Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) |
Página 8 de 8
PREMIOS E CONCURSOS:
Concurso para crear un videoxogo sobre a obra de Carlos Casares
A Fundación Carlos Casares vén de lanzar unha Game Jam na que pode
apuntarse todo o mundo que desexe deseñar un videoxogo baseado nunha das obras
de Carlos Casares. Unha “Game Jam” é un evento de maratón onde, nun período de tempo pechado,
ten que desenvolverse un videoxogo sobre un tema específico que se revela no
momento de empezar o período de deseño. O período para apuntarse á Game Jam
estará aberto ata o día 4 de decembro ás 23.59 horas, e o período de deseño
durará 4 días, do 1 ao 4 de decembro. Poden participar equipos formados de 1 a 3 persoas e o videoxogo pode
presentarse en calquera idioma, aínda que é obrigatorio que teña unha opción de
idioma en lingua galega. A actividade está subvencionada pola Deputación de
Pontevedra, o Concello de Xinzo de Limia e a Xunta de Galicia. O tema concreto
da Game Jam revelarase o día 1 de decembro. A Fundación Carlos Casares establece un primeiro premio de 500€ e un
segundo premio de 300€ para os equipos que, segundo o xurado da competición,
acaden as mellores puntuacións en aspectos clave como xogabilidade, narrativa,
adaptación do xogo ao tema proposto, orixinalidade, etc. https://itch.io/jam/videoxogoeliteratura III Premio
“Laudamuco” para Textos Teatrais 2021 O Concello de Brión convoca o IIIº Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera
nacionalidade que presenten obra dramática inédita O premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a
cargo de Edicións Positivas. O tema e a extensión da obra será libre. De cada obra presentaranse cinco
copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Casa da Cultura de
Brión, Carballeira de Santa Minia nº 5, C.P. 15865, Brión (A Coruña). O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o día 12 de febreiro de
2021. Máis información no BOP da Coruña do 20 de novembro e en http://www.concellodebrion.org/ XIII Certame
de Relato Breve "Relatos con Zapatos" A Fundación Caixa Rioxa e Bankia convocan o XIII Certame de Relato Breve
"Relatos con Zapatos", no que poderán participar todas aquelas
persoas que teñan acreditada a súa residencia en España. Os relatos terán que estar escritos en castelán. Deberán ser orixinais e
inéditos (non publicados en ningún medio, nin escrito nin dixital) e non
premiados en calquera outro certame. O tema terá que versar sobre zapatos. A extensión non será superior a 10
folios nin inferior a 4. Non se admiten máis de dous relatos por autor,
mecanografados a dobre espazo, letra de corpo 12 tipo Estafes New Roman,
en formato DIN A4. Os traballos deberán presentarse baixo pseudónimo e sen firma, por correo
postal e por correo electrónico, de forma mixta. O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 28 de febreiro de
2021 ata as 23:59 horas. Concederase un único premio de 600 euros https://fundacion-cajarioja.es/certamenes/relatos-con-zapatos/
I Concurso de
Ensaios Universitarios sobre Avogacía e Dereitos Humanos Con ocasión do VII Congreso de Dereitos Humanos da Avogacía Española, o
Consello Xeral da Avogacía Española e a Fundación Avogacía, convocan o I
Concurso de Ensaios Universitarios sobre Avogacía e Dereitos Humanos. O tema e título do concurso é "O Acceso Universal á Saúde: un enfoque
desde os Dereitos Humanos". Desta maneira a Fundación Avogacía Española
quere involucrar e concienciar na protección e defensa de Dereitos Humanos aos
futuros avogados e avogadas que se atopan formándose para converterse nos representantes
da nosa profesión no futuro. Poden participar todos os estudantes, maiores de 18 anos, de calquera
nacionalidade, que sexan residentes en España e estean a cursar grao
universitario ou máster no curso 2020-2021. O tema pódese expor desde calquera
enfoque xurídico ou social e deben ter un máximo de 2.000 palabras. Os requisitos formais para o envío dos artigos son os seguintes: Cada autor poderá participar cun máximo dun artigo. A participación é de
carácter individual. As obras han de ser orixinais e non poden ser premiadas
noutro concurso. Valorarase especialmente a vinculación do texto aos retos,
desafíos e reflexións das mesas do VII Congreso de Dereitos Humanos sobre a
Defensa do Acceso Universal á Saúde que terá lugar o 9 e 10 de decembro en sede
do Consello Xeral da Avogacía Española. Os orixinais que queiran optar ao concurso poderán enviarse ata o 4
de decembro de 2020 ás 24 horas. Haberá un primeiro premio dotado con 500 euros e un segundo premio que
recibirá 250 euros. Ademais, o artigo gañador publicarase no número de decembro
de revísta Avogacía Española. Premios de Poesía e Xornalismo Johán Carballeira O Concello de Bueu convoca o XXIV Premio
de Poesía Johán Carballeira e o XVIII Premio de Xornalismo Johán Carballeira XXIV Premio de Poesía Johán Carballeira Poderán concorrer calquera persoa maior
