Página 8 de 8 PREMIOS E CONCURSOS: XVI Certame De
Fotografía Ambiental Do Concello De Arteixo
O concello de Arteixo convoca o XVI
certame de fotografía ambiental.
O obxecto do certame será a realización de fotografías que promovan a reciclaxe
e unha xestión responsable dos residuos no Concello de Arteixo.
Poderán participar no certame todas aquelas persoas que o desexen, podendo
presentar dúas fotografías por concursante, como máximo.
As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño
mínimo de 20x25 cm. e máximo de 30x40 cm. e irán centradas e montadas sobre
unha cartolina de 40x50 cm. branca ou negra.
Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica
ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor. Así mesmo, deberase achegar
unha copia nun CD, en formato JPEG, PNG ou TIFF, da fotografía cunha resolución
mínima de 200 ppp e tamaño mínimo 800x600 px.
Si algunha das fotografías presentadas recollera primeiros planos, deberase,
con carácter xustificativo, presentar unha fotografía dixital anexa (JPEG, PNG
ou TIFF), cunha vista o suficientemente ampla onde se recolla o primeiro plano
e no que se constate que foi tomada no Concello de Arteixo.
O enderezo de recepción é o seguinte:
“XVI Certame de Fotografía Ambiental”
Departamento de Medio Ambiente.
Travesía de Arteixo, 243 – 1º 15142 Arteixo”
Premios:
1º Premio Xeral: 500,00 €
2º Premio Xeral: 400,00 €
3º Premio Xeral: 300,00 €
Premio ao Millor Fotógrafo Local: 300 € (persoas empadroadas sen límite de
idade)
Premios ao Millor Fotógrafo Local Xoven: 300 € (persoas empadroadas menores de
16 anos)
O prazo para enviar as
fotogarafías estará aberto ata o 22 de xuño de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018 e na OMIX de Arteixo,
teléfono 981 602 413
Eduemprende Idea
2018
O Instituto Galego de Promoción
Económica convoca o concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das
ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño
da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de valorar e premiar proxectos de
empresa que presente o alumnado das ensinanzas de formación profesional,
deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia
sostidas con fondos públicos.
Requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2017/18 nas ensinanzas de formación profesional,
deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia
sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas
alumnos/as e un máximo de catro.
Modalidades e características dos
premios
Premiaranse os tres mellores proxectos
de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio.

As persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario descritivo
do proxecto para o cal optan aos premios a través da aplicación establecida no
enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
O prazo de presentación
de solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co
procedemento IG650A
Máis información no DOG do 4 de abril de 2018 e en www.igape.es
Teléfono: 900 815 151
I Premio CGAC De
Investigación E Ensaio Sobre Arte Contemporánea
O Centro Galego de Arte Contemporánea
convoca o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea para
o ano 2018
Requisitos de participación
Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente
textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación
con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Os textos que se presenten serán de tema
libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e,
na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura
excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e
450.000 caracteres, incluídos espazos.
Presentaranse 5 copias do texto en
exemplares separados, paxinados e grampados ou encadernados, en formato DINA4,
mecanografados, a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada do texto
indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato
que poida identificar a persoa participante, e polo tanto, romper o anonimato.
Haberá un único premio de
3.000 €
O prazo para
presentar traballos estará aberto ata o 15 de xuño de 2018
Poden presentarse a través de https://sede.xunta.es co
procedemento CT143A
Máis información no DOG do 3 de abril de 2018 e en http://cgac.xunta.gal/
XXIX Premio
Literario Camilo José Cela
O Concello de Padrón convoca o Concurso
de Narrativa " XXIX Premio Literario Camilo José Cela":
Bases:
Establécese un premio de 1.500 euros e
unha figura do escritor Camilo José Cela para a obra seleccionada polo xurado.
Os relatos terán unha extensión de 12 a
25 folios, mecanografiados ou escritos en formato word, a dobre
espazo, con tipo de letra Arial e tamaño 12. Deberán ser orixinais,
inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en
galego ou castelán.
O prazo de entrega dos relatos
estará aberto ata o 16 de xullo
de 2018.
