 de febreiro de 2018
Horario:  de luns a venres de 9 a 14h.

Escuela de Tiempo Libre AIKA
R/ Gorgullón 42. 36003 Pontevedra
Tlf: 986 848 486

 

Curso De Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Santiago

A Escola de tempo libre Altair Galiza convoca un curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Santiago.

Lugar:  Rúa do Home Santo, 29 B. Santiago de Compostela.
Datas:  Do 27 de xaneiro de 2018 ao 15 de abril de 2018 (fins de semana)
Matrícula:  260 €. Posibilidade de pago en tres prazos de 65 € mais entrada de 65 € (o total debe estar satisfeito antes do 15 de xaneiro de 2018).
Membros dos equipos educativos de Altair ou persoas que desexen pertencer ao voluntariado educativo de Altair: 75 euros
Inclúe: 
A fase práctica do curso con orientación permanente na procura de entidades acolledoras de prácticas, apoio durante toda a fase de prácticas  e titorización personalizada do proceso individual de cada alumno/a.
Curso de manipulación de alimentos
Seguro de responsabilidade civil
Poliza de accidentes para o alumnado (na fase teórico-práctica)
Material e actividades

Máis Información:  https://etlaltairgaliza.wordpress.com/
Inscrición aquí:  https://etlaltairgaliza.wordpress.com/inscribete/

 

 

Taller De Son, Imaxe E Comunicación

 

Taller de Son, Imaxe e Comunicación (5ª Ed.) que desenvolve a Fundación Paideia e a Asociación DELOA en colaboración ca Escola de Organización Industrial. Aberto prazo de inscrición.

Está dirixido a mozos e mozas desempregados e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, que non están integrados en ningún itinerario educativo. Terá lugar entre 14 de decembro e o 16 de febreiro en Padrón (A Coruña). Trala participación no Taller, existe posibilidade de acceso a estancias de prácticas formativas no estranxeiro ou contratación laboral en empresas galegas.

Que contidos ten o programa?
A orixe da música
Percusión e Ritmo
Taller de Radio
Rexistro do Son
Paisaxe e Espazo sonoro
Elaboración de Vídeo-currículo
Taller de Curtametraxe
Taller de Videoclip
Ademais, falarase sobre o que debes saber sobre o mundo laboral, a través de visitas formativas a empresas, e charlas sobre emprendemento, procura de emprego (cartas de motivación, CV), procesos de selección (role-playing de entrevistas), idiomas, resolución de conflitos, xénero.

É un programa de 10 horas de titorías individuais e 100 horas de formación grupal (16-20 persoas).

Onde e cando?
Lugar:  Padrón. Sede Fundación Paideia (Lugar da Escravitude).
Datas:  14 decembro 2017 ao 16 febreiro 2018

Máis información: https://www.paideia.es/taller-sic/


Bolsas Erasmus Mundus

A Comisión Europea xunto coa Asociación Erasmus Mundus convocan bolsas

Destinatarios/as:
Agricultura e Veterinaria, Enxeñería, Fabricación e Construción, Saúde e Benestar, Humanidades e artes, Ciencia, Matemáticas e Informática, Ciencias Sociais, Negocios e Dereito.

prazo para solicitalas finaliza no mes de xaneiro de 2018.

Os estudantes de Master poden postular a un máximo de tres programas diferentes. Tanto os estudantes como posibles bolseiros / conferenciantes convidados deben contactar á institución relevante para obter máis información sobre os cursos e os procedementos de solicitude.

https://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus/library/scholarships-catalogue_en

 

Bolsa De Astronomía De Boustany

Boustany Foundation convoca unha bolsa de astronomía.
A bolsa de doutoramento en Astronomía de Boustany concédese unha vez cada tres anos, para un curso de doutoramento no Instituto de Astronomía da Universidade de Cambridge.
A bolsa ofrece todos os gastos de matrícula e colexio e os gastos de viaxe e aloxamento relacionados coa pasantía.

Requisitos: candidatos de todas as nacionalidades con excelente formación académica.
Prazo: 28 de febreiro de 2018

Máis información:
http://www.boustany-foundation.org/scolarship-programs/Astronomy-PhD-Cambridge


Obradoiros De Outubro E Novembro De Nova Escola Galega


Técnica vocal (Nastasia Zürcher)
Xestión cultural (Diego Vázquez Meizoso)
Canto e percusión tradicional (Davide Salvado)
Iniciación ao audiovisual (Seispés Producións Creativas)
Formación homologada sobre “Autoestima feminina e novas masculinidades: Desaprendendo o sexismo desde as aulas” (Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez).

Nova Escola Galega
Rúa das Hedras nº 4, 2º 0
15895 Milladoiro (Ames)
Teléfono: 981 562 577
www.nova-escola-galega.org 
www.neg.gal

   

Becas Faro

FARO é un programa promovido e financiado polo Ministerio de Educación cuxo propósito é fomentar a mobilidade de estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de calidade en empresas situadas en Europa, Estados Unidos e Canadá e en empresas españolas ou multinacionais de Asia e Oceanía.

Para poder solicitar estas axudas requírese: 
Ser estudante, español ou estranxeiro menor de 30 anos, con residencia legal en España e estar a cursar estudos nunha universidade española.
Estar matriculado en ensinos universitarios conducentes á obtención dun título de Grao, Licenciatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura ou Arquitectura Técnica, e superar un mínimo do 70 por cento dos créditos necesarios para a obtención do devandito título. Así mesmo, poderán participar no programa os estudantes que leven a cabo un proxecto de fin de carreira establecido nos plans de estudos universitarios oficialmente recoñecidos.
Cumprir cos requisitos de entrada e estancia esixidos nos países de destino, previamente á súa incorporación.
Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou de calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación co mesmo obxecto ou finalidade.

Importante: Non é posible gozar simultaneamente dunha axuda FARO e unha ERASMUS.

Non poderán participar neste programa:
Titulados. Neste caso, lembramos a existencia dun programa dirixido a este público: ARGO.  www.becasargo.es  
Estudantes de Doutoramento, Máster ou doutro tipo de estudos de posgrao.
Estudantes doutro tipo de Ensinos Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións cursadas outros países.

Solicitude:
O proceso de solicitude pasa por tres etapas. Inicialmente é necesario completar o apartado de datos de aptitude para verificar se se cumpre ou non cos requisitos de participación. Os que superen esta etapa, poderán cumprimentar o formulario de datos persoais para rexistrarse na web do programa. Finalmente, deberán acceder á súa zona de usuario para completar o modelo normalizado de CV que se facilita. Executados estes tres pasos, os candidatos poderán participar nos posibles procesos de selección que se xestionen.

dotación económica varía en función do país de destino no que teña lugar a práctica e consta de: 
Pago das mensualidades en concepto de aloxamento e manutención, cuxo ingreso se realizará a mes vencido e comezará dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ao de inicio da estancia.
Unha viaxe de ida e volta.

O programa FARO desenvolverase entre 2015 e 2018

Máis información: http://www.becasfaro.es/home.php


Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos

 

Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas.
É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia.

Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros.

A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.  


 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 60 invitados conectado
Banner