de idade que presente os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos,
cuxa extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar
premiados en anteriores convocatorias do premio nin en ningún outro concurso de
poesía (de suceder isto con posterioridade á presentación dos traballos, o/a
autor/a deberá comunicarllo inmediatamente á organización). A presentación dos traballos poderase
facer mediante dúas formas: En papel: De cada traballo teñen que
presentarse 3 copias en tamaño folio, mecanografadas a dobre espazo, numeradas
e grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir identificadas cun título e/ou
lema. As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación “XXIV Premio de
Poesía Johán Carballeira”, no seguinte enderezo: En formato dixital: mediante CD que
incluirá na cuberta “XXIV Premio de Poesía Johán Carballeira”, título da obra e
un lema ou pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; nun arquivo de
tratamento de texto Word, OpenOffice ou PDF. A obra presentarase baixo o
sistema de plica polo que se enviará un sobre á parte en cuxo exterior conste:
“XXIV Premio de Poesía Johán Carballeira”, o título da obra e un lema ou o
pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase o título do
traballo, nome do/a autor/a, DNI ou pasaporte, enderezo e número de teléfono e
correo electrónico, así como unha declaración xurada na que se manifeste que o
seu relato é orixinal, inédito e non premiado con anterioridade en calquera
outro concurso ou certame. O selo que certifique a data de envío deberá de ser
visible. O prazo de
presentación dos orixinais estará aberto ata o 31 xaneiro de 2021. O premio terá unha dotación única de 1.500 € e inclúe ademais a publicación da obra gañadora por parte do Concello de Bueu. A obra publicarase con Edicións Xerais de Galicia.
Premios extraordinarios nas ensinanzas
de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios nas modalidades
de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño, correspondentes ao
curso 2019/20. Requisitos: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro
de 2020.
XIII Certame de Relato Breve
"Relatos con Zapatos" A Fundación Caixa Rioxa e Bankia convocan o XIII Certame de Relato Breve
"Relatos con Zapatos", no que poderán participar todas aquelas
persoas que teñan acreditada a súa residencia en España. Os relatos terán que estar escritos en castelán. Deberán ser orixinais e
inéditos (non publicados en ningún medio, nin escrito nin dixital) e non
premiados en calquera outro certame. O tema terá que versar sobre zapatos. A extensión non será superior a 10 folios
nin inferior a 4. Non se admiten máis de dous relatos por autor, mecanografados
a dobre espazo, letra de corpo 12 tipo Estafes New Roman, en
formato DIN A4. Os traballos deberán presentarse baixo pseudónimo e sen firma, por correo
postal e por correo electrónico, de forma mixta. O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 28 de febreiro de
2021 ata as 23:59 horas. Concederase un único premio de 600 euros https://fundacion-cajarioja.es/certamenes/relatos-con-zapatos/
I Concurso de Ensaios Universitarios
sobre Avogacía e Dereitos Humanos Con ocasión do VII Congreso de Dereitos Humanos da Avogacía Española, o
Consello Xeral da Avogacía Española e a Fundación Avogacía, convocan o I
Concurso de Ensaios Universitarios sobre Avogacía e Dereitos Humanos. O tema e título do concurso é "O Acceso Universal á Saúde: un enfoque
desde os Dereitos Humanos". Desta maneira a Fundación Avogacía Española
quere involucrar e concienciar na protección e defensa de Dereitos Humanos aos
futuros avogados e avogadas que se atopan formándose para converterse nos
representantes da nosa profesión no futuro. Poden participar todos os estudantes, maiores de 18 anos, de calquera
nacionalidade, que sexan residentes en España e estean a cursar grao universitario
ou máster no curso 2020-2021. O tema pódese expor desde calquera enfoque
xurídico ou social e deben ter un máximo de 2.000 palabras. Os requisitos formais para o envío dos artigos son os seguintes: Cada autor poderá participar cun máximo dun artigo. A participación é de
carácter individual. As obras han de ser orixinais e non poden ser premiadas
noutro concurso. Valorarase especialmente a vinculación do texto aos retos,
desafíos e reflexións das mesas do VII Congreso de Dereitos Humanos sobre a
Defensa do Acceso Universal á Saúde que terá lugar o 9 e 10 de decembro en sede
do Consello Xeral da Avogacía Española. Os orixinais que queiran optar ao concurso poderán enviarse ata o 4
de decembro de 2020 ás 24 horas. Haberá un primeiro premio dotado con 500 euros e un segundo premio que
recibirá 250 euros. Ademais, o artigo gañador publicarase no número de decembro
de revísta Avogacía Española.
