Página 5 de 8 FORMACIÓN E BECAS:
Curso De
Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Xermade
O Concello de Xermade organiza un curso
de Monitor/a de actividades de tempo libre impartido pola escola de tempo libre
Bulideira.
Días e
Horario:
Abril, días: 21 (primeiro día), 22, 28 e 29.
Maio, días: 1, 5, 6, 12, 13, 17, 19, 20, 26 e 27.
Xuño, días: 2, 3, 9, 10, 16 e 17 (último día).
Horario: Sábados e domingos de 9 a 14 e de 16:00 a 21:00 horas.
Prezo: 0 €. Gratuito. Preferencia empadroados en Xermade.
Máis información e inscricións 982 501
001
Escola de tempo libre Bulideira, teléfono 669 432 111
www.bulideira.org
Curso De Maxia
Aplicada Ao Tempo Libre Na Coruña
Máis información na Escola de Tempo
Libre Abeloni
Teléfono: 685 28 29 08
Mail:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Web: www.abeloni.com
II Simposio
Internacional Aprendizaxe-Servizo Na Universidade: Coidando A Aprendizaxe E O
Capital Social Dos Estudantes
A Escola Galega de Administración
Pública en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a
rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade),
convoca o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade:
coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes para o día 25 de maio
de 2018.
Obxectivos.
Promover o coñecemento da metodoloxía da aprendizaxe-servizo como vía efectiva
de innovación educativa na educación superior.
Estudar o impacto da aprendizaxe-servizo nas dinámicas de avaliación da
calidade nas universidades europeas.
Examinar o grao de desenvolvemento do proceso de institucionalización da
aprendizaxe-servizo nas universidades de España en xeral e de Galicia en
particular.
Dar conta de resultados da aprendizaxe e capital social dos estudantes
universitarios alcanzados na investigación.
Contidos.
A aprendizaxe-servizo e o futuro da calidade educativa nas nosas universidades:
que leccións podemos aprender?
O impacto da aprendizaxe-servizo nas universidades españolas.
As universidades españolas diante da aprendizaxe-servizo: avanzar sobre o
terreo.
A dinámica de institucionalización da aprendizaxe-servizo na universidade: os
proxectos na USC como pontes entre a academia e a
comunidade.Aprendizaxe-servizo e innovación na universidade: evidencias desde
un proxecto de I+D+i.
Persoas destinatarias. Persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento.
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: venres, 25 de maio de 2018.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 8 horas lectivas.
Inscrición.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo
«área de matrícula» da web da EGAP, https://egap.xunta.gal/matricula/
O prazo para a
inscrición permanecerá aberto ata as 23.55 horas do día 16 de maio de
2018.
Máis información no DOG do2 de abril de
2018
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos
seguintes teléfonos: 981 546 241 e 981 546 239.
Inmersión
Lingüística En Colonias De Vacacións Para O Verán De 2018
O Ministerio de Educación convoca 2.200
axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración,
organizadas durante o mes de xullo de 2018 nalgunha localidade de España, para
alumnos de 1º e 2º da ESO.
Requisitos:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente
curso 2017/2018.
b. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2016/2017.
c. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso
2016/2017.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.
e. Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo poderán optar desde
o "aprobado" (5).
Estas axudas distribúense en dous
grupos:
Primeira quenda para alumnos de
1º da ESO: do 1 ao 15 de xullo de 2018
Segunda quenda para alumnos de
2º da ESO: do 15 ao 29 de xullo de 2018
O prazo para presentar
solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 7 de abril de 2018 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html
LER MÁIS...
6ª Convocatoria
De Bolsas De Eurolingua Para Irlanda
Eurolingua é unha empresa
privada dedicada a organizar cursos de idiomas en Irlanda.
Eurolingua abre o prazo de solicitude da
6ª convocatoria de 20 bolsas para Irlanda.
Que inclúen as bolsas?
·
Cursos de 2 semanas en Irlanda.
·
20 Clases semanais.
·
Aloxamento en residencia ou familia.
·
Actividades, excursio?ns e visitas
complementarias
Non inclue o prezo do billete de avión.
Requisitos:
- Idade. Nacer con anterioridade ao 31 de decembro
de 2003.
- Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país
da UE.
- Estudos. Estar matriculado/a no presente curso
escolar 2017-18 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Formación
Profesional ou Titulación Universitaria regulamentada (masters e
doutorados incluidos) en calquera punto de España.
- Media do expdediente académico de polo menos 6
puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en
función dos estudos.
O prazo de solicitude remata o día 27 de abril de 2018.
Máis información:
www.becaseurolingua.com Bolsas FormARTE
En Actividades Culturais
O Ministerio de Cultura convoca as
bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de
institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte.
O obxecto destas bolsas é contribuír á
formación de especialistas en materias artísticas, xestión cultural, arquivos,
conservación e restauración, museoloxía e
biblioteconomía, mediante a realización dun programa de actividades
teórico-práctico en dependencias e organismos públicos do Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte.
Requisitos:
Cumprir os requisitos académicos de cadas bolsa e finalizar os estudos no curso
académico 2009-2010 ou data posterior.
Son 76 bolsas divididas en seis
modalidades:
Bolsas de Conservación e Restauración de
Bens Culturais: 11 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 15 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 17 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 18 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.
Tipos de bolsas:
A. Bolsas de Conservación e Restauración
de Bens Culturais: 11 bolsas.
a) Subdirección Xeral do Instituto do
Patrimonio Cultural de España (Madrid):
- Bolsa de restauración arquitectónica, 1 bolsa.
- Bolsa de etnoloxía - etnografía, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de patrimonio documental, bibliográfico
e obra gráfica, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de escultura en madeira
policromada, 1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de pedra e mosaico, 1 bolsa.
- Bolsa de investigación científica en conservación do patrimonio, 1 bolsa.
b) Centro de conservación e restauración de bens culturais do Instituto da
Cinematografía e das Artes Audiovisuais – ICAA – (Pozuelo de Alarcón,
Madrid):
- Bolsa de investigación de fondos fílmicos, 2 bolsas.
c) Museo Nacional do Prado (Madrid):
- Bolsa de conservación e restauración de escultura en materiais pétreos,
1 bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de pintura (tratamento de marcos), 1
bolsa.
- Bolsa de conservación e restauración de soporte celulósico, 1 bolsa
B. Bolsas de Museoloxía: 16 bolsas
a) Biblioteca Nacional de España
(Madrid), 1 bolsas.
b) Museo América (Madrid), 1 bolsa.
c) Museo do Greco (Toledo), 1 bolsa.
d) Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid), 1 bolsa.
e) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa
f) Museo Nacional do Romanticismo (Madrid), 1 bolsa.
g) Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática. ARQUA (Cartaxena), 1 bolsa.
h) Museo Nacional de Arte Romana ( Mérida), 1 bolsa.
i) Museo Nacional de Artes Decorativas (Madrid), 1 bolsa.
j) Museo Nacional de Escultura (Valladolid), 1 bolsa.
k) Museo Nacional do Prado (Madrid) – Área de Rexistro de Exposicións, 1 bolsa.
l) Museo Nacional do Prado (Madrid) – Área de Comunicación, 1 bolsa.
m) Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira (Santillana del Mar -
Cantabria), 1 bolsa.
n) Museo Sefardí (Toledo), 1 bolsa.
o) Museo do Traxe – Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico (Madrid),
1 bolsa.
C. Bolsas de Biblioteconomía e
Documentación: 11 bolsas
Convócanse un total de 11 bolsas: 8
bolsas na especialidade de Fondo Moderno e 3 bolsas na de Fondo Antigo.
a) Fondo moderno:
Biblioteca de Cultura (Madrid), 1 bolsa
Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais – ICCA –
Filmoteca Española (Madrid), 1 bolsa
Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música – INAEM – Centro de
Documentación Teatral (Madrid), 1 bolsa
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas
Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas
(Madrid), 2 bolsas
b) Fondo antigo:
Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas.
D. Bolsas de Arquivística: 17 bolsas
a) Arquivo Histórico Nacional (Madrid),
2 bolsas.
b) Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares, Madrid), 1 bolsa.
c) Arquivo da Real Chancillería de Valladolid (Valladolid), 1 bolsa.
d) Arquivo Xeral de Indias (Sevilla), 1 bolsa.
e) Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid), 1 bolsa.
f) Arquivo da Biblioteca Nacional de España (Madrid), 3 bolsas.
g) Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca), 1 bolsa.
h) Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais – ICCA –.
