Ayuntamiento

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
Indice del artículo
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
CARNÉ XOVE
QUÉROTE +
OCIO E TEMPO LIBRE
FORMACIÓN E BECAS
FORMACIÓN
OCIO E TEMPO LIBRE
CONCURSOS

  

PREMIOS E CONCURSOS: 

 

 Certame De Microrelatos Valórate 


A Asociación Cultural "Outra Vaca no Millo" convoca un certame de microrrelato centrado na autoestima e o autoconcepto e como iso pode cambiar realidades sociais na forma de realcionarnos cos demais.

A convocatoria vai dirixida a xente nova entre 16 e 30 anos.

A extensión das obras será dun máximo de cincocentas palabras, inclúido o título. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego.

O prazo de presentación remata o día 21 de setembro. Os traballos deberán ser enviados ao seguinte enderezo electrónico:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Máis Información: consultar tríptico


Xuventude Crea 2018

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de  teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e skate.

Poderán participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2018.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de setembro de 2018.

Premios por cada unha das especialidades:
– Un primeiro premio de 3.000 €.
– Un segundo premio de 1.500 €.
– Un terceiro premio de 1.000 €.

Teatro:
Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre os 14 e 16 anos.

Artes plásticas:
Establécense as seguintes modalidades: pintura e escultura.
Deberase presentar en CD, unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, ficha técnica da obra na que se indicará o título, o ano de realización, a técnica empregada, as dimensións reais, así como o seu peso (isto último só no caso da escultura). No caso de obras escultóricas, as fotografías deberán presentarse desde diferentes perspectivas para que se poida realizar a valoración adecuada destas.

Fotografía:
As persoas participantes presentarán en CD, unha ou varias fotografías, ata un máximo de 6, en cor ou branco e negro da obra presentada, ficha técnica da obra na que se indicará o título, o ano de realización, a técnica empregada e as dimensións reais. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes, só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición ou, previamente, cando a xuízo da comisión sexa necesario velas co fin de outorgar os premios.

Música:
Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea. 
Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos/as participantes que se presenten como solistas.

Relato breve:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema será libre. As obras, que deberán presentarse en CD, realizaranse a ordenador, en tamaño 12 e a dobre espazo. Terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10 e as follas estarán numeradas.

Poesía:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema e a técnica serán libres. As obras, que deberán presentarse en CD, realizaranse a ordenador, en tamaño 12 e a dobre espazo. Terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100 e as follas estarán numeradas.

Videocreación:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
Quedan excluídas deste certame todas as obras que teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes.
O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.
A duración de cada obra será dun mínimo de 1 minuto e un máximo de 4 minutos.
A realización das obras debe ser posterior ao 1 de xaneiro de 2017.

Banda deseñada:
As obras serán orixinais e inéditas.
A temática será libre, con textos en galego.
A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.
O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais.
Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

Graffiti:
As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego.
O tema e a técnica serán libres.
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.

Deseño de xoias:
A colección debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O remate das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiería e excluirá a utilización de fornituras compradas.
Os/as participantes presentarán unha fotografía de cada unha das 3 xoias que poderán ser tanto para home como para muller.

Moda:
As coleccións deben ser orixinais.
Os/as participantes presentarán unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.

Cociña:
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.
Só se admitirá unha receita por participante, sexa individual ou en grupo.
A receita presentada por cada participante –individual ou en grupo- pode ser a elaboración dun prato salgado ou doce. A base do prato será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
As persoas participantes presentarán:
a) A receita, que deberá estar escrita en lingua galega, terá que incluír o título do prato, a relación de ingredientes –avalados, prioritariamente, por algunha das denominacións de orixe de Galicia– e o proceso de elaboración.
b) Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD.
O tempo de elaboración do prato non poderá exceder as 2 horas.

Skate:
Esta especialidade incluirá dúas disciplinas: street e mini-rampla.
A duración da intervención será entre 1 minuto e 1 minuto e 30 segundos.
As persoas participantes presentarán:
a) Unha gravación que recolla unha intervención do/da participante realizando skate na disciplina de street e/ou mini-rampla. A obra poderá ser producida en calquera formato de vídeo, pero deberán presentalo en DVD, onde figurará o título e o pseudónimo do autor ou autora.
b) Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación na fase final do certame, no suposto de resultar seleccionado/a.

