Ayuntamiento

Попробуйте играть на реальные деньги в самом честном онлайн казино даже без регистрации. https://zaimberi.com/ http://z-zaim.ru/ https://credits-online.kz/
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Miércoles, 21 de Junio de 2017 10:19
 

O CONCELLO DE VILANOVA CONTRATA A 18 PERSOAS CON CARGO A UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 155.647,25€ dentro da liña 3 de emprego, para a contratación de 18 persoas.

Este Concello de Vilanova de Arousa contrata 18 persoas para as áreas de Obras e Servizos, Cultura e Servizos Xerais. Os contratos que asinaron polo concello variaron en duración e horas.

As categorías e número de persoas foron as seguintes: 9 PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, 2 ALBANEIS, 1 CHOFER, 2 TRACTORISTAS, 1 PALISTA, 1 CONSERXE, 1 AUXILIAR DE TURISMO E 1 PROGRAMADOR WEB.


 
 

EQUIPAMENTO DE PANTALLA LED PARA O MULTIUSOS DE VILANOVA DE AROUSA.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 16.233,16€ dentro da liña 1 de investimentos, para a adquisición dunha pantalla led para o multiusos de Vilanova de Arousa.

O Pavillón de Deportes de Vilanova de Arousa atópase no casco urbano e nel desenvólvense regularmente actividades deportivas de todo tipo, baloncesto, fútbol sala, tenis, voleibol, veladas de boxeo ou exhibicións de Dirty Jump con mountain bikes, utilizase de sede oficial do campionato infantil de Baloncesto a nivel nacional, ximnasio, etc. Sendo ademais a pista deportiva que utilizan os máis de 400 nenos que estudan nos dous colexios que están nos aledaños do recinto escolar no que forma parte tamén o pavillón de deportes.

Polo que se adquiriu unha pantalla para conseguir un modelo de comunicación dixital e interactiva, na que utilizará a pantalla led para todo tipo de proxeccións do Multiusos Municipal de Vilanova de Arousa. Cunha características de LED P10 de medidas 6,72x3,84mts. montada en estrutura metálica anclada a parede con módulos de soporte magnético con acceso frontal para mantemento. Cunha resolución de 762x384 pixeles e nivel de brillo 1.800 nits, frecuencia de refresco 1.920hz con regulación de niveles por software dende toda a pantalla ata pixel a pixel.

 

 
 

O CONCELLO ADQUIRE UN SISTEMA DE AUDIO PARA CELEBRACIÓN DE ACTIVIDADES.

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 3.673,02€ dentro la liña 1 de investimentos, para a adquisición dun sistema de audio para a celebración de actividades.

O Concello de Vilanova de Arousa ten consolidado un programa municipal cultural estable, de acordo co cal ven desenvolvendo un conxunto de actividades culturais que procuran a creatividade e fomento da participación cidadá. A planificación conta cunha serie de actividades e eventos culturais no ámbito do desenvolvemento persoal, cultural, educativo e social dirixido tanto aos veciños do concello como de arredores, e tendo en conta o carácter turístico da vila.

Polo que se adquiriu un equipamento acústico composto por altavoces, mesa de mesturas, micrófonos, sistema inalámbrico e cableado para as conexións necesarias.

 

 

ADECUACIÓN, ADQUISIÓN DE EQUIPAMENTO E DISPOSITIVOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA ESCOLA INFANTIL.

O Concello de Vilanova de Arousa mellorou o acondicionamento da escola infantil municipal, mediante a realización de obras de escasa entidade que tiveron como finalidade a mellora das infraestructuras, mediante adquisición e mellora do equipamento do centro.

Na adecuación da escola infantil municipal as luminarias das que dispoñía na actualidade o centro carecían das condicións óptimas para garantir unha adecuada iluminación dos espazos, substituíndose por outras de maior luminosidade e menor consumo enerxético, que foron uns paneis led de consumo de 36W.

Dentro da adquisición de equipamento dotouse ao centro de tobogáns, motos e pizarras dixitais interactivas. 

 

 

O CONCELLO ADQUIRE UN ESCENARIO MODULAR PARA EVENTOS CULTURAIS

 

A Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras y Servizos (Plan Concellos 2017), concedeu ao Concello de Vilanova de Arousa unha subvención por importe de 21.764,49€ dentro la liña 1 de investimentos, para a adquisición dun escenario modular de 90 m².

Para os actos, eventos e actuacións que se celebran en prazas e parques o casco de Vilanova e en casas de cultura das diferentes parroquias deste Concello, así como no recente transformado pavillón de deportes en multiusos municipal, este Concello optou pola compra dun escenario modular para albergar toda esta serie de actos.

 

 

 

O CONCELLO RECIBE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CON CARGO O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS 2017) UNHA SUBVENCIÓN DE 64.756,16 EUROS

 
  

A Deputación Provincial, con cargo ao Plan Provincial de Obras y Servizos (Plan Concellos 2017), acordou conceder ao concello de Vilanova de Arousa unha subvención de 64.756,16 euros dentro de liña 2, da que tamén se beneficarán o resto de concellos da provincia e que vai destinada ao pagamento de gasto corrente.

Segundo o disposto na base 20ª, son obxecto de subvención o pagamento débedas previamente contraídas. É por iso que esta actuación se denomina "Pagamento de Acredores de Gasto Corrente", ref. 2017008706, e suporá un reforzo as arcas municipais. 



 

Buscador de noticias

Turismo y Cultura

Agenda Cultural
Predicción Meteorológica
Turismo
Cultura
Cultura
Museos
Casas de Cultura
Galería de imágenes
Callejero
Enlaces

Encuesta

Quién está Online

Tenemos 11 invitados conectado
Banner