Filmoteca Española (Madrid), 2 bolsas.
i) Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música – INAEM – Centro de
Documentación de Música e Danza (Madrid), 1 bolsa.
j) Arquivo do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
k) Arquivo do Museo Nacional do Prado (Madrid), 1 bolsa.
l) Sección Nobreza do Arquivo Histórico Nacional (Toledo), 1 bolsa.
m) Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
E. Bolsas de Xestión Cultural: 18 bolsas
a) Museo Nacional do Prado (Madrid), 1
bolsa.
b) Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música – INAEM – (Madrid),
2 bolsas.
c) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), 1 bolsa.
d) Biblioteca Nacional de España (Madrid), 1 bolsa.
e) Fundación Instituto de Cultura Xitana (Madrid), 1 bolsa.
f) Subdirección Xeral de Promoción do Libro, Lectura e Letras Españolas
(Madrid), 1 bolsa.
g) Subdirección Xeral de Cooperación coas Comunidades Autónomas (Madrid), 2
bolsas.
h) Subdirección Xeral de Cooperación e Promoción Internacional da Cultura
(Madrid), 1 bolsa.
i) Subdirección Xeral de Industrias Culturais e Mecenado (Madrid), 2 bolsas.
j) Unidade de Apoio da Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural
(Madrid), 1 bolsa.
k) Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico (Madrid), 1 bolsa.
l) Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
m) Subdirección Xeral de Museos Estatais (Madrid), 1 bolsa.
n) Subdirección Xeral de Promoción das Belas Artes (Madrid), 1 bolsa.
o) Subdirección Xeral do Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid), 1
bolsa.
F. Artes Plásticas e Fotografía: 4
bolsas
a) Artes Plásticas, 2 bolsas.
b) Fotografía, 2 bolsas.
A estanza formativa desenvolverase no
Colexio de España da Cité Internationale Universitaire de París.
Requisitos específicos.
a) Acreditar iniciación, experiencia, realizacións, ou títulos e certificados
académicos relacionados coa creación plástica e a fotografía.
b) Á solicitude deberán achegarse fotografías da obra recente, preferentemente
en soporte electrónico.
c) Posuír coñecementos da lingua francesa
A dotación económica das
bolsas é:
a) Modalidades A, B, C, D e E: 866 euros brutos mensuais.
b) Modalidade F: 1.800 euros brutos mensuais.
O prazo de presentación
de solicitudes estará aberto ata o 27 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 7 de abril de 2018 e en
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/cultura/becas-ayudas-y-subvenciones/becas.html
200 Bolsas No
CSIC
O Consello Superior de Investigacións
Científicas, CSIC, convoca 200 bolsas para estancias de
trescentas horas a gozar dentro do curso académico 2018-2019, a realizar en
meses consecutivos nun período máximo de catro meses en Institutos e Centros do
CSIC, propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas
científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa
resolución, dentro do Programa «Junta Ampliación de Estudios»
Beneficiarios.
Españois, nacionais dun Estado membro da UE e estranxeiros, que teñan
completados polo menos o 50 % dos créditos ( ECTS) correspondentes ao grao, que
finalizasen os estudos de licenciatura ou de grao con anterioridade ao curso
académico 2016-2017, que acrediten unha nota media, nunha escala decimal de
0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento,
excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00, que
non estean en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de
Doutor, que non fosen beneficiarios dunha bolsa de introdución á Investigación
dentro do programa JAE en convocatorias anteriores
A dotación das bolsas será de 2.500 € en tres pagos.
Prazo de presentación de
solicitudes: do 3 de maio ao 1 de xuño de 2018.
Máis información no BOE do 2 de abril de 2018 e en https://sede.csic.gob.es/intro201
Curso Avanzado
De Especialización Orquestral
A Escola de Altos Estudios Musicales de
Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral, ofertase 18
prazas:
Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1
Beneficiarios: Instrumentistas das
especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/88
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que
corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se
encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír
a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2018.