Presentaranse no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello de Padrón,
situado na planta baixa da casa consistorial, na dirección Rúa
Longa n° 27, C. P. 15900, Padrón (A Coruña), por
quintuplicado exemplar, sen firma e cun lema. Achegarase ademais un sobre
pechado no que figure por fóra dito lema e dentro indicarase o nome, apelidos,
DNI, teléfono e dirección de correo electrónico e dirección de correo ordinario
do autor ou autora do traballo e unha declaración asinada polo mesmo ou a mesma
de que o relato se axusta ás normas establecidas na base segunda. Só se abrirá
o sobre do traballo premiado.
O xurado, designado por resolución do
alcalde do Concello de Padrón. Esta resolución farase pública no taboleiro de
anuncios do concello.
O relato premiado pasará a ser
propiedade do Concello de Padrón, que se reserva o dereito de publicalo e o
autor ou autora deberá enviar o relato premiado en soporte dixital ao
departamento de cultura do Concello de Padrón
Non poderán presentarse a este concurso
os autores premiados en anteriores convocatorias.
Máis información na OMIX de Padrón,
teléfono 981 811 329
http://padron.gal/
Igualdade De
Oportunidades Entre Mulleres E Homes E Loita Contra A Violencia De Xénero Na
Provincia Da Coruña
A Deputación da Coruña convoca o
Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de
políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a
violencia de xénero no ano 2018”
As entidades poderán solicitar
subvención para o mantemento de programas e políticas de igualdade de
oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero,
concretamente os seguintes:
Programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
Programas loita contra a violencia de xénero
Beneficiarias
Entidades privadas sen ánimo de lucro con sede na provincia da Coruña ou que
acreditaren que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito
territorial desta provincia.
O prazo de presentación de
solicitudes estará aberto ata o día 8 de maio de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018.
LER MÁIS...
XVI Certame De
Fotografía Ambiental Do Concello De Arteixo
O concello de Arteixo convoca o XVI
certame de fotografía ambiental.
O obxecto do certame será a realización de fotografías que promovan a reciclaxe
e unha xestión responsable dos residuos no Concello de Arteixo.
Poderán participar no certame todas aquelas persoas que o desexen, podendo
presentar dúas fotografías por concursante, como máximo.
As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño
mínimo de 20x25 cm. e máximo de 30x40 cm. e irán centradas e montadas sobre
unha cartolina de 40x50 cm. branca ou negra.
Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar
(analóxica ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor. Así mesmo,
deberase achegar unha copia nun CD, en formato JPEG, PNG ou TIFF, da fotografía
cunha resolución mínima de 200 ppp e tamaño mínimo 800x600 px.
Si algunha das fotografías presentadas recollera primeiros planos, deberase,
con carácter xustificativo, presentar unha fotografía dixital anexa (JPEG, PNG
ou TIFF), cunha vista o suficientemente ampla onde se recolla o primeiro plano
e no que se constate que foi tomada no Concello de Arteixo.
O enderezo de recepción é o seguinte:
“XVI Certame de Fotografía Ambiental”
Departamento de Medio Ambiente.
Travesía de Arteixo, 243 – 1º 15142 Arteixo”
Premios:
1º Premio Xeral: 500,00 €
2º Premio Xeral: 400,00 €
3º Premio Xeral: 300,00 €
Premio ao Millor Fotógrafo Local: 300 € (persoas empadroadas sen límite de
idade)
Premios ao Millor Fotógrafo Local Xoven: 300 € (persoas empadroadas menores de
16 anos)
O prazo para enviar as
fotogarafías estará aberto ata o 22 de xuño de 2018.
Máis información no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018 e na OMIX de Arteixo,
teléfono 981 602 413
Eduemprende Idea
2018
O Instituto Galego de Promoción
Económica convoca o concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das
ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño
da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de valorar e premiar proxectos de
empresa que presente o alumnado das ensinanzas de formación profesional,
deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia
sostidas con fondos públicos.
Requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2017/18 nas ensinanzas de formación profesional,
deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia
sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas
alumnos/as e un máximo de catro.
Modalidades e características dos
premios
Premiaranse os tres mellores proxectos
de empresa de cada modalidade.
1. Modalidade A: ciclos de grao superior.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.
2. Modalidade B: ciclos de grao medio.
– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria.
– Asesoramento técnico do Igape.
– Dotación económica:
1º premio: 3.000 euros.
2º premio: 2.000 euros.
