Ayuntamiento

Sede Electrónica
Plan Igualdade 2021/25
Modelo de Solicitudes Urbanísticas
Ayudas y Subvenciones
Cita Médica
Sugerencias
Agenda
Boletines
Conect@vilanova

 

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
FESTAS DE ENTROIDO EN VILANOVA. MOMO 2016
Lunes, 08 de Febrero de 2016 14:12

Vilanova pon a guinda ao pastel das festas do Entroido na comarca do Salnés coa celebración do "velorio" e o desfile do Momo a próxima fin de semana. A festa no municipio se presenta moi concurrida por aqueles que non desexan despedirse do desenfreno do carnaval, e se apuntan á animada proposta para o sábado e domingo de piñata. Tradición e diversión se unen durante estos dous días na localidade, con desfiles, comparsas, carrozas, orquestas e fogos de artificio como ingredientes máis atractivos.
A festa comenza o sábado 13, víspera do día grande e xornada do "Velorio do Momo".Como todos os anos unha comitiva se concentrará na Praza do Concello para chorar a morte do "Defuntiño Anxelo", que encarna un veciño introducido nunha caixa fúnebre. Ás 20:00 horas se inicia un percorrido polas rúas do casco urbán, con parada nos distintos establecementos hostaleiros para repoñer forzas. Ás asiduas plañideras que participan no desfile, o Concello e a Comisión Organizadora queren que se sumen persoas disfrazadas con outras roupas para dar maior colorido ó acto. De ahí que este ano decidiran convocar unha festa temática dos anos 70, e animen a veciños e a visitantes a acudir ataviados ao estilo desa década. Para rememorar a música setentera, nada mellor que a discoteca móvil de La Duendeneta, que animará a festa na Praza do Castro ata a medianoite.
O domingo 14 de febreiro e o Día do Momo. Ás 16:00 horas comenza a concentración de carrozas, comparsas e particulares que se unen á comitiva ante a Casa do Concello. Unha hora máis tarde, parte o desfile cuxo percorrido será o o de costume: Concello, Esteiro, Vilamaior, González Besada, Juan Carlos I, e de novo González Besada ata o Paseo Marítimo, onde se queimarán as figuras do Momo e da sardiña. A identidade da persoa da que se vai a facer o muñeco manteráse en segredo para garantizar a sorpresa. A lectura do Momo será a cargo do showman televisivo Xacobe Castro, na Praza do Castro, un espectáculo de fogos artificiais con verbena amenizada polo grupo Los D´Aché, arredor das 21:00 horas que porá o broche de ouro ao carnaval de Vilanova.
Esta celebración conta con unha grande afluencia de público e participantes. As comparsas e carrozas máis representativas da comarca do Salnés e doutras partes da provincia se desplazan ata a nosa localidade. Como dato, o ano pasado acudiron ó evento 46 comparsas e carrozas con casi mil persoas desfilando na comitiva. 
 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 3 invitados conectado
Banner