Duración do curso: O programa terá unha duración total dun ano académico, dende
o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de xuño de 2019.
Inscrición:
As solicitudes poderán presentarse ata o día 14 de maio de 2018 a través da páxina web www.eaem.es
Máis información en www.eaem.es
Bolsas De Máster
Para A Mocidade No Exterior
A Secretaría Xeral da Emigración convoca
100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos
de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.
Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de
solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente
anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma
continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar,
ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no
estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao,
arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a,
enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.
2. Requisitos que se deberán cumprir e
acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta,
pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello
galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos ofertados na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na
modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a
matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20,
realizarase e acreditarase no ano 2019.
As solicitudes deben
tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar solicitudes
estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018
Programas De
Bolsas MAEC-AECID De Arte, Educación E Cultura
Bolsas convocadas polo Ministerio de
Asuntos Exteriores para 2018-2019:
Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superior de Música Reina
Sofía
O programa diríxese a novos talentos da
carreira de piano, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, óboe, trompa,
clarinete, fagot, frauta ou canto, para que poidan seguir unha formación de
excelencia na Escola Superior de Música Reina Sofía.
Requisitos:
1. Nacionalidade. Ser nacional dalgún dos seguintes países ou poboacións:
Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, El Salvador, Etiopía, Filipinas, Guatemala,
Guinea Ecuatorial, Haití, Honduras, Mali, Mauritania, Marrocos, Mozambique,
Nicaragua, Níxer, Paraguai, Perú, República Dominicana, Senegal; así mesmo,
Poboación Saharauí e Territorios Palestinos, Albania, Arxentina, Armenia,
Azerbaián, Bielorusia, Chile, China, India, Turquía, Ucrania, Uruguai,
Ubequistán e Venezuela
2. Non ter idade superior a 30 anos o día 1 de setembro de 2018.
3. Ter a preadmisión na Escola Superior de Música Raíña Sofía, quedando a
concesión da bolsa condicionada á formalización da matrícula.
Duración:
Dez meses, entre o 1 de setembro de 2018 e o 30 de xuño de 2019 (prorrogable
ata 1 ano máis).
O prazo de
presentación de solicitudes estará aberto do 14 ao 29 de maio de 2018.
Máis información no BOE do 12 de marzo
de 2018 e en www.aecid.gob.es
e www.raer.it
https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=264
Residencias
Artísticas Na DOCE 2018
A DOCE é un espazo para a arte situada
en Boiro (A Coruña) beneficiario das Axudas Injuve á Creación 2017 na
modalidade de emprendemento. Ten unha programación estable de actividades, como
talleres para nenos e adultos, ademais de ser un espazo de coworking,
tenda e galería.
Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, A DOCE abre convocatoria para o
programa Residencias na DOCE 2018 tanto na modalidade de
investigación como de produción de obra.
A convocatoria diríxese a artistas e
creadores contemporáneos, nacionais ou internacionais.
Co fin de fomentar o intercambio cultural e social dos residentes,
seleccionarase como mínimo un proxecto dun artista de Galicia e un proxecto
internacional.
As persoas
interesadas podrán enviar a súas propostas ata
o 1 de xuño a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
nun único arquivo en pdf.
A selección de proxectos farase tendo en conta a calidade artística,
orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo da Doce.
As estancias durarán de
4 a 8 semanas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2018.
Os proxectos seleccionados dispoñerán
dun espazo de traballo na zona de coworking da DOCE.
A DOCE poñerá a disposición dos artistas
os recursos técnicos e humanos necesarios para o correcto desenvolvemento de
cada proxecto.
A DOCE poñerá a disposición dos
seleccionados unha vivenda situada no centro de Boiro equipada con todo o
necesario para poder residir nela.
Ao finalizar a residencia, valorarase a
realización dunha exposición colectiva na galería ou noutras contornas urbanas
ou rurais en función de cada proxecto. Os residentes comprometeranse a realizar
como mínimo, unha actividade ao redor do seu tema de investigación ou a súa
obra durante a súa residencia.
http://www.ladoce.net/?/=/seccion/residencias
Curso Avanzado De Especialización Orquestral
A Escola de Altos Estudios Musicales de
Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral, ofertase 18
prazas:
Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1
Beneficiarios: Instrumentistas das
especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/88
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que
corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se
encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír
a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2018.