3º premio: 1.000 euros.
As persoas interesadas deberán cubrir
previamente un formulario descritivo do proxecto para o cal optan aos premios a
través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
O prazo de presentación
de solicitudes estará aberto ata o 4 de maio de 2018.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co
procedemento IG650A
Máis información no DOG do 4 de abril de 2018 e en www.igape.es
Teléfono: 900 815 151
LER MÁIS...
I Premio CGAC De
Investigación E Ensaio Sobre Arte Contemporánea
O Centro Galego de Arte Contemporánea
convoca o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea para
o ano 2018
Requisitos de participación
Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente
textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación
con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Os textos que se presenten serán de tema
libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na
medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura
excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e
450.000 caracteres, incluídos espazos.
Presentaranse 5 copias do texto en
exemplares separados, paxinados e grampados ou encadernados, en formato DINA4,
mecanografados, a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada do texto
indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato
que poida identificar a persoa participante, e polo tanto, romper o anonimato.
Haberá un único premio de
3.000 €
O prazo para
presentar traballos estará aberto ata o 15 de xuño de 2018
Poden presentarse a través de https://sede.xunta.es co
procedemento CT143A
Máis información no DOG do 3 de abril de 2018 e en http://cgac.xunta.gal/
III Premios
Fouciño
O Concello de Zas convoca os III premios
Fouciño de audiovisual
Haberá dúas categorías:
Categoría para centros de ensino: Poderán participar a través do
seu centro de ensino todos aqueles alumnos matriculados no presente curso
2017-2018. Isto inclúe centros públicos e privados en calquera dos seguintes
ciclos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato (quedan excluidos
formación profesional e universitarios).
Categoría aberta: Poderán participar todas as persoas físicas ou
xurídicas, tanto de forma individual como colectiva. Isto inclúe tamén a
estudantes que queiran presentar pezas de xeito independente do seu centro de
ensino.
Nota: En calquera das dúas categorías se os participantes son menores de idade
é imprescindible entregar o consentimento dos pais, nais ou titores legais.
Características da pezas audiovisuais:
A temática das pezas é libre.
As historias deberán ser orixinais, de creación propia ou con base popular ou
literaria. No caso de que a curtametraxe estea baseada nunha obra literaria,
deberase acreditar as autorizacións pertinentes ao respecto dos dereitos de
autoría.
Non serán admitidas as curtametraxes xa presentadas en edicións anteriores.
As pezas presentadas non poderán ter sido premiadas noutros concursos.
Os autores son os únicos responsables do contido das pezas entregadas. No caso
de ser menores de idade, a responsabilidade caerá sobre o representante legal
do menor.
As pezas terán unha duración máxima de 5 minutos e deberán ser en galego ou
posuír subtítulos en galego.
As curtametraxes deberán entregarse en formato .mov ou mp4 (codec H.264),
resolución: 1920x1080 ou 1280x720, taxa máxima de trasferencia de bits:
20.000kbps; audio ACC.
O prazo para participar nos III
Premios Fouciño estará aberto ata o 31
de maio de 2018.
Proxeccións:
A proxección das curtametraxes finalistas seleccionadas nos III Premios Fouciño
terá lugar o 30 de xuño de 2018 no marco do festival, no que ,ademais, haberá
concertos ao aire libre así como outras actividades paralelas. Durante o
certame haberá un espazo para o acto de entrega dos premios.
Premios:
Premio da categoría de centros de ensino: 300 € en metálico para o centro de
ensino + trofeo
Premio da categoría libre: 700 € en metálico para o gañador/es + trofeo
Premio do público: trofeo
Accésit: O xurado pode considerar outorgar un accésit a aquela peza que mostre
unha alta calidade, aínda que non superior á da gañadora. O accésit consistirá
nun trofeo. http://www.concellodezas.org/media/documentos/BASES_III_Premios_Foucino_Baio.pdf
III Premios Fouciño
O Concello de Zas convoca os III premios
Fouciño de audiovisual
Haberá dúas categorías:
Categoría para centros de ensino: Poderán participar a través do
seu centro de ensino todos aqueles alumnos matriculados no presente curso
2017-2018. Isto inclúe centros públicos e privados en calquera dos seguintes
ciclos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato (quedan excluidos formación
profesional e universitarios).