Máis información no DOG do 10 de agosto de 2018 e en https://sede.xunta.es co procedemento BS310Q

 

  

Premios Extraordinarios Nas Ensinanzas Artísticas

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG de hoxe a ORDE do 27 de agosto de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2017/18.

Máis información: DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018

 

 VI Premios Ao Voluntariado Universitario

Periodo de inscripción: Do 01/06/2018 ao 31/10/2018

A Fundación Mutua Madrileña lanzou a VI edición de os Premios ao Voluntariado Universitario, unha iniciativa que recoñece a labor solidaria da mocidade universitaria que colabora en proxectos de voluntariado a través dalgunha ONG. Esta iniciativa conta co recoñecemento do selo Talento NovoInjuve.

 

Na web www.premiosvoluntariado.com pódense consultar tanto os requisitos que como os documentos a presentar. A grandes liñas, hai que cumplimentar a Ficha técnica do proxecto, presentar un resumo explicativo da iniciativa de voluntariado, un  vídeo explicativo da actividade e varias fotos que ilustren o proxecto. Así mesmo, hai que presentar algún documento que evidencie que, polo menos tres dos voluntarios que colaboran na iniciativa, son estudantes universitarios na actualidade ou terminaron os seus estudos nun prazo non superior a dous anos. Ademais, hai que ter en conta que todos os proxectos deben contar co respaldo dunha ONG, posto que a contía do premio destinarase á organización sen ánimo de lucro para sufragar o proxecto presentado.

Os proxectos deben presentarse exclusivamente de forma online e nun único envío ao e-mail  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla   ou a través de WeTransfer, especificando o nome do proxecto. As candidaturas deben ser presentadas e enviadas polos alumnos e non polas ONG ou as universidades colaboradoras. O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto desde o 1 de xuño ao 31 de outubro ás 14:00 horas.

Convoca: Fundación Mutua Madrileña

Dotación: En total serán 6 os premios que repartirá a Fundación Mutua Madrileña. O proxecto gañador recibirá 10.000 euros, mentres que os outros 5 proxectos finalistas obterán 5.000 euros cada un.

Máis Información: consultas a través do e-mail  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla  ou no teléfono 91 171 82 15.

 

 I Premio De Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O Concello de Vilamartín de Valdeorras convoca o Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

O concurso resolverase nun único premio de 3000 euros máis a publicación da obra cunha tirada duns 1000 exemplares, dos cales o/a gañador/a recibirá 50 exemplares.

1. Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
2. Os textos presentaranse mecanografados en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregaranse 6 copias da obra co formulario
de inscrición correctamente cuberto, no caso de presentación física a través de Rexistro ou correo postal.
3. Os orixinais presentados deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 30 versos e un máximo de 200 versos.
4. Poden presentar escritos persoas de calquera nacionalidades. Cada persoa pode presentar máis dun texto a concurso.

prazo para presentar poemas estará aberto ata o 15 de setembro de 2018
Máis información en https://asletrasdeflorencio.gal/premio-de-poesia/

 

Convocatoria Do Concurso De Relatos De Muller "Matilde Bares" En Bueu (Pontevedra)

O concurso pretende fomentar a través da creación literaria a difusión da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A dotación do premio é de 1.500 euros.
O prazo de presentación é ata o 28 de decembro. Máis información: www.boppo.depo.gal do 29 de maio. www.boppo.depo.gal

 

IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón

A Concellería de Turismo do Concello de Narón convoca o Concurso de Fotografía “Cidade de Narón”

As fotografías presentadas deberán mostrar a riqueza de Narón, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares. É obrigatorio que o lugar ou entorno sexa do Concello de Narón e como tal sexa recoñecible.
Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 fotografías en cor ou branco e negro coas seguintes características:
– O soporte será obrigatoriamente dixital. As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.
– Cada fotografía debe levar un título como nome de arquivo.
– Quedarán excluídas as fotografías con calquera retoque ou alteración manual ou dixital.
– Poderán opcionalmente presentarse en formato papel, cun tamaño mínimo de 20 x 25 cm. e máximo de 30 x 45 cm. Isto non exime da obrigatoriedade de presentar as fotografías en soporte dixital.