Duración do curso: O programa terá unha duración total dun ano académico, dende
o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de xuño de 2019.
Inscrición: As solicitudes poderán
presentarse ata o día 14 de maio de 2018 a través da páxina web www.eaem.es
Máis información en www.eaem.es
Bolsas De Máster Para A Mocidade No Exterior
A Secretaría Xeral da Emigración convoca
100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos
de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.
Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de
solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente
anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma continuada
durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser
descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no
estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao,
arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a,
enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.
2. Requisitos que se deberán cumprir e
acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta,
pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello
galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos ofertados
na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na
modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a
matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20,
realizarase e acreditarase no ano 2019.
As solicitudes deben
tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar
solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018
Residencias Artísticas Na DOCE 2018
A DOCE é un espazo para a arte situada
en Boiro (A Coruña) beneficiario das Axudas Injuve á Creación 2017 na
modalidade de emprendemento. Ten unha programación estable de actividades, como
talleres para nenos e adultos, ademais de ser un espazo de coworking,
tenda e galería.
Co obxectivo de dar apoio á creación emerxente, A DOCE abre convocatoria para o
programa Residencias na DOCE 2018 tanto na modalidade de
investigación como de produción de obra.
A convocatoria diríxese a artistas e
creadores contemporáneos, nacionais ou internacionais.
Co fin de fomentar o intercambio cultural e social dos residentes,
seleccionarase como mínimo un proxecto dun artista de Galicia e un proxecto
internacional.
As persoas interesadas podrán enviar a
súas propostas ata o 1 de xuño a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
nun único arquivo en pdf.
A selección de proxectos farase tendo en conta a calidade artística,
orixinalidade, viabilidade técnica e adecuación á liña de traballo da Doce.
As estancias durarán de
4 a 8 semanas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2018.
Os proxectos seleccionados dispoñerán
dun espazo de traballo na zona de coworking da DOCE.
A DOCE poñerá a disposición dos artistas
os recursos técnicos e humanos necesarios para o correcto desenvolvemento de
cada proxecto.
A DOCE poñerá a disposición dos
seleccionados unha vivenda situada no centro de Boiro equipada con todo o
necesario para poder residir nela.
Ao finalizar a residencia, valorarase a
realización dunha exposición colectiva na galería ou noutras contornas urbanas
ou rurais en función de cada proxecto. Os residentes comprometeranse a realizar
como mínimo, unha actividade ao redor do seu tema de investigación ou a súa
obra durante a súa residencia.
http://www.ladoce.net/?/=/seccion/residencias
Bolsas De Máster Para A Mocidade No Exterior
A Secretaría Xeral da Emigración convoca
100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos
de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.
Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de
solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir no estranxeiro.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente
anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Ser emigrante nacido/a en Galicia, ou ter residido en Galicia de forma
continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar,
ou ser descendente por consanguinidade dunha destas persoas e que nacese no
estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao,
arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a,
enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa.
2. Requisitos que se deberán cumprir e
acreditar na data da presentación de solicitudes ou con posterioridade a esta,
pero sempre con carácter previo á concesión da bolsa:
a) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello
galego.
b) Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun máster universitario dos ofertados
na convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na
modalidade presencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos, a
matrícula dos 30 créditos restantes, correspondentes ao curso 2019/20,
realizarase e acreditarase no ano 2019.
As solicitudes deben
tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar
solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2018 e en http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2018
Axudas No
Capítulo De Xuventude Do Programa De Acción Comunitario Erasmus+
O Instituto da Xuventude, convoca as axudas para a realización de
actividades no capítulo de Xuventude do Programa de acción comunitario Erasmus+
Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión.
Os seguintes obxectivos xerais:
- Promover a cidadanía activa entre mozas, en especial a europea.
- Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
- Favorecer o entendemento mutuo entre mozos
- Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de
mozas e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da
mocidade.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.