II edición do concurso de cómic A
Cooperación si que importa A Rede de ONGD de Madrid convoca a II edición do concurso de cómic "A
Cooperación si que importa". O obxectivo do concurso é dar a coñecer entre
a poboación nova, mediante a edición dun cómic, os 17 Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible que contén a Axenda 2030. Obxectivos
que buscan construír un mundo equitativo, solidario e sostible sen deixar a
ninguén atrás. O resultado será unha publicación en formato cómic, composto polas 17 ilustracións
elaboradas polas tres persoas gañadoras do concurso, que visibilizará cada un
dos 17 ODS. Cada participante terá que presentar unha ilustración, composta por entre 3
e 5 viñetas, que reflicta algún dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que
forman parte da Axenda 2030. As obras poderán ser en branco e negro ou cor, cunha extensión máxima de 1
páxina en formato DIN A4 por unha soa cara. As obras deberán enviarse en
formato electrónico .jpg ou .pdf e cun tamaño inferior a 1 mega, ou 13x18 cm.
con 150 pixeles de resolución. O autor ou a autora deberá identificarse
co nome, apelidos, facultade onde estuda, DNI, email e teléfono de contacto. A inscrición é gratuíta. Das propostas recibidas elixiranse a 3 debuxantes
para que realicen as ilustracións do cómic. Editaranse entre 4.000 e 5.000 exemplares, que serán distribuídos entre
ONGD, universidades madrileñas, bibliotecas municipais, tendas de cómic,
entidades sociais e Concello de Madrid. Así mesmo, coas obras presentadas, a
Rede de ONGD de Madrid poderá celebrar unha exposición en salas e datas por
determinar que se publicitarán nas páxinas web da Rede. O primeiro premio consistirá en 1.500 € e será o/a encargado/a de plasmar o
50% das ilustracións que conteña o cómic. Unha bolsa con produtos de comercio
xusto e unha praza para participar nun curso sobre Cooperación ao
Desenvolvemento ou Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
organizado pola Rede. O segundo premio consistirá en 1.000 € e será o/a encargado/a de plasmar o
30% das ilustracións que conteña o cómic. Unha bolsa con produtos de comercio
xusto e unha praza para participar nun curso sobre Cooperación ao
Desenvolvemento ou Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
organizado pola Rede. O terceiro premio consistirá en 500 € e será o/a encargado/a de plasmar o
20% das ilustracións que conteña o cómic. Unha bolsa con produtos de comercio
xusto e unha praza para participar nun curso sobre Cooperación ao
Desenvolvemento ou Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
organizado pola Rede. Haberá tres menciones especiais que terán como premio unha bolsa de
produtos de comercio xusto. Prazo ata o 31 de novembro de 2020 https://www.redongdmad.org/wp-content/uploads/2020/10/BASES-II-Edicion-CONCURSO-COMIC_DEF.pdf
VII Concurso de guións contra a
violencia de xénero A Deputación da Coruña convoca o VII
Concurso de guións contra a violencia de xénero O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se
xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da
violencia económica como forma de control e dominación. Participantes: Premio: O prazo para presentar os guións estará
aberto ata o 1 de decembro de 2020
Máis información no BOP da Coruña do 28 de outubro de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/
|