Categoría aberta: Poderán participar todas as persoas físicas ou
xurídicas, tanto de forma individual como colectiva. Isto inclúe tamén a
estudantes que queiran presentar pezas de xeito independente do seu centro de
ensino.
Nota: En calquera das dúas categorías se os participantes son menores de idade
é imprescindible entregar o consentimento dos pais, nais ou titores legais.
Características da pezas audiovisuais:
A temática das pezas é libre.
As historias deberán ser orixinais, de creación propia ou con base popular ou
literaria. No caso de que a curtametraxe estea baseada nunha obra literaria,
deberase acreditar as autorizacións pertinentes ao respecto dos dereitos de
autoría.
Non serán admitidas as curtametraxes xa presentadas en edicións anteriores.
As pezas presentadas non poderán ter sido premiadas noutros concursos.
Os autores son os únicos responsables do contido das pezas entregadas. No caso
de ser menores de idade, a responsabilidade caerá sobre o representante legal do
menor.
As pezas terán unha duración máxima de 5 minutos e deberán ser en galego ou
posuír subtítulos en galego.
As curtametraxes deberán entregarse en formato .mov ou mp4 (codec H.264),
resolución: 1920x1080 ou 1280x720, taxa máxima de trasferencia de bits:
20.000kbps; audio ACC.
O prazo para participar
nos III Premios Fouciño estará aberto ata o 31 de maio de 2018.
Proxeccións:
A proxección das curtametraxes finalistas seleccionadas nos III Premios Fouciño
terá lugar o 30 de xuño de 2018 no marco do festival, no que ,ademais, haberá
concertos ao aire libre así como outras actividades paralelas. Durante o
certame haberá un espazo para o acto de entrega dos premios.
Premios:
Premio da categoría de centros de ensino: 300 € en metálico para o centro de
ensino + trofeo
Premio da categoría libre: 700 € en metálico para o gañador/es + trofeo
Premio do público: trofeo
Accésit: O xurado pode considerar outorgar un accésit a aquela peza que mostre
unha alta calidade, aínda que non superior á da gañadora. O accésit consistirá
nun trofeo.
http://www.concellodezas.org/media/documentos/BASES_III_Premios_Foucino_Baio.pdf
XXII Concurso
De Humor Gráfico “Curuxa Do Humor 2018”
O Concello de FENE convoca a XXII edición do premio de humor gráfico Curuxa
do Humor 2018
Categorías:
Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado
español. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral,
CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades
mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados
dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas
oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar a
tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.
Prazo:
O prazo para presentar debuxos estaá aberto ata o día 31 de maio de
2018.
Envío de orixinais:
A presentación da documentación efectuarase no Rexistro Xeneral do Concello de
Fene sito na R/Concello s/n ou noutros rexistro dirixidos a este enderezo
Identificación:
Os traballos enviaranse en paquete/sobre sen remite e facendo constar no
exterior “Para o concurso do humor gráfico-Curuxa 2018”, amais da categoría na
que concursa:
Rexistro Xeral do Concello de Fene
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n
15500 Fene
A Coruña
As obras presentaranse baixo o sistema de plica, polo que serán enviadas
xunto cun sobre independente, pechado, e en cuxo exterior conste:
– Nome do certame: CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO-CURUXA DO HUMOR 2018
– A categoría na que concursa: CURUXA ou CURUXA NOVA
– Título da obra
– Lema ou seudónimo da persoa que sexa a súa autora
Exposición dos traballos:
A presentación de traballos a concurso implica a autorización expresa ao Museo
do Humor do Concello de Fene a utilizar estas imaxes a efectos simplemente
expositivos, no propio Museo e/ou noutras instalacións do termo municipal así
como na páxina web municipal.
Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma
Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/16/2018_0000001224.pdf
V Concurso
Nacional De Coros Escolares Nos Ensinos Non Universitarios
O Ministerio de Educación convoca o V Concurso Nacional de Coros Escolares
nos ensinos non universitarios correspondente ao curso escolar 2016-2017.
Poderán participar neste concurso centros públicos e privados que conten
cunha agrupación coral formada por alumnos do centro pertencentes aos niveis de
Educación Primaria (Modalidade A) e Educación Secundaria (Modalidade B).
Premios:
Modalidade A:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.
Modalidade B:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.