Na guía do Programa especifícanse outros obxectivos e prioridades xerais e
por Acción a ter en conta.
Ademais, o programa de traballo para 2018 da Axencia Nacional establece as
seguintes prioridades nacionais, que serán tidas en conta na selección e
valoración dos proxectos:
- Recoñecemento das competencias adquiridas polos mozos no ámbito da educación
non formal;
- Promoción da integración sociolaboral dos mozos desempregados de longa duración;
- Fomento do emprendemento e empleabilidad dos mozos mediante a
trasmisión de coñecementos e habilidades, así como a potenciación do talento;
-Loita contra a exclusión social, discriminación e transmisión de valores
solidarios entre os mozos, incluíndo a prevención da radicalización violenta.
Dentro do capítulo de Xuventude, o Programa perseguirá os seus obxectivos a
través das seguintes accións:
Acción clave 1. Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe
Mobilidade da mocidade (Intercambios xuvenís, dirixidos a mozos/as con
idades entre os 13 e os 30 anos).
Mobilidade da mocidade (Servizo Voluntario Europeo, dirixido a mozos/as
con idades entre os 17 e os 30 anos)
Mobilidade das persoas que traballan no ámbito de mocidade (sen límite de
idade)
Acción clave 2. Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade
Acción clave 3. O apoio á reforma das políticas
Requisitos:
Entidades e organizacións de carácter non gobernamental así como as persoas
físicas representantes dun grupo de mozos non asociados.
Prazo de presentación de solicitudes.
a) Todos os prazos de presentación das
solicitudes especificados expiran ás 12.00 h (mediodía), hora de
Bruxelas.
Para a Acción crave 1 (Intercambios xuvenís, Formación de traballadores no
ámbito da mocidade e creación de redes e proxectos de voluntariado) e Acción
Crave 3:
- 15 de febreiro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de maio e o 30
de setembro de 2018
- 26 de abril de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de agosto e o 31 de
decembro de 2018.
- 4 de outubro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31
de maio de 2019.
Para a Acción crave 2. Asociacións estratéxicas no ámbito da mocidade:
Para as Asociacións Estratéxicas de apoio ao intercambio de boas prácticas:
- 15 de febreiro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de xuño e o 30
de setembro de 2018
- 26 de abril de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2018
e o 31 de xaneiro de 2019
- 4 de outubro de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de febreiro e o 31
de maio de 2019
Para a Asociacións Estratéxicas de apoio á innovación:
- 26 de abril de 2018, para proxectos que comecen entre o 1 de setembro de 2018
e o 31 de xaneiro de 2019
Máis información no BOE do 12 de febreiro de 2018 e en http://www.erasmusplus.injuve.es/
“Depointegra
Xove”
A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a
traballar no proxecto “Depointegra Xove” co apoio financeiro do Fondo Social
Europeo da Unión Europea. O proxecto está destinado á integración sostible de
persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do
Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co obxectivo de que a mocidade consiga
unha formación e un emprego de calidade.
Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo as persoas mozas
desempregadas que non participan nos sistemas de formación ou educación.
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados
dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade.
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia.
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e
colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e
inmigrantes).
Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no
Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas
nos sistemas de educación ou formación.
Que se ofrece
- Axuda económica mensual de 200 euros ao mes ás persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- 27 itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non
laborais
- Formación transversal e complementaria en idiomas, TIC e ofimática, inserción
laboral, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais e grupais
Cando
Os itinerarios vanse levar a cabo durante o ano 2018.
Onde
- Pontevedra
- Vigo
- Deza
- O Morrazo
- O Baixo Miño
- O Salnés
- Caldas
Itinerarios formativos
Máis información
Correo-e:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Teléfono: 986 804 100, extensións 40708 e 40851
Exames Dos
Carnés Profesionais E Das Habilitacións Profesionais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca
exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións
profesionais para o ano 2018 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría
A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría
B.
Habilitacións profesionais:
- Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de
refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de
refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de
calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que
empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será
desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes
será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED527A
Máis información no DOG do 15 de febreiro de 2018
Bolsas
Internacionais De Posgrao En Alemaña
A Fundación Heinrich Böll convoca bolsas internacionais de posgrao en
Alemaña
O prazo de solicitude é do 1 de marzo ao
1 de setembro de cada ano.