Premios:
1º premio 750 €
2º premio 300 €
3º premio 150 €

As fotografías presentaranse en forma de plica, do seguinte xeito:
– Nun sobre grande escribirase exclusivamente de forma visible: “VIII Concurso de Fotografía Cidade de Narón”, e un pseudónimo libremente elixido polo autor, coa única condición de que non permita que este sexa facilmente identificable.
– No interior deste sobre incluirase un CD que conteña exclusivamente as fotografías presentadas co seu título como nome do arquivo. Estes nomes, así como o pseudónimo, figurarán tamén visibles na carátula do CD.
– Xunto ao CD, no interior do sobre grande incluirase un sobre pequeno co pseudónimo escrito no seu exterior. No interior deste sobre introducirase unha folla cos seguintes datos:
Pseudónimo, nome, apelidos, NIF, dirección completa, teléfono e correo electrónico do autor.
Título das fotografías, cunha breve explicación do lugar e data na que foi realizada.
Declaración responsable asinada comprensiva da aceptación destas Bases, da autoría, orixinalidade e inexistencia
de premios das fotografías presentadas, e da cesión das mesmas ao Concello de Narón para seren
utilizadas en carteis, calendarios, exposicións, folletos e publicidade e propaganda do Concello, sen dereito a
indemnización algunha por este feito.
– Así mesmo, no interior do sobre grande incluiranse opcionalmente as fotografías en papel co título e o pseudónimo
escritos na parte traseira.

prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata as 13.30 horas do 28 de setembro de 2018
Máis información no BOP da Coruña do 6 de xullo de 2018 e en http://www.naron.es/es/

 

 I Premio De Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O Concello de Vilamartín de Valdeorras convoca o Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

O concurso resolverase nun único premio de 3000 euros máis a publicación da obra cunha tirada duns 1000 exemplares, dos cales o/a gañador/a recibirá 50 exemplares.

1. Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
2. Os textos presentaranse mecanografados en folios tamaño DIN A 4 a dobre cara. Entregaranse 6 copias da obra co formulario
de inscrición correctamente cuberto, no caso de presentación física a través de Rexistro ou correo postal.
3. Os orixinais presentados deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 30 versos e un máximo de 200 versos.
4. Poden presentar escritos persoas de calquera nacionalidades. Cada persoa pode presentar máis dun texto a concurso.

prazo para presentar poemas estará aberto ata o 15 de setembro de 2018
Máis información en https://asletrasdeflorencio.gal/premio-de-poesia/

 

 Convocatoria Do Concurso De Relatos De Muller "Matilde Bares" En Bueu (Pontevedra)

O concurso pretende fomentar a través da creación literaria a difusión da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A dotación do premio é de 1.500 euros. O prazo de presentación é ata o 28 de decembro. Máis información: www.boppo.depo.gal do 29 de maio. www.boppo.depo.gal
Bueu (Pontevedra)

O concurso pretende fomentar a través da creación literaria a difusión da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A dotación do premio é de 1.500 euros.
O prazo de presentación é ata o 28 de decembro. Máis información: www.boppo.depo.gal do 29 de maio. www.boppo.depo.gal


  

III Concurso Musical “Quero Cantar”

 

A Deputación da Coruña convoca o III Concurso musical “Quero Cantar”
 
Pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. En función das idades establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Categoría B. Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Para a categoría A permítese que, incluída no límite de 12 participantes, haxa unha persoa que supere o límite de idade.
Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, tamén se permite unha persoa que supere o límite de idade

Premios:
Premios 1ª Fase do concurso:
5 primeiros clasificados en cada categoría: Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 18
Premios da Gala final:
1º clasificado en cada categoría: 
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.500 €.
2º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.000 €.
3º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 500 €.

prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 19 de outubro de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 24 de abril de 2018 e en www.querocantar.gal

 


 

 







 

 



 

 



 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 17 invitados conectado
Banner