O prazo para a
presentación das solicitudes de participación será do 1 ao 30 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 12 de febreiro de 2018.
XIII Concurso
Nacional De Teatro Clásico Grecolatino Para Alumnado Da ESO
O Ministerio de Educación convoca o XIII Concurso Nacional de Teatro
Clásico Grecolatino nos ensinos non universitarios correspondente ao
curso escolar 2017-2018.
Poderán participar en leste concurso centros públicos e privados: na
Modalidade A todos os centros con grupos de teatro, nos que só actúen alumnos
matriculados en Educación Secundaria. Na Modalidade B poderá participar
unicamente alumnado matriculado en ESO.
Premios:
Modalidade A.1. Premios na categoría de traxedia grega/latina ou comedia grega:
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Modalidade A.2. Premios na categoría de comedia latina:
Primeiro premio: 6.000 euros.
Segundo premio: 2.000 euros.
Modalidade B. Premios na categoría de representacións breves:
Primeiro premio: 4.000 euros.
Segundo premio: 1.000 euros.
Prazo de presentación de
solicitudes: O prazo para a
presentación das solicitudes de participación será de 1 ao 30 de abril de 2018.
Máis información no BOE do 12 de febreiro de 2018
Reto Lector
A Editorial Galaxia convoca o Reto Lector 2018
Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16
anos, ambas as idades incluídas.
Para participar hai que ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións
Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
Cada participante deberá enviar a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
dous
arquivos de video a través da plataforma WeTransfer, un por cada libro lido. Comentará
o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que
recomendaría a súa lectura. A finalidade de cada vídeo é animar a que outras
persoas lean.
A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e
das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada
participante nos envíe, ademais dos dous videos deberá achegar a autorización
da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
Os vídeos non poderán superar os 2 minutos de duración.
Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centro de Galicia
para decidir o vídeo gañador. Automaticamente este centro quedará fora da
convocatoria. Cada membro do xurado estará obrigado a elexir os cinco videos
que máis lle gusten, de entre todos os recibidos. Deberá valorar os seguintes
aspectos cunha puntuación entre 1 e 5:
a. Poder de persuasión
b. Claridade expositiva
c. Creatividade na gravación
Premio: O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá un Ipad de
última xeración.
Ademais haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións
Literaria, Costa Oeste e Árbore para os cinco seguintes clasificados.
Prazo: A data límite para entregar os videos será
o 27 de abril de 2018.
http://editorialgalaxia.gal/reto-lector-2018/
Cooperativismo
No Ensino 2018
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o certame
Cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.
O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o
cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria,
secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do
cooperativismo nos centros educativos.
Modalidades:
a) Actividades artísticas tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías
e/ou vídeos dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil,
primaria e educación especial.
Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado dos centros de educación
secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros
de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
Premios:
Os traballos presentados á modalidade de actividades artísticas e á
modalidade de actividades cooperativizadas:
Un premio ao mellor traballo de cada categoría de 2.500 € destinados á
adquisición de material didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así
como á celebración dunha actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida
ao alumnado do centro.
Un accésit por cada categoría de 1.500 € destinados á adquisición de material
didáctico, audiovisual, informático ou deportivo, así como á celebración dunha
actividade formativa, cultural ou deportiva dirixida ao alumnado do centro.
Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais
cooperativos:
• Un premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo de 4.500 €, que se
repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto premiado.
• Un accésit de 3.500 €, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o
proxecto finalista.
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o
día 30 de abril de 2018.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es/ no procedemento TR802O
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2018

• Un accésit de 3.500 €, que se repartirá entre o alumnado que elaborou o proxecto
finalista.
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o
día 30 de abril de 2018.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es/ no
procedemento TR802O
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2018
Eustory 2018
Eustory é unha rede de entidades civís europeas que organiza concursos de
historia para mozos e mozas.
Que é patrimonio, que o conforma e que non, que merece ser conservado ou
porqué certos bens son destruídos son algúns dos temas que che propoñen
investigar nesta undécima edición de EUSTORY, que versa sobre patrimonio
histórico.
A participación está aberta aos
alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA menores de 21
anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, e mesmo
poden ser ata dunha clase completa. Iso si, só se permite
un traballo por persoa ou grupo.