Con estas bolsas, buscan estudantes con antecedentes académicos excelentes,
que se comprometan social e politicamente, e que ademais teñan un interese
activo acerca dos valores básicos da fundación: A ecoloxía e a
sustentabilidade, a democracia e os dereitos humanos, a autodeterminación e a
xustiza.
https://www.boell.de/en/scholarships-application
Curso De
Monitor/A De Actividades De Tempo Libre En Pontevedra
A Escola de Tempo Libre Barlovento organiza un curso de Monitor/a de
actividades de tempo libre en Pontevedra
Lugar: Residencia de Estudantes Afundación. Av. de Vigo 21.
Pontevedra
Datas: do 28 de maio ao 22 de xuño
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
Prezo: Promoción especial “Trae un amigo” e pagade 215€. Desconto
estudantes, desempregados e carné xove: 230€. Prezo sen desconto 250€
Inclúe formación en deportes náuticos e de aventura: Kaiak, paddlesurf,
escalada, tiro con arco...
Escola de tempo libre Barlovento
Profesor Filgueira Valverde 2, Baixo
36004 Pontevedra
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Teléfono: 670 892 307
www.marexada.es
Axudas Para A
Creación De Novas Empresas E Para Consolidación Do Emprego
A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas
desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e
en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros
en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas
iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial
atención aos concellos do rural galego.
Tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das
persoas promotoras.
As solicitudes deben presentarse en https://sede.xunta.es co
procedemento TR807I O prazo de
presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2018.
Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2018 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/
Axudas Ao
Emprego Autónomo E Á Contratación Indefinida
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a
promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á
contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas
persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e
fiscal en Galicia.
Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I. Promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D): axuda
económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa
actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas
ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo
da súa actividade laboral.
b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola
contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F)
Os dous procedementos deben tramitarse en https://sede.xunta.gal cos códigos TR341D
e TR349F.
O prazo para
presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2018.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o
1 de outubro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no
prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Máis información no DOG do 26 de xaneiro de 2018
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions
Bolsas De
Internacionalización Empresarial De ICEX
O Ministerio de Economía convoca 285 axudas para a formación
de mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial:
As axudas instrumentalizaranse en dúas fases:
Fase I: consistirá en formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas
Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro.
Fase II: formación práctica en empresas e institucións vinculadas á
internacionalización, dentro e fóra de España e en Organismos Internacionais
dos que España é membro. Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas
e actividades formativas para que estes mozos profesionais sexan capaces de
proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial
español.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
b) Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1990.
c) Estar en posesión, dunha titulación universitaria superior de carácter
oficial: Licenciatura/Enxeñería Superior/Arquitectura/Grao.
d) Dominar a lingua española.
e) Acreditar, documentalmente, posuír coñecemento avanzado de inglés (o nivel
mínimo esixido, é o B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas
(MCERL)). Aceptaranse os títulos emitidos a partir do 1 de xaneiro de 2013.
f) Non ser beneficiario destas bolsas en edicións anteriores.
Contía:
Na Fase I a axuda consistirá, fundamentalmente, nunha dotación bruta anual
comprendida entre un mínimo de 21.000 euros e un máximo de 48.000 euros en
función do país e cidade de destino. Na Fase II a axuda detallarase no Programa
de Prácticas en Empresas e Institucións que se aprobará en 2020.
O prazo de presentación de solicitudes
será do 1 de marzo ao 7 de maio de 2018.
Máis información en http://www.icex.es/icex/es/navegacion-principal/todos-nuestros-servicios/formacion/becas/conoce-las-becas-icex/index.html
e no BOE do 3 de xaneiro de 2018, na sección de anuncios
Bolsas
Internacionais De Posgrao En Alemaña
A Fundación Heinrich Böll convoca bolsas internacionais de posgrao en
Alemaña
O prazo de solicitude é do 1 de marzo ao
1 de setembro de cada ano.
Con estas bolsas, buscan estudantes con antecedentes académicos excelentes,
que se comprometan social e politicamente, e que ademais teñan un interese
activo acerca dos valores básicos da fundación: A ecoloxía e a
sustentabilidade, a democracia e os dereitos humanos, a autodeterminación e a
xustiza.
https://www.boell.de/en/scholarships-application
Obradoiros De
Outubro E Novembro De Nova Escola Galega
Técnica vocal (Nastasia Zürcher)
Xestión cultural (Diego Vázquez Meizoso)
Canto e percusión tradicional (Davide Salvado)
Iniciación ao audiovisual (Seispés Producións Creativas)
Formación homologada sobre “Autoestima feminina e novas masculinidades:
Desaprendendo o sexismo desde as aulas” (Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido
Pérez).
Nova Escola Galega
Rúa das Hedras nº 4, 2º 0
15895 Milladoiro (Ames)
Teléfono: 981 562 577
www.nova-escola-galega.org
www.neg.gal
Becas Faro FARO é un programa promovido e financiado polo Ministerio de Educación cuxo propósito é fomentar a mobilidade de estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de calidade en empresas situadas en Europa, Estados Unidos e Canadá e en empresas españolas ou multinacionais de Asia e Oceanía. Para poder solicitar estas axudas requírese: Ser estudante, español ou estranxeiro menor de 30 anos, con residencia legal en España e estar a cursar estudos nunha universidade española. Estar matriculado en ensinos universitarios conducentes á obtención dun título de Grao, Licenciatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura ou Arquitectura Técnica, e superar un mínimo do 70 por cento dos créditos necesarios para a obtención do devandito título. Así mesmo, poderán participar no programa os estudantes que leven a cabo un proxecto de fin de carreira establecido nos plans de estudos universitarios oficialmente recoñecidos. Cumprir cos requisitos de entrada e estancia esixidos nos países de destino, previamente á súa incorporación. Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa de Mobilidade (Argo, Faro, Integrants), ou de calquera outra axuda financiada por Ministerio de Educación co mesmo obxecto ou finalidade. Importante: Non é posible gozar simultaneamente dunha axuda FARO e unha ERASMUS. Non poderán participar neste programa: Titulados. Neste caso, lembramos a existencia dun programa dirixido a este público: ARGO. www.becasargo.es Estudantes de Doutoramento, Máster ou doutro tipo de estudos de posgrao. Estudantes doutro tipo de Ensinos Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou as Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios ou homologacións cursadas outros países. Solicitude: O proceso de solicitude pasa por tres etapas. Inicialmente é necesario completar o apartado de datos de aptitude para verificar se se cumpre ou non cos requisitos de participación. Os que superen esta etapa, poderán cumprimentar o formulario de datos persoais para rexistrarse na web do programa. Finalmente, deberán acceder á súa zona de usuario para completar o modelo normalizado de CV que se facilita. Executados estes tres pasos, os candidatos poderán participar nos posibles procesos de selección que se xestionen. A dotación económica varía en función do país de destino no que teña lugar a práctica e consta de: Pago das mensualidades en concepto de aloxamento e manutención, cuxo ingreso se realizará a mes vencido e comezará dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ao de inicio da estancia. Unha viaxe de ida e volta. O programa FARO desenvolverase entre 2015 e 2018 Máis información: http://www.becasfaro.es/home.php
Tarxeta Cultura Galega para mozas e mozos Tarxeta-Bono Cultura Galega, é un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos co que se poderán mercar libros en galego e entradas de espectáculos de artes escénicas de empresas galegas. É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) O prezo da tarxeta para o usuario será de 33 €, e con ela poderán realizarse compras por valor de ata 50 € durante un prazo de dous meses. Por tanto, a diferenza de 17 € será achegada como incentivo ao consumo cultural por parte da Xunta de Galicia. Ademais os establecementos adheridos que se dediquen á venda de libros farán un desconto adicional do 10% no prezo do que se compre con cargo a este bono, compatible con outros descontos ou ofertas. De acordo co devandito desconto, cunha destas tarxetas poderase ter acceso a comprar, por exemplo, 2 libros que custen 20 euros cada un e a un terceiro que custe 15 euros. A tramitación da tarxeta-bono, así como a xestión das entradas aos espectáculos que con ela se merquen será desenvolvida por Afundación.
|