O formato de presentación
é libre. Pode tratarse dun traballo escrito pero tamén de presentacións con
diapositivas, fotografías, mapas, documentos audiovisuais, composicións
musicais, obras artísticas, pezas teatrais, receitas culinarias, etc.
En resumo, tes que presentar:
Traballo.
Informe de procedemento, onde expliquedes a organización do traballo
(dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información
utilizadas (bibliografías, arquivos, páxinas web, etc.) e as conclusións onde
indiquedes o que aprendestes
e para que vos serviu.
Informe do titor sobre as condicións previas do grupo ou o marco particular no
que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado así
como dos participantes.
Premios:
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
O prazo para presentar
traballos estará aberto ata o día 18 de agosto de 2018.
http://eustory.es/
Eustory 2018
Eustory é unha rede de entidades
civís europeas que organiza concursos de historia para mozos e mozas.
Que é patrimonio, que o conforma
e que non, que merece ser conservado ou porqué certos bens son destruídos son
algúns dos temas que che propoñen investigar nesta undécima edición de
EUSTORY, que versa sobre patrimonio histórico.
A participación está
aberta aos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e ESPA
menores de 21 anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en
grupo, e mesmo poden ser ata dunha clase completa. Iso si, só se permite
un traballo por persoa ou grupo.
O formato de presentación é libre. Pode tratarse dun traballo
escrito pero tamén de presentacións con diapositivas, fotografías, mapas,
documentos audiovisuais, composicións musicais, obras artísticas, pezas
teatrais, receitas culinarias, etc.
En resumo, tes que
presentar:
Traballo.
Informe de procedemento, onde expliquedes a organización do traballo
(dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información
utilizadas (bibliografías, arquivos, páxinas web, etc.) e as conclusións onde
indiquedes o que aprendestes
e para que vos serviu.
Informe do titor sobre as condicións previas do grupo ou o marco particular no
que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado así
como dos participantes.
Premios:
1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
O prazo para
presentar traballos estará aberto ata o día 18 de agosto de 2018.
http://eustory.es/
Premio Literario
Nortear
A Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de
Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de
Portugal, no marco do Programa Europeo POCTEP, desenvolven o Programa
Nortear que, entre outras actuacións, contempla a IV edición dun premio
literario para novos/as escritores e escritoras de Galicia e do Norte de
Portugal.
O premio ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores;
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción;
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na
eurorrexión Galicia - Norte de Portugal;
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais;
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das
fronteiras
Participantes
Poden participar as persoas nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de
Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
Obra
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo
o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica
vixente publicada pola Real Academia Galega.
Premio
O premio terá unha dotación económica de 2.000€ (1.000€ por parte da Secretaría
Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte)
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación
dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e
galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas,
mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de
Galicia e do Norte de Portugal.
Lugar e prazo de entrega
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Serán
admitidas a concurso todas as obras presentadas ata o 30 de abril de 2018(inclusive)
No sobre farán constar:
Premio Literario - Nortear
Novos Escritores
Norte de Portugal – Galicia
Presentación das obras
1. As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato
A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf,
Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento
de datos (pendrive ou similar).
2. As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a
autor/a.
3. As obras presentadas teñen que vir acompañadas dun sobre pechado,
identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co
pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
a) Identificación do concorrente: nome completo; identificación fiscal;
enderezo completo (envío de declaración de enderezo de residencia do
participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico,e
un teléfono de contacto.
b) Declaración asinada polo/a participante mencionando/a de que a obra
presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de
todos os dereitos de explotación da obra a concurso, sen excepción, así como de
que estes dereitos non se atopan cedidos, baixo ningunha condición, e onde se
asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha
acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A
non inclusión de dita declaración será motivo para que se exclúa
automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
c) Autorización asinada para a publicación da obra.
4. Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.
Características dos orixinais
O tipo de letra e as entreliñas utilizadas deben facilitar a lectura aos
membros do xurado, polo que o formato das obras a concurso debe seguir as
seguintes indicacións:
a) Ser presentadas en texto impreso, en formato A4, paxinado e procesado a
espazo 1.5, letra tipo times new roman, tamaño 12.
b) O orixinal debe ter como límite mínimo 5.000 palabras e como máximo
8.000.
c) Incluír, na portada, o título da obra e o pseudónimo do seu autor.
http://www.cultura.gal
|